Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de febrero de 2014

Últimas adquisicións

O Club de Lectura mercou novos libros para os alumnos. Algúns foron suxerencias do propio alumnado e outros escollidos polas profesoras que participan no Club.
A continuación inclúo a lista dos libros cun resumo e unha imaxe.

El mañana empieza hoy. Cecilia Ahern.


Tamara ten dezaseis anos, e é rica e caprichosa. Moi rica e moi caprichosa. Vive nunha mansión cos seus pais e o que máis lle gusta é ir de compras coas súas amigas. A súa vida toma un escuro xiro cando o seu pai, atordado polas débedas, decide suicidarse. Tamara e a súa nai, sen casa nin diñeiro, terán que mudarse a vivi r ao campo con Rosaleen e Arthur, uns primos un tanto especiais. A vida alí é tranquila, sinxela e saudable, tres cousas que Tamara odia profundamente. Pero o descubrimento dun caderno máxico, no que aparece escrito o que vai acontecer ao día seguinte, cambiará a Tamara para sempre. Nas súas páxinas encontrará que tras a aburrida aparencia da vida campestre, Rosaleen e Arthur esconden un terrible segredo que a levará a coñecer a verdade sobre ela mesma e a súa familia.

Un paseo para recordar. Nicholas Sparks. 


Cada mes de abril, cando o vento sopra dende o mar e se mestura co aroma das lilas, Landon Carter recorda o seu último ano no instituto Beaufort. Era 1958 e Landon xa tivera unha ou dúas noivas. Xuraba, mesmo que xa se namorara. E é entón cando Jamie Sullivan, a filla do pastor baptista do pobo, entra na súa vida. Jamie era unha rapaza calada, que sempre levaba a Biblia entre os seus libros para o colexio, e que parecía contenta vivindo nun mundo á parte do resto dos adolescentes: coidaba do seu pai viúvo, rescataba animais abandonados e era voluntaria no orfanato. Ningún rapaz lle pedira unha cita xamais. Non obstante, un xiro do destino fixo que Jamie se convertese na parella de Landon para o baile, o que cambiaría a vida do rapaz para sempre.

Persuasión. Jaen Austen. 


Última novela da autora, publicada póstumamente en 1818, Persuasión narra a historia dunha muller na súa madureza, unha muller sensible, paciente e menosprezada, que, anos despois de rexeitar, persuadida por un mal consello, ao home que amaba, ve como este reaparece na súa vida, rico e honorable pero aínda desleitado. Unha muller, en suma, que quizais por primeira vez na historia da novela debe loitar para que o amor lle conceda unha segunda oportunidade.

Sombras. Marta Rivera de la Cruz.


Valeria chega a Bline, unha pequena viliña nas montañas, disposta a comezar unha nova vida. O pobo parece idílico. Non obstante, Valeria pronto descobre que hai algo escuro nel. Ademais, dende a súa chegada, posúe unha estraña habilidade que lle revela, en forma de visións, segredos dos seus habitantes; e empeza a sentirse irremediablemente atraída por Víctor, un aposto compañeiro do instituto que tamén esconde unha historia...

En tiempo de prodigios. Marta Rivera de la Cruz.



Cecilia é a única persoa que visita a Silvio, o avó da súa mellor amiga. Silvio Rendón é un octoxenario que garda celosamente o misterio dunha vida de lenda que nunca quixo compartir con ninguén.
A través dunha caixa de fotografías, Silvio vai dando a coñecer a Cecilia a súa fascinante historia xunto a Zachary West, un singular norteamericano cuxa chegada a Ribanova cambiou o destino dos que o trataron. De man de West, Silvio descubrirá todo o horror desencadeado polo ascenso do nazismo en Alemaña e o drama dos xudeus trasladados aos guettos e deportados aos campos de concentración, pero tamén a sacrificar a propia vida en nome da amizade e dos ideais.
Cecilia, sumida nunha profunda crise persoal tras perder a súa nai e romper coa súa parella, encontrará en Silvio un amigo e un aliado para reconstruír a súa vida.


Tiempo de arena. Inma Chacón.


