Despois da magnífica edición clásica de Conan levada a cabo por Roy Thomas e Barry Windsor Smith que podedes atopar en calquera librería sen problemas a editorial americana Dark Horse fíxose cos dereitos do personaxe e decidiu relanzalo cunha nova adaptación das ´suas aventuras de xeito máis ou menos cronolóxico (porque Robert E. Howard non ordeou as súas historias, nin lles dotou dunha continuidade absoluta) levada a acabo por novos autores (empezou Kurt Busiek con Cary Nord no debuxo, e continuaron Tim Truman e Tomás Giorello) que se editaron en España baixo o título de Conan La Leyenda
Aproveitando a edición, xa fai uns meses, do número 0, no que se relata o nacimento e infancia de Conan, pensamos que estades no momento máis oportuno para, desde unha perspectivo actual adentrarvos na Era Hiboria (da que, temos que advertírvolo, nunca ides poder saír... Xamais)
Actualmente Planet ten publicados 13 baixo o epígrafe "Conan la Leyenda" nos que se recollen as aventuras de Conan, incluindo este número 0, que recolle diversos números soltos (lembrade que os números se publican primeiro no formato grapa e despois son recollidos en TPB que recolle arredor de 6 grapas por tomos)
Toda esta serie contén unha introducción na que, moitos anos despois da época de Conan, un príncipe herdeiro dun gran reino e o seu séquito descubren a tumba do guerreiro cimmerio, xunto coas chamadas Crónicas Nemedias e o príncipe lle pide ao seu visir que lle de a coñecer a historia deste rei Bárbaro.
Non é doado afrontar a infancia dun personaxe famoso sen caer nos tópicos, na haxiografía e en facer excesivo fincapé nas súas virtudes esquecendo que estmos ante un neno ou un adolescente en formación que tamén ten defectos e dúbidas.
Neste caso, o guinista, Kurt Busiek preséntanos a Conan, que nace durante unha batalla en Cimmeria, unha terra áspera, fría, inhóspita, na que o seu pobo, unha tribu cimmeria, debe loitar pola súa supervivencia. Aquí Conan debe integrarse cos demais nenos da súa tribo, participar dos seus xogos, ás veces cruéis, gañar a súa amizade e o seu respeto. istiremos a como o adolescente Conan descubre amargamente que non é un rapaz como os demais, as envexas e as loitas de poder entre os demais rapaces. Veremos como se convirte pouco a pouco nun home, loitar contra bestas e feras, fantasmas e maxia, e como un desgraciado feito o vai apartar da súa xente e convertilo definitivamente nun ser distinto. Asistiremos á mítica batalla de Venarium, na que a súa tribo deberá loitar por non ser invadida e seguir existindo e veremos como Conan recolle o testemuño do seu avó na procura de aventuras.
Estamos ante unha historia de presentacion dun personaxe coñecido que recolle perfectamente figura do futuro Conan pero cun carácter humanizador, lonxe do heroe case invencible no que se convertirá no seu futuro; vemos a un neno que ansía medrar, un adolescente que ten dúbidas, que desexa encaixar e ser apreciado, un xoven que desexa ser respetado e aceptado polos guerreiros, nunha obra na que non falta a acción, loitas, batallas, fanstasmas, feras salvaxes, o descubrimento do amor, da dor que supón medrar e perder aos seres queridos, das dificultades e a responsabilidade que conleva ser un guerreiro, das ansias de coñecemento e de descubrir cousas novas que van provocar o abandono de todo aquelo coñecido, da vida cotiá e familair para adentrarse no descoñecido mundo da era Hiboria.
Un Conan prácticamente adolescente comenza o seu camiño, unha vez abandonada a súa Cimmeria natal polas xeadas terras do norte, onde deberá axudar e facerse respetar polos guerreiros aesires na súa loita contra os invasores vanires, e se verá inmerso no rescate dunha princesa, nunha lota contra criaturas monstruosoas e a mistteriosa criatura que da nome ao relato. Posteriormete Conan chegará á mítica Hiperbórea, pero o fará como escravo despois de ser traizoado por algúns guerreiros aesires. Alí, axudado por Iasmini, loitará por fuxir para tomar cumprida venganza contra os traidores.
Aventura pura e dura. Batallas, loitas, monstros, bruxería, míticas cidades cheas de riquzas e perigos, e paixón, amor, envexas, traizóns... Pero e que é posible pedir algo máis?
Dirixido a os que queirades unha historia de acción pura e dura. Ler por puro pracer, para divertirse, desconectar. Disfrutar dunha historia entretida e ben contada. Para os que queren pasar páxinas e desexan saber máis e non queren deixar de facelo nunca.
Se te gustou, lembra que Conan La leyenda consta de 13 tomos, como xa dixemos (preme aquí para velos todos), ademais de Conan Rey, la ciudadela escarlata (Tamén de Thomas Truman e Tomás Giorello), que pode servir decntinuación. Se queres coñecer a outro personaxe de Robert E. Howard adaptado ao cómic e moi próximos a Conan, dalle unha oportunidade á saga de Red Sonja e a Kull, rey de Valusia que, como sabes, foi o primeiro persoanxe creado polo autor antes de darlle vida a Conan.
