martes, 1 de marzo de 2022

LECTURAS 2º TRIMESTRE

No segundo trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La dama del Alba. Alejandro Casona.

La dama del alba é unha obra melodramática que trata sobre a personificación da morte na figura dunha muller moi fermosa e misteriosa que irrompe no seno dunha familia para transformar a vida dos seus integrantes.

Novela grupo 1: Dragal I. A herdanza do dragón. Elena Gallego.

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

Novela grupo 2: El efecto Frankenstein. Elia Barceló.

Unha intriga na que conflúen os xéneros de novela policíaca e novela gótica. Todo comeza cando Max desperta nunha casa en ruínas; o seu corpo está cruzado por enormes cicatrices que evidencian que foi atendido por un cirurxián, pero el non recorda nada. Nora estuda Medicina na cidade alemana de Ingoldtsdt e esa mesma noite de entroido coñece a Max cando ambos salvan a unha nena de morrer afogada no Danubio. A atracción é inmediata. O problema é que pertencen a épocas distintas...

Novela Ciencia Ficción: Cobiza. María Reimóndez.

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta».Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.

Literatura feminista: Las chicas van donde quieren. Irene Cívico y Sergio Parra.


Todos coñecemos o nome dalgún pirata famoso, ou dun astronauta que chegara ao espacio, pero... e as mulleres? Moitas o petaron nas súas viaxes ou inventaron máquinas coas que alcanzaron novos fitos.

Aquí poderás atopar a 25 superaventureiras que cambiaron o mundo e demostraron o seu poder.

Moitas delas tiveron un papel decisivo na nosa historia e nunca o soubemos, pero agora chegou o momento de homenaxealas e dicir en voz alta que, as rapazas van onde queren!

Cómic Manga: Neste trimestre os grupos de Manga 1 e Manga 2 intercambian os cómics.

Manga 1: Neste trimestre lerán 2 series.


Manga 2: cada alumno escolleu un cómic manga dunha obra clásica da literatura universal.


Literatura 3º PMAR. Fuenteovejuna Lope de Vega.

En 1476, os habitantes dunha aldea andaluza chamada Fuenteovejuna, fartos de soportar os abusos do seu señor, rebelaronse contra él. A rebelión acabou en asasinato, pero o pesquisador non puido arrancar das bocas dos aldeanos máis que unha única resposta: "Fuenteovejuna fíxoo". Frente a este admirable comportamento renunciouse a continuar a investigación dando por xusta a venganza da vila.


No hay comentarios:

Publicar un comentario