No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo, clama desesperadamente polos seus fillos. A tensión é enorme: ninguén dos presentes coñecía que a moza tivese tido descendencia. A súa nai nega as súas palabras, pero as súas tías non deixarán de preguntarse que hai de verdade nelas.
Comeza así unha apaixonante inmersión na historia das mulleres Camp de la Cruz, Mariana, Munda e Alejandra, herdeiras dun facendado español, e das súas irreconciliables diferenzas vitais na busca da felicidade. A masonería feminina, a loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século XIX e principios do XX son algúns dos temas que marcan este relato apaixonante que non deixará indiferente a ningún lector.

El jardín olvidado. Kate Morton.


En vésperas da Primeira Guerra Mundial, unha nena é abandonada nun barco con destino a Australia... Un século despois, a súa neta Cassandra descubrirá finalmente a verdade sobre a familia e resolverá o misterio da nena desaparecida. 
Unha fermosa historia a tres voces en tres tempos distintos que desemboca nun todo perfecto, impecable, onde as pezas encaixan e adquiren sentido. Unha novela herdeira da tradición literaria anglosaxona, con reminiscencias de todos os xéneros, que nos devolve pracer pola lectura que nos fixeron sentir os grandes clásicos.

Dime quién soy. Julia Navarro.



Unha apaixonante aventura protagonizada por uns personaxes inesquecibles cuxas vidas constrúen un magnífico retrato da historia do século XX. Dende os anos da Segunda República española ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, a novela de Julia Navarro reborda intriga, política, espionaxe, amor e traizón.

Las horas oscuras. Juan Francisco Fernández.


Contan os anciáns que hai moito, moito tempo, nos albores do fin do milenio, un forasteiro chegou ás neboentas terras de Irlanda cunha misteriosa misión. Din que ese home, un monxe atormentado e valoroso chamado Brian de Liébana, fuxía duns malvados cabaleiros de pel pálida e alma escura, cuxo nome ninguén ousa pronunciar en voz alta sen santiguarse.
Os máis vellos afirman que Brian e os seus compañeiros atrevéronse a reconstruír o mosteiro de San Columbano, antano escenario dunha cruel matanza. E aínda que algúns xuran que profanar esas ruínas supuxo o inicio de todas as desgracias, outros opinan que foi a presenza intramuros dunha fermosa muller celta o que desatou a ira de Deus.

 El corazón del océano. Elvira Menéndez. 



Para frear a mestizaxe entre as filas españolas que conquistan o Novo Mundo, a Coroa de Castela envía a América oitenta doncelas escollidas entre familias que viron minguada a súa riqueza pola crise do século XVI. Durante a travesía, terán que sortear ataques piratas, tormentas, a peste, o desencontro cos poboadores das novas terras... Só algunhas damas chegarán ata o seu destino, entre elas, Mencía de Calderón, personaxe histórico que dirixiu a expedición, e Ana de Rojas, unha rapaza culta e soñadora que romperá co corpiño relixioso e cultural da vella Europa.
Durante a viaxe, Ana coñece ao mozo Alonso, descendente dun heroe das revoltas galegas. A realidade do Novo Mundo poñerá a proba os sonos de ambos os dous personaxes e o seu afán de superación, transformando as súas vidas para sempre.
 

miércoles, 22 de mayo de 2013

El juego de Ender (Orson Scott Card)




No ano 2070 os seres humanos están en guerra contra unha raza extraterrestre: os Insectores (non é moi difícil chegar á conclusión de por qué teñen este nome). Despois de fracasar nas súas primeiras invasións, estabécese unha alianza mundial para enfrentarse a esta ameaza –agárdase por unha nova invasión e a súa conseguinte guerra 60 anos despois da anterior- para o cal se crea a Flota Internacional, cuxos futuros integrantes son adestrados na Escola de Batalla, un internado onde son educados militarmente nas tácticas de guerra.



Ender Wiggin, un simple neno de seis anos, preséntase como a gran esperanza dos humanos para liderar as tropas fronte aos insectores, despois de que os seus dous irmáns fosen descartados, razón para a cal se permitiu o seu nacemento –está prohibido ter máis de dous fillos-; por esa razón será reclutado para incorporarse á Escola onde será adestrado de forma cruel, incluso sádica, e onde deberá aprender a sobrevivir enfrontándose ças difíciles probas de adestramento que o porán en contra de moitos dos seus compañeiros e lle farán sentir a dor da soedade, incomprensión e o medo que calquera nen pode sentir día a día.


El juego de Ender é unha mestura entre unha distopía clásica –a Terra está gobernada pola chamada Hexemonía que, xa podedes imaxinar que dista bastante dun goberno democrátcio-, unha novela de aprendizaxe, unha novela de internados/colexios baseada pola formación militar, e, sobre todo, ciencia ficción pura e dura narrada de xeito enormemente sinxelo e directo, protagonizada por un personaxe co que resulta doado empatizar ao que acompañamos no seu intenso proxecto de crecemento e maduración ata que chega á súa proba definitiva –o seu destino- nun mundo onde todos pretenden utilizalo a el e ao seu nome sen compaixón para os asuntos máis diversos.


Ender representa ao Mesías destinado a comandar as tropas terrestres fronte ao inimigo alieníxena, escollido alí onde os seus irmáns fallaron, e é súbitamente separado dos seus para iniciarse nun mundo de nenos que xogan a ser adultos e se comportan de xeito terrible porque soamente os máis fortes  poden sobrevivir... e Ender sobrevive.

A maior parte da historia ten lugar na Escola de Batalla, pero a acción non decae e a facilidade coa que a historia irá cubrindo tramos da formación de Ender te obrigará a pasar páxina tras páxina, de reto en reto ao que é sometido o protagonista porque de soportar e superar ese terrible periodo de formación dependerá o futuro da raza humana. Pero Orson Scott Card non presenta unicamente unha novela de acción, se así fose non estariamos a falar dun clásico moderno da narrativa de ciencia ficción, senon que a novela plantexa variados temas de carácter filosófico e político, sobre o control das masas, a  liberdade, ou a perda da mesma debido a un perigo externo e incontrolable, a dignidade ante o terror, a forza da intilexencia e a humanidade nun mundo deshumanizado.




Acompañan a Ender distintos persoanxes secundarios de enorme calado que, probablemente quedarán nas vosa memoria, os seus irmáns –Peter, cruel e brutal, que nos sorprende ás veces co descontrol dos seus sentimentos fronte a Valentine, doce e tenra que loita por manter a súa personalidade nunha situación que apenas pode entender-, os compañeiros da Escola, que fan da crueldade unha loita pola supervivencia e dos que sobresaen aqueles que saben ver a terrible situacióná na que se ven obrigados a convivir, mención especial para Dink, e as dúas grandes figuras adultas da obra, o coronel Hyrum Graff e Mazer Rackhan, unha lenda que capitaneou, e derrotou, ás tropas terrestres na última invasión dos insectores.

A novela foi escrita fai trinta anos, polo que, a situación política fai referencia á “Guerra fría”; constantes tensións entre o Pacto de Varsovia e unha Liga que acollería aos países occidentais liderados polos americanos (en referencia á OTAN), e atoparedes extraordinarias coincidencias entre o que o autor anticipou e a evolución científico-técnica real: as consolas coas que estudan e xogan os cadetes, a rede en cuxos foros fan públicas as súas opinións os irmáns de Ender...

Non lle dedes máis voltas. Animádevos e botarlle unha ollada, paga a pena facelo.



Despois de moito tempo falando desta posibilidade , finalmente no vindeiro mes de novembro estrearase a esperadísima versión cionematográfica desta novela, da que vos deixamos o trailer e unhas fotos (e sí, a sombra de Harry Potter é longa... como poderedes comprobar nas imaxes, nembargantes, lembrade que a obra de Orson Scott Card é do ano 1985)







Dirixido a aqueles que busquen un pouco de todo nunha novela; acción, aventuras, formación, intigas políticas, guerra contra alieníxenas, traizóns, filosofía... El juego de Ender é unha novela amena, intensa, que te gustará incluso se non es aficionado/a á ciencia ficción, xa que se ben aparecen naves ou artiluxios futuristas, incluso os extraterrestres -aquí inimigos invasores quedan relativamente en segundo plano- Que máis queres?  Incluso se te da algo de preguiza lanzarte a por ela, nin sequera é unha novela longa.

Se te gustou, e queres continuar coa ciencia ficción, podes probar con Crónicas Marcianas (de Ray Bradbury), Robocalipsis (de Daniel Wilson) ou Bóvedas de acero (de Isaac Asimov)






  

lunes, 20 de mayo de 2013

Frases de Fútbol (Miguel Gutiérrez)





Dicir que o fútbol son 22 mercenarios dándolle patadas a un balón é o mesmo que dicir que un violín é madeira e tripa e Hamlet, papel e tinta.
                                         J.B. Priestley (escritor)


Todos sabemos que, según Bill Shankly, “o fútbol non é cuestión de vida ou morte, senon algo moito máis importante”. Sen embargo, sabemos también por que o mítico adestrador do Liverpool se puxo tan trascendental? En que pensaba Valdano cando falou por primeira vez do “medo escénico”? Realmente cría Helenio Herrera que se xoga mellor con dez que con once? Onde está a orixen do enfrontamento entre Bilardo y Menotti? Que quixo dicir Maradona con “a pelota non se lixa”?

Este libro no é unha simple colleita de citas futbolísticas, senon un puñado de historias coa palabra como eixo. 


Coñecerás a George Best, a Brian Clough, os Busby Babes , Johan Cruyff... Saberás de onde procede o catenaccio, o fútbol total, a dicotomía Bilardo-Menotti, a famoso dito de "gañar sen baixar do autobús" porque José Mourinho é o "special one".... As frases máis contundentes, inxeniosas, ácedas ou hilarantes e incluso sonroxantes coas que, iso podemos asegurarcho, pasarás un rato máis que divertido.

Deixámoste aquí algunhas destas frases que xa pertencen á historia do fútbol:

!Así que este es ti, eh?, Xoguei tres veces contra ti e todo o que vira foi o teu cu". (Grahan Williams a George Best durante un partido)


George Best, "o quinto Beatle"


"En 1969 deixei as mulleres e a bebida, pero foron os peores 20 minutros da miña vida".(George Best)

"Se tes o balón, non fai falla defender porque só hai un balón". (Johan Cruyff)


Johan Cruyyf


"Se estás na area e non sabes que facer co balón, méteo na portería e despois xa discutiremos as opcións". (Bill Shankly, mítico adestrador do Liverpool)

"Non me gustaron as entradas que lles fixemos. Magoámoslles pero érguense". (Jimmy Murphy, seleccionador do País de Gales)


"Se me preguntan de que sirve xogar ben, eu preguntareilles de que sirve ser feliz". (Ángel Cappa, adestrador arxentino)


"Páganme por gañar, a beleza está no resultado". (Javier Clemente, adestrador)


"O traballo de adestrador é o único do mundo no que todos saben máis cá ti. Eu nunca lle diría a un fontaneiro, un avogado ou un xornalista como facer o seu traballo, pero o sábados todos eles saben máis cá min". (Joe Royle, adestrador)


"Preguntádelle a un dianteiro cal é o seu gol preferido. Todos responderán o mesmo: o vindeiro" (Ian Rush, dianteiro do Liverpool)


"Dime con que mediocentro andas e direite que equipo es" (Juanma Lillo, adestrador)


"Se Mourinho fose chocolate, lamberíase a sí mesmo" (Tommy Docherty, xornalista británico)



Con esta recomendación pretendemos deitar varios tópicos; o primeiro é que podemos leer sobre fútbol, aprender, disfrutar dunha obra escrita cun estilo sinxelo e coidado, preciso e documentado. Por outro lado, neste libro hai moito máis que Real Madrid, Barcelona e Champions, non é unha obra para a polémica e as discusións senon para emocionarse e descubrir aos grandes xenios do balón e dos banquiños, sorprendernos con historias marabillosas e incribles anécdotas.

Sí se pode ler sobre fútbol, sí o podemos facer nun centro educativo, sí se pode escribir sen mesura, con afán didáctico e sí deberiamos falar con propiedade e mesura sobre algo que, como dixo Kevin Keegan, é imposible de reemplazar porque non hai nada.


O Autor: Miguel Gutiérrez é actualmente redactor do diario dixital Sportyou.es. Deuse a coñecer cun magnífico blogue ”la libreta de Van Gaal” agora reconvertida en páxina web: http://www.lalibretadevangaal.com/ na que, facendo uso do sentido común, deixaba en evidencia as vergoñas dos medios de comunicación deportivos e dos xornalistas que, deixando a un lado a súa labor como informadores, se comportaban... imos deixalo en “de xeito inapropiado”.


Dirixido a todos aqueles que desexen coñecer aos grandes personaxes do fútbol moderno a partires as súas palabras e os seus actos. As grandes personalidades, os súas xestas -tamén as súas vergoñas- nunha obra amena, agradable que, sen dúbida, vai deixarvos con ganas de moito máis.


