sábado, 20 de mayo de 2017

LECTURAS DO 3º TRIMESTRE


Neste 3º trimestre lemos os seguintes libros:

Novela negra: Os fillos do mar. 


Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar


Novela romántica: Tengo un secreto. El diario de Meri. 





Tengo un secreto: el diario de Meri es la novela basada en el blog personal que escribe la intrigante Incomprendida en la película El Club de los Incomprendidos. Basada en el besteller de Blue Jeans ¡Buenos días, princesa!, la cinta, que se estrenará el próximo 25 de diciembre, está producida por Bambú y Atresmedia y ya ha despertado una gran expectación en las redes sociales.
En la nueva novela, que arrasará entre todos sus fans, veremos cómo y por qué empezó todo, seremos cómplices de las dudas, miedos e inseguridades de todos los Incomprendidos y, por fin, sabremos cómo siguen sus vidas después del sorprendente final de ¿Puedo soñar contigo? Una lectura imprescindible para comprender todo el universo de El Club de los Incomprendidos.







Novela romántica: Vento ferido.




O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega. 

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.




Teatro:  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.







Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega.

Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.














Cómic: A Guerra de Troya





Basado no ciclo épico de Homero e noutras antigas fontes, este relato completa os feitos narrado en "A Iliada" e "A Odisea". Zeus, a través de Temis, a deusa da xustiza, teceu un plan para lanzar á humanidade a unha sanguenta guerra purificadora, da que xurdirá renacida. A Guerra de Troia supón un fascinante estudo das raíces auténticas dun dos máis célebres conflictos da humanidade.









Poesía: Herido diario y Terminamos y otros poemas sin terminar.





Herido diario é unha vida enteira exprimida e colada nun ano coas súas catro estacións: A caída do outono e o seu golpe, a hipotermia do inverno e o seu abrigo, o desxeo, a ilusión e a alerxia da primavera e o verán e o seu desapego. Cualquier parecido con la coincidencia es mera realidad.




Recopilación de novos poemas, textos en prosa e pensamientos do autor

Un sabio dixo unha vez: «Poucas cousas hipnotizan tanto neste mundo como una chama e como a lúa, será porque non podemos collelas ou porque nos iluminan na penumbra». Realmente non sei se alguien dixo esta cita ou acabo de ma inventar pero deberían de tela escrito porque o poder hipnótico que exercen esa muller de vermello e esa dama branca sobre o ser humano é digna de estudo. Todo final implica un principio e viceversa, como o ciclo da noite e o día, como as fases da lúa desde a nova ata a chea pasando pola seca. Nós só somos bolsas de auga con corazóns, cerebros, pernas e entelequias polo que é normal que a lúa nos afecte como afecta ás mareas. As relacións teñen complexo de lúa; saen, se póñense, vacíanse e ocúltanse pero non por iso deixan de intentalo. Hai libros que cambian a vida, outros que axudan a entendela?Espero que este sea dos segundos.




 Perfopoesía y A segunda lingua de Yolanda Castaño








Asegura que os titulares teñen un gusto a conversa de ascensor, sinala barcos depositados sobre o tendal do horizonte. Ao meter segunda acompasa o motor ao rexistro e cóntache que cada vez con máis frecuencia debe manter conversas en idiomas estranxeiros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario