O alumnado do Club de Lectura de 1º de ESO visitaron o Centro de Día das Neves para compartir cos maiores uns momentos especiais. Os rapaces e rapazas leron poemas, cantaron panxolñas e recibiron moito cariño dos maiores. Tamén foron agasallados cunhas lambetadas.
lunes, 29 de diciembre de 2025
martes, 9 de diciembre de 2025
LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Grupo 1: Avións de papel. Xavier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.
Grupo 2: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?
Grupo 3: Expediente Bécquer. J. R. Barat.
Susana Lobo é unha moza intelixente e rebelde de
dezaseis anos, filla única dun matrimonio rico. A súa vida transcorre con total
normalidade ata que, un día, descobre por casualidade unha dedicatoria moi
estraña nun libro de Gustavo Adolfo Bécquer que a súa nai garda entre as súas
cousas solteiras.Cando intenta descubrir que misterio se agocha tras
esta dedicatoria, a súa nai reacciona con evasivas e reticencias, o que esperta
na moza sospeitas de algo turbio. Susana decide investigar pola súa conta e
axiña descobre que a súa nai agocha obxectos, cartas e recordos da súa vida de
solteira nun caixón agochado do seu cuarto. Estas cousas revelan unha historia
misteriosa da que nunca lle contaron nada e que ten que ver con ela.Cada vez que a moza dá un paso adiante na súa
investigación secreta, os enfrontamentos cos seus pais fanse cada vez máis
amargos. Pouco a pouco, o seu mundo esfaréase. Un mundo que descobre que se
sostén nunha rede de mentiras, escuridade e morte.
Manga : Neste trimestre lerán esta serie.
Grupo Filosofía: El banquete. Platón.
O relato de Platón sobre os discursos entre Sócrates e os seus amigos sobre o amor e o desexo, a verdade e a ilusión, a transcendencia espiritual e as calidades dun bo gobernante influíu profundamente na nosa percepción das relacións humanas, a sociedade e o poder. Xunto co famoso mito da Caverna, tamén incluído neste volume, deu forma á tradición da filosofía occidental.
lunes, 13 de octubre de 2025
CLUB DE LECTURA DE FILOSOFÍA
O martes 7 de outubro comezou o club de lectura de filosofía con 1º de BAC. O mércores 8 comezou con 2º de BAC.
lunes, 29 de septiembre de 2025
domingo, 15 de junio de 2025
SAÍDA AO CINE
O venres 13 de xuño o alumnado do Club de Lectura asistiu a unha sesión matinal de cine. A película escollida foi: Lilo & Stitch. Aproveitamos para facer un convivio co alumnado do Club de Lectura do Instituto de Salceda.
miércoles, 30 de abril de 2025
LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE
No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:
Grupos 1, 2, 3: A pantasma de Canterville. Óscar Wilde.
Unha familia americana múdase ao castelo de Canterville, un lugar que, como todo o mundo sabe, está encantado. A pantasma dun nobre inglés deambula polo castelo e trata de facerlles a vida imposible aos seus novos habitantes. Porén, os estadounidenses, lonxe de asustarse, converten o espíritu en vítima das súas bromas, nunha historia que mestura o macabro co humor.
Feminismo: O inferno de Marta. Pascual Alapont.
Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí.
Manga 1/2: Neste trimestre lerán esta serie.
sábado, 19 de abril de 2025
miércoles, 5 de marzo de 2025
LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Grupo 1: Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte.
Andrés está farto da escola, dos grans, dos despropósitos da súa nai, da súa irmá, de Jorge o birlanoivas, da vida en xeral e do profe de Historia en particular. Dani e el propuxéronse cambiar o mundo e facen un feitizo que os fará inmunes ás pantasmas dos "pijos", "pelotas" e demais aves carroñeiras, e que os convertirá en heroes. Ben, polo menos iso era o que estaba previsto. Se logo as cousas van mal...
Grupo 2: Mentira. Care Santos.
Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente o seu rendemiento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redoe, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cosa poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira; nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confesallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súa máis íntimas emocións. Vén do cárcere. Escribiuna un recluso e conta unha historia que lle vai conxelar o sangue.
Grupo 3: A visita do inspector. J.B.Priestley.
Un inspector de policía preséntase no domicilio da familia Birling, interrompe a animada cea con que celebrar o compromiso matrimonial de Sheila e indaga a implicación dos comensais no suicidio dunha rapaza. A obra desenvolve unha trama que progresa como un mecanismo de reloxería na que o habilísimo manexo do suspense non consegue sufocar unha mensaxe de profundo calado moral: todos formamos parte do mesmo corpo social e somos responsables do que lles sucede aos demais.
Feminismo: O inferno de Marta. Pascual Alapont.
Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí.
Manga 1/2: Neste trimestre lerán estos libros.
martes, 14 de enero de 2025
domingo, 5 de enero de 2025
LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Grupo 1, 3: Mentira. Care Santos.
Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente o seu rendemiento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redoe, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cosa poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira; nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confesallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súa máis íntimas emocións. Vén do cárcere. Escribiuna un recluso e conta unha historia que lle vai conxelar o sangue.
Grupo 2: Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte.
Andrés está farto da escola, dos grans, dos despropósitos da súa nai, da súa irmá, de Jorge o birlanoivas, da vida en xeral e do profe de Historia en particular. Dani e el propuxéronse cambiar o mundo e facen un feitizo que os fará inmunes ás pantasmas dos "pijos", "pelotas" e demais aves carroñeiras, e que os convertirá en heroes. Ben, polo menos iso era o que estaba previsto. Se logo as cousas van mal...
Manga 1/2: Neste trimestre lerán esta serie.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










.png)





.jpg)






.jpg)
.jpg)