domingo, 23 de diciembre de 2018

CONCURSO DE REDACCIÓN "O MONTE NACE NA ESCOLA"

O xoves 19 de decembro procedemos a entregar o premio ao concurso de redacción "O monte nace na escola. As gañadoras son dúas integrantes do Club de Lectura. Parabéns para elas.
O 1º Premio foi para Nerea González Lira de 1º ESO B, integrante do Club de Lectura de Ciencia-ficción. Recibiu un vale de 30 euros para libros e material escolar que pode trocar nunha librería de Arbo. Tamén foi obsequiada cunha libreta e unha axenda.
2º Premio foi para Aroa González Fernández de 2º ESO B, integrante do Club de Lectura de Teatro. Recibiu un vale de 20 euros para libros e material escolar que pode trocar nunha librería de Arbo. Tamén foi obsequiada cunha libreta e unha axenda.
Nerea tamén resultou gañadora do Premio a mellor lectora. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario