sábado, 18 de mayo de 2013

Manel: (Ler con música de fondo)



Manel é un grupo barcelonés de música pop que cantan en catalán . Probablemente escoltases falar deles nos últimos meses –ou quizais os escoitaches a eles-.. Os seus catro componentes coñecéronse no colexio, e a inicio da súa carreira podemos establecelo no ano 2007, cando quedaron finalistas nun premio de maquetas.




Pero non estamos a falar dun grupo minoritario, nin sequera o feito de cantar en catalán reduce o seu impacto –o cal amosa que non hai límites lingüísticos-, posto que o seu segundo disco “10 millas per veure una bona armadura (10 millas para ver unha boa armadura) chegou ao número un nas listas de toda España con máis de dez mil copis vendidas... Na primeira semana!..
.


Unha das grandes virtudes deste grupo, que vai máis alá da súa indiscutbile calidade musical son as súas letras, auténticas narracións que aportan un novo condicionante á parte meramente acústica. Non o dubides, déixate levar pola súa maxia.

Dirixido a todos os que buscades boa música máis alá das radiofórmulas establecidas, aos que tedes curiosidade por saber que é o que se fai noutras zonas de España. 

Se te gustou, se seguimos con pop en catalán, probade con Antonia Font, Pastora ou Els amics de les arts.

Por certo que o grupo barcelonés acaba de tirar o seu novo disco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario