Estamos no final! Nesta avaliación tócanos ler os seguintes libros:
Vestido de novia, Pierre Lamaitre.
Sophie Duguet non entende que lle sucede: perde obxectos, esquece
situacións, é detida nun supermercado por pequenos roubos que non
lembra ter cometido. E os cadáveres comezan a acumularse ao seu redor...
Non podemos desvelar nada máis deste thriller para así manter intacto o escalofriante pracer da lectura e a aditiva búsqueda da verdade por parte do lector.
O Hobbit, J. R. R. Tolkien
Un grande clásico moderno e o preludio das vastas e poderosas
mitoloxias de O Señor dos Aneis.Smaug parecía profundamente
durmido cando Bilbo espiou unha vez máis desde a entrada. Pero finxía
estar durmido! Estaba vixiando a entrada do túnel!... Sacado do seu
cómodo burato-hobbit por Gandalf e unha banda de ananos,
Bilbo atópase de súpeto no medio dunha conspiración que pretende
apoderarse do tesouro de Smaug o Magnifico, un enorme e moi perigoso
dragón.
Se vos gustou o libro podedes seguir gozando coas súas aventuras na película da que vos mostramos o tráiler.
Inés de Castro, María Pilar Queralt del Hierrro.
Para moitos historiadores, Inés de Castro foi unha muller hábil e
intrigante, movida pola ambición e en cuxo entorno urdíronse
intrigas políticas e intereses palaciano. Para poetas e dramaturgos,
unha dama belísima que viviu unha das pasixóns máis arrebatadas da
historia. Por todo iso, a súa figura segue rodeada de misterio
e a súa lenda continúa fascinando a todos. María Pilar Queralt narra con
viveza e axilidade a vida dunha muller que viviu con paixón a amizade, a fortuna e a desventura; a lenda dunha muller que reinou despois
de morta. Para impedir que Inés de Castro subira ao trono, o pai
do infante Pedro ordenou asasinala. Este feito orixinou unha guerra civil
entre pai e fillo. Unha vez que Pedro foi Rei ordenou coroar á súa raíña
despois de morta. A autora retrata a conmovedora historia dun amor
que venceu á morte. Un libro apaixoante desde o principio ao
final. Enlázanse de forma maxistral dúas épocas do pasado que nos
mantenñen en vilo ata o desenlace. O relato enmárcase en pleno Século
de Ouro, con personaxes como Lope de Vega. A obra máis coñecida e famosa
de María Pilar de Queralt.
Sherlock Holmes. O perro de Baskerville, Arthur Conan Doyle.
Unha das máis populares aventuras do detective privado Sherlock
Holmes. Nela, Holmes e Watson son chamados a investigar os estraños
crímes aparentemente relacionados cunha antiga maldición que pesa
sobre a familia dos Baskerville. O famoso detective verase
envolto nun laberinto de antigas supersticións e escuras vinganzas,
dentro do escenario ameazador dos páramos de Dartmoor
(Inglaterra).
Que bo estaba o chocolate!!!!!
Este ano,celebramos o entroido cunha gran chocolatada,nela apareceron personaxes de distintas épocas como uns reis do século XIV, minions, a carapuchiña vermella,...
Neste trimestre adentrarémonos na antigüidade para resolver uns asasinatos: El asesinato de Pitágoras de Marcos Chicot e Ollos de auga de Domingo Villar.
O ancián filósofo Pitágoras, un dos personaxes con máis poder da súa época, está a punto de escoller un sucesor entre os grandes mestres
cando na súa comunidade se inicia una serie de asasinatos. Tras os
crimes se ve unha mente escura e poderosa que parece superar ao
mesmo Pitágoras. A enigmática Ariadna e o investigador
exipcio Akenon tratarán de descubrir quen é o asasino á vez que
resolven os seus propios sentimentos. Un reto no que os fantasmas do
pasado únense ás escuras ameazas do presente.
Na torre da illa de Toralla, en plena ria de Vigo, aparece o cadáver dun
saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai
ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu
lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaria, intervén nun
consultorio radiofónico ao que os cidadáns
se achegan coas queixas mais diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, e
un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil
cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso
desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a
atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. Novela policial
salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa
ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning
Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o
interese da narración se ve acrecentado por unha visión critica da
sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa
ledicia da musica e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada
de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.
Descubriremos o amor con Palmeras en la nieve de Luz Gabas, en 1º de Bacharelato e En nombre del amor de Nicholas Sparks para 1ª da ESO.
