O ancián filósofo Pitágoras, un dos personaxes con máis poder da súa época, está a punto de escoller un sucesor entre os grandes mestres cando na súa comunidade se inicia una serie de asasinatos. Tras os crimes se ve unha mente escura e poderosa que parece superar ao mesmo Pitágoras. A enigmática Ariadna e o inv
Na torre da illa de Toralla, en plena ria de Vigo, aparece o cadáver dun
saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai
ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu
lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaria, intervén nun
consultorio radiofónico ao que os cida
Descubriremos o amor con Palmeras en la nieve de Luz Gabas, en 1º de Bacharelato e En nombre del amor de Nicholas Sparks para 1ª da ESO.
Só un amor eterno podía dar voz ao esquecemento. É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para iniciar co seu irmán, Jacobo, a viaxe de ida cara a unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa
de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e
sedutor, espérao seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e tosta un dos mellores cacaos do mundo. Nesa terra eternamente verde, cálida e voluptuosa, os irmáns descobren a lixeireza da vida social da colonia en
comparación cunha España encorsetada e gris; comparten o duro traballo
necesario para conseguir o cacao perfecto da finca Sampaka;
aprenden as diferenzas e similitudes culturais entre coloniais e
autóctonos; e coñecen o significado da amizade, a paixón, o amor e o odio. Pero un deles cruzará unha liña prohibida e invisible e namorarase perdidamente dunha nativa. O seu amor por ela, enmarcado nunhas complexas circunstancias históricas, e o especial vínculo que se
crea entre o colono e os nativos da illa transformarán a relación
dos irmáns, cambiarán o curso das súas vidas e serán a orixe dun segredo cuxas consecuencias alcanzarán o presente. No ano 2003,
Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola
curiosidade do...
Un home debátese ante a decisión máis importante da súa vida.Travis
Parker ten todo o que un home poda desexar: un bo traballo como
veterinario, amigos fieis e, incluso, unha casa diante dun lago nunha pequena localidade de Carolina del Norte. Gústalle a vida e
aproveitala ao máximo, aínda que hai algo que se resist
Dous libros que compararemos coas películas, que veremos proximamente.
Mentres lemos o libro, podemos gozar da banda sonora da. película na voz de Pablo Alborán
O alumnado de 2º ESO vai intentar resolver un crime en Roma.
Manio, un mozo aristócrata, regresa a Roma desde Capadocia, onde loitou contra os partos. Á súa volta é recibido polo seu pai, e ambos
esperan que Manio sexa nomeado de inmediato tribuno do exercito. Pero a felicidade polo regreso e os plans para o futuro se vén truncados
cando o pai de Manio é asasinado.
O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un
misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na
aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran
por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de
peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas
profundidades. É unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na
cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a
posibilidade dun mundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai
incluso quen pretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes,
aspecto simbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.
Un científico, dúas mozas e unha pescadora de auroras boreais
investigan por que se suicidan os golfiños. Sen embargo, descubrirán
algo moito máis transcendente que significa a morte para a nosa civilización.Unha emocionante aventura encadeada a través dos séculos e os continentes onde dous mozos condutores de caravanas e dous
fuxitivos de la las ruínas e o caos loitarán por devolver o alimento
dos deuses á humanidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario