O alumnado do Club de Lectura do grupo 3 leron o libro Trampa de lume da autora Núria Martí Constans e elaboraron un podcast para o Espazo aberto da radio do noso Centro.
https://www.instagram.com/reels/audio/34466923816254860/
Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en Nova York en 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente é a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres traballadoras.


No hay comentarios:
Publicar un comentario