Só un amor eterno podía dar voz ao esquecemento. É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para iniciar co seu irmán, Jacobo, a viaxe de ida cara a unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa
de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e
sedutor, espérao seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e tosta un dos mellores cacaos do mundo. Nesa terra eternamente verde, cálida e voluptuosa, os irmáns descobren a lixeireza da vida social da colonia en
comparación cunha España encorsetada e gris; comparten o duro traballo
necesario para conseguir o cacao perfecto da finca Sampaka;
aprenden as diferenzas e similitudes culturais entre coloniais e
autóctonos; e coñecen o significado da amizade, a paixón, o amor e o odio. Pero un deles cruzará unha liña prohibida e invisible e namorarase perdidamente dunha nativa. O seu amor por ela, enmarcado nunhas complexas circunstancias históricas, e o especial vínculo que se
crea entre o colono e os nativos da illa transformarán a relación
dos irmáns, cambiarán o curso das súas vidas e serán a orixe dun segredo cuxas consecuencias alcanzarán o presente. No ano 2003,
Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola
curiosidade do...
Un home debátese ante a decisión máis importante da súa vida.Travis
Parker ten todo o que un home poda desexar: un bo traballo como
veterinario, amigos fieis e, incluso, unha casa diante dun lago nunha pequena localidade de Carolina del Norte. Gústalle a vida e
aproveitala ao máximo, aínda que hai algo que se resiste
a probar: namorarse. Pero semellante propósito desaparece por completo no momento que coñece a Gabby Holland. Gabby é unha asistente pediátrica
que se acaba de mudar ao barrio de Travis.El intentou ser un bo
veciño, invitala ás súas grelladas e a pasar o día cos seus amigos na súa
lancha, pero ela resistiu cada un dos intentos do seu guapísimo e
encantador veciño, en parte porque lle sería demasiado fácil sentirse
atraída por el. E iso seria un problema porque Gabby ten noivo.
Dous libros que compararemos coas películas, que veremos proximamente.
Mentres lemos o libro, podemos gozar da banda sonora da. película na voz de Pablo Alborán
O alumnado de 2º ESO vai intentar resolver un crime en Roma.
Manio, un mozo aristócrata, regresa a Roma desde Capadocia, onde loitou contra os partos. Á súa volta é recibido polo seu pai, e ambos
esperan que Manio sexa nomeado de inmediato tribuno do exercito. Pero a felicidade polo regreso e os plans para o futuro se vén truncados
cando o pai de Manio é asasinado. O mozo convértese no principal sospeitoso e enfróntase a un
proceso por parricidio no que só conta coa axuda da súa noiva, a fermosa Claudia. O lector, ao acompañar a Manio nas súas peripecias,
entrará en contacto coa vida en tempos do imperio romano e descubrirá, entre outras moitas cousas, como vivían os aristócratas e aos
escravos, cales eran os costumes culinarios ou como se honraba aos
mortos.
E... marchamos de aventuras con Julies Verne e Gonzalo Moure!
O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un
misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na
aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran
por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de
peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas
profundidades. É unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na
cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a
posibilidade dun mundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai
incluso quen pretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes,
aspecto simbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.
Un científico, dúas mozas e unha pescadora de auroras boreais
investigan por que se suicidan os golfiños. Sen embargo, descubrirán
algo moito máis transcendente que significa a morte para a nosa civilización.Unha emocionante aventura encadeada a través dos séculos e os continentes onde dous mozos condutores de caravanas e dous
fuxitivos de la las ruínas e o caos loitarán por devolver o alimento
dos deuses á humanidade.
@s alumn@s que leron; Unha branca de cobre para Martiño, participaron nun entretido Pasapalabra baseado en termos relacionados co descubrimento de América. Neste vídeo unha pequena mostra:
Ola moz@s! Benvidos un ano máis ao Club, o comezo fíxose esperar pero xa estamos de volta! Botádelle un ollo ás lecturas propostas... NOVELA ROMÁNTICA Un grito de amor desde el centro del mundo de Kyoichi Katayama
Eleanor & Park de Rainbow Rowell
NOVELA HISTÓRICA Unha branca de cobre para Martiño de Ramón Carredano Cobas
NOVELA DE AVENTURAS Capitán Araña de Rafael Lema Mouzo NOVELA DE MISTERIO E SUSPENSE Todos los detectives se llaman Flanagan de Martin Andreu