No club de lectura de teatro celebramos o aniversario dun dos integrantes. Na celebración houbo larpeiradas e baile. Comprobádeo nas fotos e no vídeo.
miércoles, 7 de febrero de 2018
domingo, 4 de febrero de 2018
REUNIÓN DO GRUPO DE TEATRO
Os rapaces e rapazas do grupo de teatro pasanno moi ben coas obras de teatro escollidas de Gloria Fuertes.
domingo, 28 de enero de 2018
PRÓXIMAS REUNIÓNS
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 1 DE FEBREIRO
AULA DE PLÁSTICA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA CÓMIC
MÉRCORES 31 DE XANEIRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA POESÍA
VENRES 2 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 1 DE FEBREIRO
AULA PT
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA TEATRO
LUNS 29 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA
BIBLIOTECA
miércoles, 24 de enero de 2018
REUNIÓN DO GRUPO DE POESÍA
Os alumnos de poesía len na biblioteca libros de Gloria Fuertes, a escritora a que adicaremos o día da Paz no noso instituto.
LECTURAS DO 2º TRIMESTRE
No segundo trimestre leremos os seguintes libros:
Novela romántica: Dos vidas de Jay Asher
El caserón de la loca y otras obras de teatro. Gloria Fuertes.
Este libro recolle catro obras de teatro de Gloria Fuertes. En El Caserón de la loca, Vuelva mañana e Nombre: Antonio Martin Cruz podemos atopar uns personaxes impregnados "de espíritu glorista", é dicir, cheos de tenrura, inxenio e que chegan ao lector tanto polo camiño da emoción como polo humor, con situacións de desgarro, e en algúns casos, un tanto surrealistas, moi divertidas. Prometeo, que obtivo no ano 1952 o premio Valle-Inclán de Teatro, é unha obra maxistralmente traballada, cunha linguaxe formal, profunda e chea de acertos. Teatro de Gloria que nos mostra outra faceta desta xenial escritora.
Cómic: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic para ler dos que temos na nosa biblioteca.
Novela romántica: Dos vidas de Jay Asher
Sierra vive en Oregón a metade do ano, onde os seus pais teñen unha
plantación de árbores de nadal. En inverno fan as maletas e se
trasladan a California para vendelos antes de que cheguen as fiestas.
Sierra ten dúas vidas e estar nunha significa perder a outra. Os
cambios nunca lle importaron demasiado, ata que un nadal coñece a
Caleb e unha vida eclipsa a outra.
Teatro: O achado do castro de Manuel Núñez Singala
O autor lévanos a Roma antiga, máis faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo menos espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inuaditas e, sobre todo, unha lectura engalioante. Este libro recolle
El caserón de la loca y otras obras de teatro. Gloria Fuertes.
Este libro recolle catro obras de teatro de Gloria Fuertes. En El Caserón de la loca, Vuelva mañana e Nombre: Antonio Martin Cruz podemos atopar uns personaxes impregnados "de espíritu glorista", é dicir, cheos de tenrura, inxenio e que chegan ao lector tanto polo camiño da emoción como polo humor, con situacións de desgarro, e en algúns casos, un tanto surrealistas, moi divertidas. Prometeo, que obtivo no ano 1952 o premio Valle-Inclán de Teatro, é unha obra maxistralmente traballada, cunha linguaxe formal, profunda e chea de acertos. Teatro de Gloria que nos mostra outra faceta desta xenial escritora.
miércoles, 17 de enero de 2018
AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS
Despois da pausa do Nadal, retomamos as reunións do Club de Lectura nas datas que se detallan a continuuación:
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 18 DE XANEIRO
AULA DE PLÁSTICA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA CÓMIC
MÉRCORES 17 DE XANEIRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA POESÍA
VENRES 19 DE XANEIRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 18 DE XANEIRO
AULA PT
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA TEATRO
MARTES 16 DE XANEIRO
BIBLIOTECA
BIBLIOTECA
viernes, 5 de enero de 2018
CHOCOLATADA NO CLUB DE LECTURA
Como despedida do trimestre, os membros do Club de Lectura desfrutamos dun chocolate con biscoito. Estaba riquísimo.
MERCADO DE NADAL DE LIBROS DE SEGUNDA MAN
O venres 15 de decembro a biblioteca do noso centro celebrou un mercado de libros de segunda man. Os alumnos e profesores do centro podían mercar libros, revistas, DVDs ou películas de vídeo a un prezo simbólico.
domingo, 10 de diciembre de 2017
SAÍDA AO CINE
O alumnado do Club de Lectura asistiu o luns 4 de decembro a proxección da película Wonder.
Os rapaces desfrutaron moitísimo coa película e despois da proxección comentaron as diferencias co libro.

REUNIÓN DO GRUPO DE CÓMIC
Os alumnos do Club de Lectura de Cómic leron neste trimestre Manga xaponés. Cada un levou una historia de Manga diferente. Na reunión comentan cos compañeiros o que lle pareceu a historia e recomenda ou non a súa lectura.
AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 14 DE DECEMBRO
AULA DE PLÁSTICA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA CÓMIC
MÉRCORES 13 DE DECEMBRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA POESÍA
XOVES 14 DE DECEMBRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NOVELA ROMÁNTICA
MARTES 12 DE DECEMBRO
AULA PT
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA TEATRO
MARTES 12 DE DECEMBRO
BIBLIOTECA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