Se che gustou -e se te gusta o fútbol vaite gustar seguro-, podes probar con Palabra de entrenador (de Orfeo Suárez), Héroes de nuestro tiempo (de Santiago Segurola) ou o máis clásico El fútbol a sol y a sombra de Eduardo Galeano.





Non podemos rematar esta reseña sen remitirvos a unha interesante película, baseada nun libro do mesmo título, "The Damned United", nos que a partires da súa fichaxe polo Leeds United -o equipo máis importante de Inglaterra na época e o seu grande rival- se conta o inicio da incrible e espectacular carreira como adestrador de Brian Clough, bicampeón de Europa co Nottinghan Forest -equipo ao que colleu en segunda división, ascendeu e fixo campeón de todo- nos anos 1979 e 1980.




Ficha:
Título: Frases de fútbol
Autor: Miguel Gutiérrez
Editorial: Córner

miércoles, 15 de mayo de 2013

O sentido dun final (Julian Barnes)



O argumento de O sentido dun final condúcenos por boa parte da vida do seu narrador e protagonista, Tony Webster, en dous bloques bastante definidos; un primeiro máis amplo que fai un rápido repaso pola súa vida desde a época escolar, onde ocorren unha serie de feitos que serán básicos para a comprensión da obra –a aparición do atractivo Adrian Finn e como modela as  personalidades de todo o seu grupo de amigos e altera a súa vida, a universidade, as ansias de éxito social e intelectual, as súas distintas relacións amorosas até o seu matrimonio, paternidade, divorcio e solitaria e ordinaria madurez desde a que relata a historia.

Tony Webster, chega a xubilación, intenta manterse ocupado en diversas actividades, parece que a vida xa non lle vai procurar máis sorpresas, cando recibe unha carta na que se lle comunica que a nai da súa primeira noiva déixalle como herdanza cincocentas  libras, unha cantidade prácticamente insignificante, e un sobre cun caderno no seu interior, o diario de Adrian –que non o fará pois Verónica, a súa antiga noiva e posterior parella do seu amigo non quere facerlle chegar-  o que obrigará a Tony a voltar ao pasado para analizar, punto por punto, aquela relación que deixou atrás fai tanto tempo e no que non tódolos feitos estaban pechados.

O sentido dun final poderían ser moitas cousas, un home que axusta contas co seu pasado, unha xuventude pretenciosa que se prometía intensa e exitosa e que acaba –como a meirande parte delas- sumida nunha pracenteira e tediosa monotonía, unha análise sobre o pasado e os remorsos, os feitos que non quixemos ou non soubemos pechar no seu momento para poder pasar páxina, un reconto das renuncias que a vida nos obrigou a facer coas nosas propias ancellos de mocidade, unha análise sobre o pasado e unha reconstrucción ideal –ou non- do mesmo e do que, pensamos. Preguntarnos canto do noso pasado, non é xa unha lembranza senon que o convertemos en ficción, ata que punto o tempo non transforma a nosa vida e recreamos un personaxe que se parece a nós e interéseanos identifcar con nós mesmos desde un punto de vista pouco  fiable, claro está.

A novela presenta un evocador exercicio de memoria, a reconstrucción dun pasado  cunha análise desacomplexado, a veces autocrítico pero relativamente  condescendiente, a través das distintas etapas da vida, marabillosamente apuntalados con pinceladas culturais –lecturas, a música sobre todo que vai variando acompañando as épocas do protagonsta- certa flema e fina ironía  británica –a sua dramática visita á familia da sua primeira novia ou as reclamaciones ao seguro-, de tal xeito que non é complicado empatizar cun narrador que asume a súa vida anodina con resignación e pensa na morte e na escasa importancia que ten a súa presencia no mundo nestes momentos (os distintos momentos nos que deixa claro que o seu obxetivo é non padecer alzheimer e deixarlle á súa filla a herdanza cando todavía precise dos cartos é máis que reveladora, do sentido que ten o seu final).

Quizais nalgúns intres a novela plantexa situacións tópicas e personaxes máis ben planos; un final relativamente melodramático, é certo, ainda que tan contundente e revelador que probablemente  che deixe o suficientemente trasposto como para non reparar no efectismo ata moito tiempo despois, cuando o poso da obra se asente satisfactoriamente na tua mente, porque o argumento serve de partida para a reflexión sobre os temas básicos de calquera vida, dende esa xuventude que non se recrea de xeito bastante amplo por casualidade senon como punto de partida para asumir os fracasos e desercións do que nun momento dado se sumía como indubidable e prácticamente innegociable –o futuro, a vida laboral, o amor, o sexo, a propia amizade…- .

Julian Barnes
O sentido dun final é unha novela lixeira en apariencia, só en apariencia, porque presenta unha sucinta e incómoda análise –para que imos negalo- do que representa a vida; da vida que pretendemos acadar cando somos novos, da vida que queremos e nos parece estar levando, e da vida que cremos ter vivido. Contada  cunha fluidez a xeito de sorriso pouco confortable –tan habitual en moitos autores da literatura galega- e cunha prosa elegante que vai guiando ao lector de xeito apacible pero, dalgún xeito, deixa un regusto amargo nas nosas propias existencias.

Independentemente dos premio recibidos –o Man Booker, o premio máis prestixioso dentro das países da Commomwealth – estamos ante unha obra máis que suxerente que, en pouco máis de duascentas páxinas, nos dará temas de conversación para moito tempo.



Dirixido a aqueles que lles guste analizar as relacións interpersoais, a aqueles que se pregunten como as nosas accións no presente poden ter repercusións no futuro,  

Se che gustou este libro, proba con El mapa y el territorio de Houellebecq  ou con  Deshonra de Coetzze


 




lunes, 13 de mayo de 2013

Historia de la ciencia sin los trozos aburridos (Ian Crofton)




Cansado da lei de Ohm? Farto da estatística? Aburrido do número de Avogadro? A entropía sóate a entronque, as globulinas a globos pequenos? Se isto é así, entón non hai dúbida, precisas dunha dose de Ciencia sen as partes aburridas.

Esta cronoloxía de curiosidades científicas comprende multitude de teorías estrafalarias, experimentos inverosímiles, profesores tolos, charlatáns cuestionables, bromistas fedellos, expertos enganados, e unha serie inestimable de especulacións absurdas e sen fundamento.

Le todo acerca dos intentos dos soviéticos para crear un híbrido simio-humano... A convicción de sir John Herschel do valor nutritivo das serraduras... A investigación de Darwin sobre a musicalidade das miñocas... O distinguido médico inglés que se inxectou testículos de cobaias... O home que temía que a enerxía das mareas podería atraer á Lúa perigosamente  ata a Terra... O experimento que afirmaba demostrar que a alma pesa exactamente 21 gramos.

Éstes son algúns dos abraiantes relatos que atoparás entre as páxinas de Historia de la ciencia sin los trozos aburridos, desde os máis sublimes ata os absolutamente ridículos, con especial énfase nestes últimos.


Nesta obra farás un percorrido por un inesgotable número de anécdotas desde a Antiguidade ata ao día de hoxe, no que poderás descubrir a outra faceta da ciencia, a parte que non se amosa, a que está máis perto dos fracasos, dos despistes ou erros dos grandes xenios, da idea peregrina que non podemos entender como é posible que a alguén  se lle ocorrese facer algo semellante.

Deixámoste aquí cunha serie de exemplos que poderás atopar e disfrutar nesta divertida obra:

Sabías que o inventor do estetoscopio tiñ vergoña para atreverse a achegar a súa orella ao peito dunha muller?

Que descubriu Arquímedes para saír espido polas rúas de Siracusa berrando¡Eureka!?



Sabías que unha serventa de Isaac Newton atopouno diante da cociña fitando un ovo que tiña nas mans mentres o seu reloxio fervía na perola?




Que pretendía Sanctorio de Padua á hora de pesar os seus propios excrementos?

Qué podía estar a probar o doutor Hildebrant cando lle pediu a un colega que lle queimase as pernas, lle acoitelase o muslo, premese os seus testículos ou lle brease nas canelas cun martelo?

Qué teñen que ver uns patiños de goma –ou, para ser exactos, algúns millóns- coas correntes oceánicas?


Non o dubides máis. Estas e outras historias son as que poderás atopar nesta entretida obra que provocará en ti o irreprimible desexo de ir espallando as distintas anécdotas vaias onde vaias.

Dirixido a aqueles/as que queiran pasar un rato moi divertido, e de paso aprender algo. Se es un apaixonado das ciencias disfrutarás como un anano, se as ciencias nin fu nin fa… de seguro que botarás unhas risas

Se te gustou podes probar con Aristóteles, Leonardo, Einstein & Cía. (de Ernest Peter Fisher), La sonrisa de Pitágoras (de Lamberto García del Cid) ou De Arquímedesa Einstein (Los 10 experimentos más bellos de la física) (de Manuel Lozano Leyva)



Ficha:
Título: Historia de la ciencia sin los trozos aburridos 
Autor: Ian Crofton
Editorial: Ariel.


sábado, 11 de mayo de 2013

Conan La leyenda (II. Cómic)

Despois da magnífica edición clásica de Conan levada  a cabo por Roy Thomas e Barry Windsor Smith que podedes atopar en calquera librería sen problemas a editorial americana Dark Horse fíxose cos dereitos do personaxe e decidiu relanzalo cunha nova adaptación das ´suas aventuras de xeito máis ou menos cronolóxico (porque Robert E. Howard non ordeou as súas historias, nin lles dotou dunha continuidade absoluta) levada a acabo por novos autores (empezou Kurt Busiek con Cary Nord no debuxo, e continuaron Tim Truman e Tomás Giorello) que se editaron en España baixo o título de Conan La Leyenda




Aproveitando a edición, xa fai uns meses, do número 0, no que se relata o nacimento e infancia de Conan, pensamos que estades no momento máis oportuno para, desde unha perspectivo actual adentrarvos na Era Hiboria (da que, temos que advertírvolo, nunca ides poder saír... Xamais)

Actualmente Planet ten publicados 13 baixo o epígrafe "Conan la Leyenda" nos que se recollen as aventuras de Conan, incluindo este número 0, que recolle diversos números soltos (lembrade que os números se publican primeiro no formato grapa e despois son recollidos en TPB que recolle arredor de 6 grapas por tomos)

Toda esta serie contén unha introducción na que, moitos anos despois da época de Conan, un príncipe herdeiro dun gran reino e o seu séquito descubren a tumba do guerreiro cimmerio, xunto coas chamadas Crónicas Nemedias e o príncipe lle pide ao seu visir que lle de a coñecer a historia deste rei Bárbaro.


Sabed , ¡Oh príncipe!, que entre los años en que los océanos anegaron Atlantis y las resplandecientes ciudades, y los de la ascensión de los hijos de Aryas, hubo una edad no soñada en la que reinos luminosos ocuparon la Tierra como el manto azul bajo las estrellas… Pero el reino más orgulloso del mundo era Aquilonia, que reinaba supremo en el dormido occidente. Y allí llego Conan el Cimmerio, de negros cabellos, mirada huraña, espada en mano...



Conan La Leyenda 0: Nacido en el campo de batalla.


Non é doado afrontar a infancia dun personaxe famoso sen caer nos tópicos, na haxiografía e en facer excesivo fincapé nas súas virtudes esquecendo que estmos ante un neno ou un adolescente en formación que tamén ten defectos e dúbidas.
Neste caso, o guinista, Kurt Busiek preséntanos a Conan, que nace durante unha batalla en Cimmeria, unha terra áspera, fría, inhóspita, na que o seu pobo, unha tribu cimmeria, debe loitar pola súa supervivencia. Aquí Conan debe integrarse cos demais nenos da súa tribo, participar dos seus xogos, ás veces cruéis, gañar a súa amizade e o seu respeto. istiremos a como o adolescente Conan descubre amargamente que non é un rapaz como os demais, as envexas e as loitas de poder entre os demais rapaces. Veremos como se convirte pouco a pouco nun home, loitar contra bestas e feras, fantasmas e maxia, e como un desgraciado feito o vai apartar da súa xente e convertilo definitivamente nun ser distinto. Asistiremos á mítica batalla de Venarium, na que a súa tribo deberá loitar por non ser invadida e seguir existindo e veremos como Conan recolle o testemuño do seu avó na procura de aventuras.



Estamos ante unha historia de presentacion dun personaxe coñecido que recolle perfectamente  figura do futuro Conan pero cun carácter humanizador, lonxe do heroe case invencible no que se convertirá no seu futuro; vemos a un neno que ansía medrar, un adolescente que ten dúbidas, que desexa encaixar e ser apreciado, un xoven que desexa ser respetado e aceptado polos guerreiros, nunha obra na que non falta a acción, loitas, batallas, fanstasmas, feras salvaxes, o descubrimento do amor, da dor que supón medrar e perder aos seres queridos, das dificultades e a responsabilidade que conleva ser un guerreiro, das ansias de coñecemento e de descubrir cousas novas que van provocar o abandono de todo aquelo coñecido, da vida cotiá e familair para adentrarse no descoñecido mundo da era Hiboria.


               Conan La Leyenda 1: La Hija del gigante helado



Un Conan prácticamente adolescente comenza o seu camiño, unha vez abandonada a súa Cimmeria natal  polas xeadas terras do norte, onde deberá axudar e facerse respetar polos guerreiros aesires na súa loita contra os invasores vanires, e se verá inmerso no rescate dunha princesa, nunha lota contra criaturas monstruosoas e a mistteriosa criatura que da nome ao relato. Posteriormete Conan chegará á mítica Hiperbórea, pero o fará como escravo despois de ser traizoado por algúns guerreiros aesires. Alí, axudado por Iasmini, loitará por fuxir para tomar cumprida venganza contra os traidores.



Aventura pura e dura. Batallas, loitas, monstros, bruxería, míticas cidades cheas de riquzas e perigos, e paixón, amor, envexas, traizóns... Pero e que é posible pedir algo máis?


Dirixido a os que queirades unha historia de acción pura e dura. Ler por puro pracer, para divertirse, desconectar. Disfrutar dunha historia entretida e ben contada. Para os que queren pasar páxinas e desexan saber máis e non queren deixar de facelo nunca.

Se te gustou, lembra que Conan La leyenda consta de 13 tomos, como xa dixemos (preme aquí para velos todos), ademais de Conan Rey, la ciudadela escarlata (Tamén de Thomas Truman e Tomás Giorello), que pode servir decntinuación. Se queres coñecer a outro personaxe de Robert E. Howard adaptado ao cómic e moi próximos a Conan, dalle unha oportunidade á saga de Red Sonja e a Kull, rey de Valusia que, como sabes, foi o primeiro persoanxe creado polo autor antes de darlle vida a Conan.




jueves, 9 de mayo de 2013

Conan o bárbaro (I: Obra narrativa)


Probablemente coñezas ao personaxe de Conan debido ao cine, así que según a túa idade e/ou intereses, Conan pode ser...

 ou



Tamén é posible que teñas esta imaxe de Conan procedente tanto dos comics clásicos como das ilustracións que acompañaban aos seus relatos, así que a súa imaxe podería ser máis ou menos así

Porque sí, Conan o Bárbaro é un personaxe que naceu nos relatos e novelas de Robert E. Howard, que con Conan (creado no ano 1932), e o seu precedente, o atlante rey Kull de Valusia, estableceu a base para as historias de fantasía, a chamada espada e brujería, nunca obra que supón un festín absoluta da narración pulp (de feito Conan apareceu na revista Weird Tales) pero con algo máis que fai que autor, personaxe e a súa obra quedasen fixadas na memoria de calquera lector/a disposto a pasar un momento de placer absoluto. Conan é pura evasión , que mellor carta de presentación para unha obra: a promesa de disfrutar.



Robert E Howard sitúa as aventuras de Conan na ficticia Idade Hiboria,situada nun remoto e hipotético pasado das actuais civilizacións que comenza co afundimento de Atlantis. Nesta época coñeceremos Aquilonia ( o máis poderoso de todos), Cimmeria (de onde procede Conan), Hiperborea, Asgard, Nemedia, as cidades de Zamora, Ofir, Corinthia… Nun mundo que non está creado ao azar senon que Howard traballou con enorme coidado para poder dar unha explicación (pausible, pero claramente fantástica) á morfoloxía do mundo actual.
Pero non pretendemos aquí presentar ao personaxe de Conan, tedes información de abondo na rede e hai distintas publicacións sobre o tema. O primeiro que queremos recomendarvos son os relatos de Robert E. Howard, aos que podedes acceder en distintas edicións en castelán, pero e tamén en galego, onde está editado por Urco.







Dirixido a aqueles que queran coñecer as orixes do xénero de espada e bruxería, os que busquen aventura salvaxe sen pretensións, adentrarse na historia dunha personaxe clásica.
Se che gustou proba con: Se queres máis Conan, non debes deixar escapar as súas múltiples adaptacións ao Comic, tanto as máis clásicas como a última que está editando Planeta de Agostini e da que falaremos próximamente. Se queres máis historias de fantasía, bótalle unha ollada a Juego de tronos (de George R.R. Martin), La voz de las espadas (de Joe Abercrombie) ou El último deseo (de Andrzej Sapkowski).