Actualmente Planet ten publicados 13 baixo o epígrafe "Conan la Leyenda" nos que se recollen as aventuras de Conan, incluindo este número 0, que recolle diversos números soltos (lembrade que os números se publican primeiro no formato grapa e despois son recollidos en TPB que recolle arredor de 6 grapas por tomos)
Toda esta serie contén unha introducción na que, moitos anos despois da época de Conan, un príncipe herdeiro dun gran reino e o seu séquito descubren a tumba do guerreiro cimmerio, xunto coas chamadas Crónicas Nemedias e o príncipe lle pide ao seu visir que lle de a coñecer a historia deste rei Bárbaro.
Sabed , ¡Oh príncipe!, que
entre los años en que los océanos anegaron Atlantis y las resplandecientes
ciudades, y los de la ascensión de los hijos de Aryas, hubo una edad no soñada
en la que reinos luminosos ocuparon la Tierra como el manto azul bajo las estrellas… Pero el
reino más orgulloso del mundo era Aquilonia, que reinaba supremo en el dormido
occidente. Y allí llego Conan el Cimmerio, de negros cabellos, mirada huraña,
espada en mano...
Conan La Leyenda 0: Nacido en el campo de batalla.
Neste caso, o guinista, Kurt Busiek preséntanos a Conan, que nace durante unha batalla en Cimmeria, unha terra áspera, fría, inhóspita, na que o seu pobo, unha tribu cimmeria, debe loitar pola súa supervivencia. Aquí Conan debe integrarse cos demais nenos da súa tribo, participar dos seus xogos, ás veces cruéis, gañar a súa amizade e o seu respeto. istiremos a como o adolescente Conan descubre amargamente que non é un rapaz como os demais, as envexas e as loitas de poder entre os demais rapaces. Veremos como se convirte pouco a pouco nun home, loitar contra bestas e feras, fantasmas e maxia, e como un desgraciado feito o vai apartar da súa xente e convertilo definitivamente nun ser distinto. Asistiremos á mítica batalla de Venarium, na que a súa tribo deberá loitar por non ser invadida e seguir existindo e veremos como Conan recolle o testemuño do seu avó na procura de aventuras.
Estamos ante unha historia de presentacion dun personaxe coñecido que recolle perfectamente figura do futuro Conan pero cun carácter humanizador, lonxe do heroe case invencible no que se convertirá no seu futuro; vemos a un neno que ansía medrar, un adolescente que ten dúbidas, que desexa encaixar e ser apreciado, un xoven que desexa ser respetado e aceptado polos guerreiros, nunha obra na que non falta a acción, loitas, batallas, fanstasmas, feras salvaxes, o descubrimento do amor, da dor que supón medrar e perder aos seres queridos, das dificultades e a responsabilidade que conleva ser un guerreiro, das ansias de coñecemento e de descubrir cousas novas que van provocar o abandono de todo aquelo coñecido, da vida cotiá e familair para adentrarse no descoñecido mundo da era Hiboria.
Conan La Leyenda 1: La Hija del gigante helado
Un Conan prácticamente adolescente comenza o seu camiño, unha vez abandonada a súa Cimmeria natal polas xeadas terras do norte, onde deberá axudar e facerse respetar polos guerreiros aesires na súa loita contra os invasores vanires, e se verá inmerso no rescate dunha princesa, nunha lota contra criaturas monstruosoas e a mistteriosa criatura que da nome ao relato. Posteriormete Conan chegará á mítica Hiperbórea, pero o fará como escravo despois de ser traizoado por algúns guerreiros aesires. Alí, axudado por Iasmini, loitará por fuxir para tomar cumprida venganza contra os traidores.
Aventura pura e dura. Batallas, loitas, monstros, bruxería, míticas cidades cheas de riquzas e perigos, e paixón, amor, envexas, traizóns... Pero e que é posible pedir algo máis?
Dirixido a os que queirades unha historia de acción pura e dura. Ler por puro pracer, para divertirse, desconectar. Disfrutar dunha historia entretida e ben contada. Para os que queren pasar páxinas e desexan saber máis e non queren deixar de facelo nunca.
Se te gustou, lembra que Conan La leyenda consta de 13 tomos, como xa dixemos (preme aquí para velos todos), ademais de Conan Rey, la ciudadela escarlata (Tamén de Thomas Truman e Tomás Giorello), que pode servir decntinuación. Se queres coñecer a outro personaxe de Robert E. Howard adaptado ao cómic e moi próximos a Conan, dalle unha oportunidade á saga de Red Sonja e a Kull, rey de Valusia que, como sabes, foi o primeiro persoanxe creado polo autor antes de darlle vida a Conan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario