sábado, 22 de junio de 2024

AS NOSAS STORIES

O alumnado do Grupo de Teatro representou a obra "As nosas stories" de Beatriz Bergamín. As 7 rapazas e 1 rapaz estiveron todo o curso preparando a obra. Quedaban os luns pola tarde acompañados das profesoras Cristina e Lucía. A representación foi todo un éxito.

domingo, 16 de junio de 2024

SAÍDA AO CINE

O venres 14 de xuño o alumnado do Club de Lectura asistiu a unha sesión matinal de cine. A película escollida foi: Amigos imaginarios.


 

lunes, 3 de junio de 2024

REBECA

O alumnado do Club de Lectura feminista realizou unha actividade consistente no visionado da película "Rebeca" do director Alfred Hitchcock con Laurence Olivier e Joan Fontaine como protagonistas. 
Esta actividade consistía en comparar a película co libro de Dafne Du Maurier que leron no club, comentar as diferencias entre o filme e o libro e destacar a calidade do cine clásico en blanco e negro, unha asignatura pendente da xuventude actual.