domingo, 17 de mayo de 2026

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Grupo 1: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.


Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

Grupo 2: Avións de papel. Xavier Estévez.

Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Grupo 3: Cartas a Leonor. Rosa Huertas.

Lola ten quince anos, moitas ganas de comerse o mundo e poucas de aguantar á súa familia.
Pero a pandemia pon a súa vida do revés… Da noite para a mañá, a súa avoa trasládase a vivir á súa casa e Lola pasa moitas tardes con ela; ao principio, sen ganas. A avoa comezou a esquecer e non quere que o seu gran e secreta historia de amor caia no esquecemento. Por iso, cada día cóntalle a Lola os recordos da súa vida, para que con ela a súa historia continúe viva. E Lola descobre moitas cousas da súa avoa, como a súa fascinación por Campos de Castela, de Antonio Machado.

Manga : Neste trimestre lerán esta serie.

Grupo Filosofía: La esclavitud femenina. .

Publicada en 1869, "La esclavitud femenina" abordou con audacia o problema da desigualdade de xénero, definíndoa como «un dos principais obstáculos para o progreso da humanidade».Na opinión de John Stuart Mill, que publicou este tratado cando as mulleres do seu país non podían nin votar nin posuír propiedades, lograr a «igualdade perfecta» en materia legal e social era esencial para unha sociedade máis xusta, e non hai dúbida de que o seu libro contribuíu a creala desmantelando implacablemente, con lóxica implacable, os fráxiles argumentos daqueles que estaban a favor da opresión histórica das mulleres.