No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:
Grupo 1: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?
Grupo 2: Avións de papel. Xavier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.
Grupo 3: Cartas a Leonor. Rosa Huertas.
Grupo Filosofía: La esclavitud femenina. .
Publicada en 1869, "La esclavitud femenina" abordou con audacia o problema da desigualdade de xénero, definíndoa como «un dos principais obstáculos para o progreso da humanidade».Na opinión de John Stuart Mill, que publicou este tratado cando as mulleres do seu país non podían nin votar nin posuír propiedades, lograr a «igualdade perfecta» en materia legal e social era esencial para unha sociedade máis xusta, e non hai dúbida de que o seu libro contribuíu a creala desmantelando implacablemente, con lóxica implacable, os fráxiles argumentos daqueles que estaban a favor da opresión histórica das mulleres.





No hay comentarios:
Publicar un comentario