No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Novela grupo 1, 2: A curva da pantasma. Fran Alonso.
As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misterio como motor da narración. A través delas, aborda temas como o consumo de alcohol, o machismo, os incendios forestais, o acoso escolar, a verdade e a mentira, as relacións na adolescencia, as redes sociais, a diferenza, a exclusión, a posverdade ou o propio papel da literatura.
Novela grupo 3: A lebre mecánica. Ledicia Costas.
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.
Novela grupo 4 (3º PDC): El sueño de Berlín. Ana Alonso e Javier Pelegrín.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento, a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.
Literatura feminista 2: A cabeza de Medusa. Marilar Aleixandre.
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido.
Literatura feminista 1: Maldito amor. Marta Rivera de la Cruz e Carmen Loureiro.
O noso corazón é máis complexo do que pensamos. Maldito amor son dez relatos de amor que se centran, cada un deles, nun aspecto relevante das relacións sentimentais e as emocións amorosas: ciumes, enamoramento, infidelidade, dependencia, incomunicación, desamor, compromiso, ruptura, pasión... Cada relato vai acompañado dunha análise feita por un especialista en intelixencia emocional.
Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario