Literatura feminista: Feminismo para principiantes de Nuria Valera.
Novela de ciencia ficción: A balada dos unicornios de Ledicia Costas.
Teatro: Estes zocos non son para min. Raquel Castro.
Literatura para FPB2: Relatos Castelao.
Este libro é un apaixoante recorrido sobre a orixe do feminismo e a súa evolución ao londo da historia.
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
Cómic: Maus de Art Spiegelman.
Literatura de ficción (2ºPMAR): Frankenstein de Mary Shelley.
En Maus Art Spiegelman narra a historia reala do seu pai, Vladek Spiegelman, xudeu polaco, durante a Segunda Guerra Mundial, así como as complicadas relacións entre pai e fillo durante o proceso de elaboración da historieta, xa en Estados Unidos, onde chegaron os pais de Art trala guerra.
Frankenstein é unha das novelas de terror máis famosas de todos os tempos. Conta a historia de Víctor Frankenstein, un científico que logra infundir vida a un ser formado a partir de trozos de cadáveres. Sen medir as consecuencias dese acto, Víctor crea un monstruo. A criatura, que é rexeitada por el e por cantos se atopan no seu camiño, se rebela contra o seu creador e decide vingarse. O terror o invadirá todo...
O autor lévanos a Roma antiga, máis faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo menos espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inuaditas e, sobre todo, unha lectura engalioante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario