miércoles, 16 de marzo de 2016

Lecturas da segunda avaliación

Resultado de imagen de el asesinato de pitágorasNeste trimestre adentrarémonos na antigüidade para resolver uns asasinatos: El asesinato de Pitágoras de Marcos Chicot e Ollos de auga de Domingo Villar.


O ancián filósofo Pitágoras, un dos personaxes con máis poder da súa época, está a punto de escoller un sucesor entre os grandes mestres cando na súa comunidade se inicia una serie de asasinatos. Tras os crimes se ve unha mente escura e poderosa que parece superar ao mesmo Pitágoras. A enigmática Ariadna e o investigador exipcio Akenon tratarán de descubrir quen é o asasino á vez que resolven os seus propios sentimentos. Un reto no que os fantasmas do pasado únense ás escuras ameazas do presente.






OLLOS DE AUGA (EBOOK) DOMINGO VILLAR Na torre da illa de Toralla, en plena ria de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaria, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas mais diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, e un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión critica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da musica e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.


Descubriremos o amor con Palmeras en la nieve de Luz Gabas, en 1º de Bacharelato e  En nombre del amor de Nicholas Sparks para 1ª da ESO.


Resultado de imagen de palmeras en la nieve libro       Só un amor eterno podía dar voz ao esquecemento. É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para iniciar co seu irmán, Jacobo, a viaxe de ida cara a unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e  sedutor, espérao seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e tosta un dos mellores cacaos do mundo. Nesa terra eternamente verde, cálida e voluptuosa, os irmáns descobren a lixeireza da vida social da colonia en comparación cunha España encorsetada e gris; comparten o duro traballo necesario para conseguir o cacao perfecto da finca Sampaka; aprenden as diferenzas e similitudes culturais entre coloniais e autóctonos; e coñecen o significado da amizade, a paixón, o amor e o odio. Pero un deles cruzará unha liña prohibida e invisible e namorarase perdidamente dunha nativa. O seu amor por ela, enmarcado nunhas complexas circunstancias históricas, e o especial vínculo que se crea entre o colono e os nativos da illa transformarán a relación dos irmáns, cambiarán o curso das súas vidas e serán a orixe dun segredo cuxas consecuencias alcanzarán o presente. No ano 2003, Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade do... 
  Un home debátese ante a decisión máis importante da súa vida.Travis Parker ten todo o que un home poda desexar: un bo traballo como veterinario, amigos fieis e, incluso, unha casa diante dun lago nunha pequena localidade de Carolina del Norte. Gústalle a vida e aproveitala ao máximo, aínda que hai algo que se resiste a probar: namorarse. Pero semellante propósito desaparece por completo no momento que coñece a Gabby Holland. Gabby é unha asistente pediátrica que se acaba de mudar ao barrio de Travis.El intentou ser un bo veciño, invitala ás súas grelladas e a pasar o día cos seus amigos na súa lancha, pero ela resistiu cada un dos intentos do seu guapísimo e encantador veciño, en parte porque lle sería demasiado fácil sentirse atraída por el. E iso seria un problema porque Gabby ten noivo.                                                                           

 Dous libros que compararemos coas películas, que veremos proximamente.


                                                                                                    
Mentres lemos o libro, podemos gozar da banda sonora da. película na voz de Pablo Alborán


O alumnado de 2º ESO vai intentar resolver un crime en Roma.


continuan los crimenes en roma-emilio calderon-9788466736701 Manio, un mozo aristócrata, regresa a Roma desde Capadocia, onde loitou contra os partos. Á súa volta é recibido polo seu pai, e ambos esperan que Manio sexa nomeado de inmediato tribuno do exercito. Pero a felicidade polo regreso e os plans para o futuro se vén truncados cando o pai de Manio é asasinado. O mozo convértese no principal sospeitoso e enfróntase a un proceso por parricidio no que só conta coa axuda da súa noiva, a fermosa Claudia. O lector, ao acompañar a Manio nas súas peripecias, entrará en contacto coa vida en tempos do imperio romano e descubrirá, entre outras moitas cousas, como vivían os aristócratas e aos escravos, cales eran os costumes culinarios ou como se honraba aos mortos.

E... marchamos de aventuras con Julies Verne e Gonzalo Moure!
viaxe ao centro da terra-jules verne-9788497827744O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades. É unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a posibilidade dun mundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai incluso quen pretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes, aspecto simbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.
 el alimento de los dioses-gonzalo moure trenor-9788467557756Un científico, dúas mozas e unha pescadora de auroras boreais investigan por que se suicidan os golfiños. Sen embargo, descubrirán algo moito máis transcendente que significa a morte para a nosa civilización.Unha emocionante aventura encadeada a través dos séculos e os continentes onde dous mozos condutores de caravanas e dous fuxitivos de la las ruínas e o caos loitarán por devolver o alimento dos deuses á humanidade.


lunes, 14 de marzo de 2016

SEMANA ROSALÍA DE CASTRO

Os alumnos de 4º da ESO celebraron a semana de Rosalía cuns "selfies" cos seus libros favoritos.


Outros escolleron un poema para recitar


lunes, 14 de diciembre de 2015

PASAPALABRA LITERARIO


@s alumn@s que leron; Unha branca de cobre para Martiño, participaron nun entretido Pasapalabra baseado en termos relacionados co descubrimento de América.
Neste vídeo unha pequena mostra:






Dende aquí un forte aplauso!!!!



jueves, 10 de diciembre de 2015

TODOS LOS DETECTIVES SE LLAMAN FLANAGAN


O xoven detective involúcranos nun novo misterio. 

O noso amigo ten que descubrir como e por que desapareceu o irmán da súa mellor amiga, Carmen.
Resolverá o caso desta volta?


Intentaremos descubrilo!!













viernes, 20 de noviembre de 2015

ESTAMOS DE VOLTA!

Ola moz@s!
Benvidos un ano máis ao Club, o comezo fíxose esperar pero xa estamos de volta!

Botádelle un ollo ás lecturas propostas...

NOVELA ROMÁNTICA

Un grito de amor desde el centro del mundo de Kyoichi Katayama



Eleanor & Park de Rainbow Rowell



NOVELA HISTÓRICA

Unha branca de cobre para Martiño de Ramón Carredano Cobas





NOVELA DE AVENTURAS

Capitán Araña de Rafael Lema Mouzo



NOVELA DE MISTERIO E SUSPENSE

Todos los detectives se llaman Flanagan de Martin Andreu



A praia dos afogados de Domingo Vilar




Boa viaxe!!

lunes, 4 de mayo de 2015

XA ESTAMOS REMATANDO!

Para finalizar o club neste curso, deixámosvos as propostas deste último trimestre:

1º ESO

Tendo en conta o éxito dos anteriores, continuamos con... 


Dragal III: A Fraternidade do Dragón


3º e 4º ESO

Seguindo as tendencias gastronómicas da nosa biblioteca, desta volta desfrutaremos con:

Como agua para chocolate



NOVIDADES NA CASA DO LIBRO...

Cando estabamos a mercar novidades de lectura na Casa do libro en Vigo, retratáronnos para o xornal; nada máis e nada menos que O Faro de Vigo!

Velaquí a proba do delito...



Máis instantáneas da nosa colleita!!  











sábado, 7 de febrero de 2015

PROCURANDO INFORMACIÓN...

Velaquí estamos; preparando o roteiro da Esmorga e máis a visita ao Pazo-Museo Otero Pedrayo!






Pero que ben nos organizamos!!


lunes, 2 de febrero de 2015

RUMBO A OURENSE

O día 20 de febreiro imos de viaxe á cidade das 
Burgas!


Os nosos obxectivos:


Os que imos:

  • O alumnado do club de lectura de 3º e 1º da ESO
  • Tod@s os alumn@s de 4º da ESO e 2º de Bacharelato
  • @s colaborodares de Normalización Lingüística


Para preparar e organizar as visitas; esperámosvos no recreo do venres día 6 de febreiro na Aula de Informática!!

jueves, 15 de enero de 2015

MARINA (4º ESO)





Velaquí un pequeno adianto desta historia inesquecible de Carlos Ruíz Zafón.

Drai, un xoven estudante de Barcelona coñece a Marina, unha fermosa e misteriosa moza ca que se enfronta a un mundo cheo de segredos e mentiras...


Agardamos os vosos comentarios...

O PRINCIPIÑO (3º ESO)

Traducido a máis de cen linguas e lido por millóns de persoas en todo o mundo, este libro leva provocado moitas reflexións e interpretacións.

Agora tócache a ti...



DRAGAL II

Os de primeiro e segundo da ESO comezamos con Dragal II.



Botádelle un ollo á presentación da triloxía de Elena Gallego






Neste ano, agardamos poder contar ca visita da autora; Elena Gallego.

viernes, 19 de diciembre de 2014

PARA MONTSE ...

Os/as alumn@s de 4º e 3º ESO fixeron un video para desexarlle a Montse, a súa profesora de Lingua Castelá e do Club de Lectura; un Bo Nadal!




Un bico grande de parte de tod@s!!!

martes, 9 de diciembre de 2014

CHOCOLATE CON LIBROS!!


Para finalizar o primeiro pase do noso Club... 
aquí estamos; acompañando as nosas experiencias lectoras cun bo chocolate!!



Vémonos na viendeira lectura!


jueves, 4 de diciembre de 2014

PELÍCULA; SI OU NON?

Despois de finalizar a lectura de "Bajo la Misma Estrella", estivemos debatendo a posibilidade de facer unha sesión de cinema dentro do Club para ver o filme baseado na novela. 

Aquí estamos, tentando poñernos dacordo...




martes, 2 de diciembre de 2014

THE END... para a Lenda do Cid Campeador

Para poñerlle punto e final á lenda do Cid Campeador; hoxe pola mañá estivemos comentando as ilustracións que aparecen no libro e relacionándoas cos acontecementos protagonizados polo noso heroe.





lunes, 1 de diciembre de 2014

FINALIZANDO DRAGAL!

Na reunión de hoxe fixemos unha lectura compartida das últimas páxinas de Dragal. Velaquí nos tedes...




Agora a por Dragal 2. A Metamorfose do Dragón!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

PALMERAS EN LA NIEVE.




É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para principiar, xunto ao seu irmán Jacobo, a viaxe de ida cara unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, agárdao o seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e torra un dos mellores cacaos do mundo.
....
No ano 2003, Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade de quen desexa coñecer as súas orixes, mergúllase no ruinoso pasado que habitaron Kilian e Jacobo e descobre os fíos poeirentos dese segredo que finalmente será desentrañado. 

Así comeza o libro...



En decembro estréase a película baseada na novela, botádelle unha ollada ao trailer.




martes, 11 de noviembre de 2014

A Esmorga dá o salto ao Cinema

A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor convertida en patrimonio universal da literatura galega, chega á gran pantalla o vindeiro venres día 21 da man do director Ignacio Vilar

Aquí tedes o Trailer!



A estrea terá lugar no 
Festival de Cine Internacional de Ourense
OUFF

Preme na imaxe para obter máis información sobre o festival

Falando da Esmorga, non poderiamos deixar de lado o seu Roteiro.

Preme na imaxe para descargar o Roteiro