Dicir que o fútbol son 22 mercenarios dándolle patadas a un balón é o mesmo que dicir que un violín é madeira e tripa e Hamlet, papel e tinta.
J.B. Priestley (escritor)
Todos sabemos que, según Bill Shankly, “o fútbol non é cuestión de vida ou morte, senon algo moito máis importante”. Sen embargo, sabemos también por que o mítico adestrador do Liverpool se puxo tan trascendental? En que pensaba Valdano cando falou por primeira vez do “medo escénico”? Realmente cría Helenio Herrera que se xoga mellor con dez que con once? Onde está a orixen do enfrontamento entre Bilardo y Menotti? Que quixo dicir Maradona con “a pelota non se lixa”?
Este libro no é unha simple colleita de citas futbolísticas, senon un puñado de historias coa palabra como eixo.
Coñecerás
a George Best, a Brian Clough, os Busby Babes , Johan Cruyff... Saberás de onde
procede o catenaccio, o fútbol total, a dicotomía Bilardo-Menotti, a famoso dito de "gañar sen baixar do autobús" porque José Mourinho é o "special one".... As frases máis contundentes, inxeniosas, ácedas ou
hilarantes e incluso sonroxantes coas que, iso podemos asegurarcho, pasarás un
rato máis que divertido.
Deixámoste aquí algunhas destas frases que xa pertencen á historia do fútbol:
!Así que este es ti, eh?, Xoguei tres veces contra ti e todo o que vira foi o teu cu". (Grahan Williams a George Best durante un partido)
George Best, "o quinto Beatle" |
"En 1969 deixei as mulleres e a bebida, pero foron os peores 20 minutros da miña vida".(George Best)
"Se tes o balón, non fai falla defender porque só hai un balón". (Johan Cruyff)
Johan Cruyyf |
"Se estás na area e non sabes que facer co balón, méteo na portería e despois xa discutiremos as opcións". (Bill Shankly, mítico adestrador do Liverpool)
"Non me gustaron as entradas que lles fixemos. Magoámoslles pero érguense". (Jimmy Murphy, seleccionador do País de Gales)
"Se me preguntan de que sirve xogar ben, eu preguntareilles de que sirve ser feliz". (Ángel Cappa, adestrador arxentino)
"Páganme por gañar, a beleza está no resultado". (Javier Clemente, adestrador)
"O traballo de adestrador é o único do mundo no que todos saben máis cá ti. Eu nunca lle diría a un fontaneiro, un avogado ou un xornalista como facer o seu traballo, pero o sábados todos eles saben máis cá min". (Joe Royle, adestrador)
"Preguntádelle a un dianteiro cal é o seu gol preferido. Todos responderán o mesmo: o vindeiro" (Ian Rush, dianteiro do Liverpool)
"Dime con que mediocentro andas e direite que equipo es" (Juanma Lillo, adestrador)
"Se Mourinho fose chocolate, lamberíase a sí mesmo" (Tommy Docherty, xornalista británico)
Con esta
recomendación pretendemos deitar varios tópicos; o primeiro é que podemos leer sobre
fútbol, aprender, disfrutar dunha obra escrita cun estilo sinxelo e coidado,
preciso e documentado. Por outro lado, neste libro hai moito máis que Real
Madrid, Barcelona e Champions, non é unha obra para a polémica e as discusións
senon para emocionarse e descubrir aos grandes xenios do balón e dos banquiños,
sorprendernos con historias marabillosas e incribles anécdotas.
Sí se pode ler
sobre fútbol, sí o podemos facer nun centro educativo, sí se pode escribir sen
mesura, con afán didáctico e sí deberiamos falar con propiedade e mesura sobre
algo que, como dixo Kevin Keegan, é imposible de reemplazar porque non hai
nada.
O Autor: Miguel Gutiérrez é actualmente redactor do diario dixital
Sportyou.es. Deuse a coñecer cun magnífico blogue ”la libreta de Van Gaal”
agora reconvertida en páxina web: http://www.lalibretadevangaal.com/
na que, facendo uso do sentido común, deixaba en evidencia as vergoñas dos
medios de comunicación deportivos e dos xornalistas que, deixando a un lado a
súa labor como informadores, se comportaban... imos deixalo en “de xeito
inapropiado”.
Dirixido a todos aqueles que desexen coñecer aos grandes personaxes do fútbol moderno a partires as súas palabras e os seus actos. As grandes personalidades, os súas xestas -tamén as súas vergoñas- nunha obra amena, agradable que, sen dúbida, vai deixarvos con ganas de moito máis.
Se che gustou -e se te gusta o fútbol vaite gustar seguro-, podes probar con Palabra de entrenador (de Orfeo Suárez), Héroes de nuestro tiempo (de Santiago Segurola) ou o máis clásico El fútbol a sol y a sombra de Eduardo Galeano.
Non podemos rematar esta reseña sen remitirvos a unha interesante película, baseada nun libro do mesmo título, "The Damned United", nos que a partires da súa fichaxe polo Leeds United -o equipo máis importante de Inglaterra na época e o seu grande rival- se conta o inicio da incrible e espectacular carreira como adestrador de Brian Clough, bicampeón de Europa co Nottinghan Forest -equipo ao que colleu en segunda división, ascendeu e fixo campeón de todo- nos anos 1979 e 1980.
Ficha:
Título: Frases de fútbol
Autor: Miguel Gutiérrez
Editorial: Córner

Esta é unha das mellores entradas que teño lido en recomendacións literarias tematicas. Motivadora, moi ben escrita, moi documentada,... mesmo hai un tráiler dunha película!! Se ao final alguén non queda con ganas de ler o livro (ou de ver a película) e comprobar se o fútbol é parte da nosa cultura común alén das fronteiras (é un "coñecemento común" partillado póla meirande parte do planeta), é que non ten nengún interese pola sociedade.
ResponderEliminar