miércoles, 24 de enero de 2018

LECTURAS DO 2º TRIMESTRE

No segundo trimestre leremos os seguintes libros:

Novela romántica: Dos vidas de Jay Asher


Sierra vive en Oregón a metade do ano, onde os seus pais teñen unha plantación de árbores de nadal. En inverno fan as maletas e se trasladan a California para vendelos antes de que cheguen as fiestas. Sierra ten dúas vidas e estar nunha significa perder a outra. Os cambios nunca lle importaron demasiado, ata que un nadal coñece a Caleb e unha vida eclipsa a outra.

Teatro: O achado do castro de Manuel Núñez Singala

O autor lévanos a Roma antiga, máis faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo menos espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inuaditas e, sobre todo, unha lectura engalioante. Este libro recolle 

El caserón de la loca y otras obras de teatro. Gloria Fuertes.
Este libro recolle catro obras de teatro de Gloria Fuertes. En El Caserón de la loca, Vuelva mañana e Nombre: Antonio Martin Cruz podemos atopar uns personaxes impregnados "de espíritu glorista", é dicir, cheos de tenrura, inxenio e que chegan ao lector tanto polo camiño da emoción como polo humor, con situacións de desgarro, e en algúns casos, un tanto surrealistas, moi divertidas. Prometeo, que obtivo no ano 1952 o premio Valle-Inclán de Teatro, é unha obra maxistralmente traballada, cunha linguaxe formal, profunda e chea de acertos. Teatro de Gloria que nos mostra outra faceta desta xenial escritora.

Cómic: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic para ler dos que temos na nosa biblioteca.








Poesía: Pecábamos como Ángeles de Gloria Fuertes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario