miércoles, 30 de enero de 2019

CLUB DE LECTURA TEATRO

O Club de Lectura de Teatro reúnese para ler unha divertida obra de teatro.
Despois da lectura, chega a actuación dos actores. Ao alumnado encántalle participar, quen sabe se temos no grupo uns futuros actores ou actrices.

A RATIÑA ZOECIÑA

A ratiña Zoeciña é un libro escrito polo tío de dous alumnos de 1º de ESO que tivo a amabilidade de regalar un exemplar para a nosa biblioteca. Conta a historia dunha ratiña que quere escapar da súa casa e o pai ten medo de que o gato a coma.
O libro está escrito en varios idiomas (galego, inglés, castelán, euskera, catalán, portugués) Ademais é solidario, coas ganancias fárase un pozo en África.
Os sobriños do autor, que pertencen ao Club de Lectura de Ciencia-ficción e Obradoiro de Cómic, posan co libro do seu tío.

lunes, 28 de enero de 2019

SAÍDA AO TEATRO

O luns 14 de xaneiro, o alumnado de 1º de ESO e de 3º PMAR asistiron a unha representación teatral da obra "La vuelta al mundo en 80 días"no teatro Salesianos de Vigo. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO e de 3º de PMAR leran o libro na clase, polo que puideron comprobar se a representación  reproducía fielmente a obra.

domingo, 23 de diciembre de 2018

FESTA DE NADAL

O xoves 20 de decembro despedimos o primeiro trimestre cunha festa do Club de Lectura na Biblioteca. Os rapaces e rapazas o pasaron xenial bailando ao ritmo da música. Nestas fotos podedes comprobalo.
FELIZ NADAL PARA TODOS
  
 
 




CONCURSO DE REDACCIÓN "O MONTE NACE NA ESCOLA"

O xoves 19 de decembro procedemos a entregar o premio ao concurso de redacción "O monte nace na escola. As gañadoras son dúas integrantes do Club de Lectura. Parabéns para elas.
O 1º Premio foi para Nerea González Lira de 1º ESO B, integrante do Club de Lectura de Ciencia-ficción. Recibiu un vale de 30 euros para libros e material escolar que pode trocar nunha librería de Arbo. Tamén foi obsequiada cunha libreta e unha axenda.
O 2º Premio foi para Aroa González Fernández de 2º ESO B, integrante do Club de Lectura de Teatro. Recibiu un vale de 20 euros para libros e material escolar que pode trocar nunha librería de Arbo. Tamén foi obsequiada cunha libreta e unha axenda.
Nerea tamén resultou gañadora do Premio a mellor lectora. 


SAÍDA AO CINE

O alumnado do Club de Lectura asistiu o mércores 19 de decembro a unha sesión de cine. A película escollida foi: Animales fantásticos: Los crímenes de Grindelwal.
Nesta foto podedes ver ao alumnado posando diante da árbore de nadal do centro comercial.
Aquí estamos diante da porta do cine esperando para entrar.  
 Esperando o comezo da película. 
 Cando finalizou o filme todos saímos contentos porque a película foi espectacular. 



CLUB DE LECTURA DE CÓMIC

Os alumnos de Lectura de Cómic posan co libro de Pyongyang, a obra que están lendo neste trimestre. 
 


lunes, 3 de diciembre de 2018

CLUB DE LECTURA DE LITERATURA DE CIENCIA FICCIÓN

As alumnas dun dos dous Clubs de Lectura de Ciencia Ficción posan para a cámara co libro que están lendo: "Alto como una torre, ancho como el mar" de Tonke Dragt.
O outro grupo de ciencia ficción ensina o libro que están lendo: "Mutacións xenéticas" de Fina Casalderrey.

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 26 de novembro, o alumnado e profesorado do IES Pazo da Mercé das Neves acudiu a praza do concello para conmemorar con outros centros de ensino da vila o día internacional contra a violencia de xénero.

Neste enlace da biblioteca do noso centro podedes ver fotos e un vídeo da celebración.
Algúns alumnos e alumnas do club de lectura participaron nos actos.

Lara Álvarez do Club de Lectura de Literatura Feminista leu un texto relativo ao maltrato adolescente.
 Outro alumno do Club de Lectura de Cómic participou tamén na celebración.
Alumnado de 2º de ESO do Club de Teatro e Cómic portando un cartel reivindicativo.
 Outros alumnos e alumnas dos distintos Clubs de Lectura len mensaxes contra a violencia de xénero.

 
 







martes, 27 de noviembre de 2018

EXPOSICIÓN DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista realizou unha exposición para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
En primeiro lugar, quiseron fotocopiar e expoñer o capítulo 7 do libro que están lendo no Club (Morder la manzana de Leticia Dolera) que trata sobre os Micromachismos.

En segundo lugar, expuseron as cifras relacionadas coa violencia de xénero como o número de mulleres e nenos asasinados desde o ano 2004 ata hoxe. Tamén as cifras do ano 2017.
En terceiro lugar, expuseron unha reportaxe de Beatriz García Manso titulada "Esto no es amor: cómo detectar el maltrato en una relación adolescente", gañadora dun premio periodístico. 
Por último, buscaron información sobre os gañadores do Premio Nobel da Paz: o xinecólogo congoleño Denis Mukwege e a activista yazidí Nadia Murad. Estas persoas foron galardoadas pola súa loita contra a violencia sexual.
Ademais colocaron unha exposición de libros e mensaxes feministas.




MES DA CIENCIA NO CLUB DE LECTURA

O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista quiseron contribuir a visualización dalgunhas mulleres científicas galegas preparando unha exposición con información de tres mulleres: Olimpia Valera, a primeira muller médica galega; Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional; Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional.

O alumnado colocando os carteis.
 A exposición rematada.
A información foi extraída do libro Pioneiras. Queremos agradecer á escritora Anair Rodríguez este marabilloso libro co que podemos coñecer a algunhas mulleres galegas que abriron camiño para outras en diversos ámbitos considerados masculinos.