domingo, 5 de mayo de 2013

La Prórroga (Jean Pierre Gibrat)





Durante a Segunda Guerra Mundial, na Francia    ocupada,  Julien Sarlat salta do tren que lle levaba a Alemaña e ocúltase en Cambeyrac, a súa vila natal. Alí entérase que o tren do que saltou foi posteriormente bombardeado e que o dan por morto, polo que decide ocultarse nun edificio abandoado da vila, dende o cal observa a vida diaria dos habitantes da poboación, que se encontra baixo a ocupación alemá nazi.
Julien observará o brutal cambio provocado polos invasores na vila, coa imposibilidade de actuar, xa que sería inmediatamente fusilado ao ser condeado por desertor. Dende  o seu agocho, ve aos colaboracionistas, os que loitan pola liberdade apoiando á resistencia, os miserables, os que posuen e arrebatan a dignidade dos demáis ou aos habitantes que simplemente tratan de sobrevivir ante esa terrible situación... e entre eles está a Cécile, a muller da que Julien está namorado.

Antes de engadir nada e de que sigas a ler, preme aquí. Agora, todo o que poidamos engadir non é máis que unha apreciación persoal..

La Prórroga foi a primeira obra que Jean Pierre Gibrat fixo, de xeito completo, como guionista e debuxante e amósanos unha fermosísima historia de tons costumistas ambientada nunha vila rural da Francia ocupada durante a segunda guerra mundial.
Ben é certo que tanto o argumento como os personaxes son bastante tópicos, ás veces demasiado planos incluso a indefinición moral que amosan ao longo da obra non deixa de ser bastante prototípica (o colaboracionista cruel e sen escrúpulos, o médico libertario, o borracho que ve máis cousas das que lle cren, o comunista de irrenunciable dignidade e uns protagonistas inocentes que acaban arriscando a súa vida unidos á causa da liberdade), pero, caramba, que gusta dar ler unha historia ben contada, todo o típica que sexa, con lugares comúns, marabillosamente  debuxada e secuenciada -Jean Pierre Gibrat é un excepcional debuxante, mellor que guionista en realidade-, cunha fermosísima Cécile pola que parece case imposible non caer enfeitizado, detallista e exquisito nos detalles, preciosista en cada elemento que aparece ns viñetas, xogando cos colores que non por casualidade son máis ou menos intensos en cada momento. 
A historia é fermoso, benintencionada, de agradable lectura e disfrute, sinxela, pero ben narrada. A ninguén lle amarga un doce e este é realmente suxerente.
Se queres ver que é o que distingue á BD europea de calquera outro cómic, La prórroga é o mellor xeito de comprobalo en toda súa magnificencia.



Dirixido a os que queirades disfrutar da BD Europea en todo o seu esplendor gráfico, disfrutar dunha historia optismista, agradable, que deixa un gusto moi grato.

Se te gustou, Gibrat relaciona, dalgún xeito, La Prórroga coa súa seguinte obra, tanto por estar situada durante a segunda guerra mundial como por estar protagonizada pola irmá de Cecile, Jeanne, en El vuelo del cuervo. Na súa última obra, o autor francés, decide ambientar a súa historia na Primeira guerra mundial, econ Matteo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario