Quedas advertido dende o comezo: hoxe traémoste unha novela brutal (non te deixes levar pola portada, aparentemente, insulsa)
Poñémoste
en situación: unha paisaxe xeada e inhóspita dunha illa deserta en Alaska. Dous personaxes; un pai e o seu fillo
adolescente co que non ten moito trato desde que se divorciou da súa nai. Un
xiro atroz no argumento que nos fará estremecer porque é difícil saber que é o
que todavía pode ocorrer despois dun feito como ese.
Unha illa salvaxe no sur de Alaska, á
que unicamente se pode acceder en barco ou hidroavión, repleta de frondosos bosques húmidos e montañas escarpadas. Este é o inhóspitodecorado que Jim escolleu
para fortalecer as súas relacións co seu fillo Roy, a quen apenas coñece. Doce
meses por diante, vivindo nunha cabana apartada de todo e de todos, na que contan cunhas poucas provisións de
comida, o resto deben procurala eles, unha barca –que non van poder utilizar no
inverno nin podería levalos a ningures xa que ao seu redor non hai ninguén-, e
unha radio, colaborando ombro con ombro: parece una oportunidade inmellorable para
estreitar lazos e recuperar o tempo perdido.
Pero a situación, pouco a pouco, vólvese
máis tensa, claustrofóbica, asfixiante... As difíciles condicións de
superviviencia e a terrible situación emocional na que se atopan pai e fillo
acabarán dando lugar a un pesadelo.
O autor da novela, que, por certo, ten unha
tráxica historia persoal que, claramente, inspirou esta novela –pero que non é
a mesma que se desenvolve na súa obra, xa cho avisamos- trasládanos en pouco
máis de duascentas páxinas e cun estilo seco e conciso... Unha historia intensa e
desasosegante na que dous estraños tentan convivir nunha situación imposible.
Non te confundas, non hai pelexas nin
discusións, non hai un enfrontamento directo entre pai e fillo, máis ben atoparás
silencios, conversas intrascendentes, rutina... Pai e fillo pescan, recollen leña, prepáranse para a achegado do
inverno que practicamente lles impedirá saír da cabana. Sen embargo, nós
seguimos lendo de xeito case obsesivo porque sabemos que hai algo no ambiente
que...
Ata que ocorre un feito dramático que o
cambiará todo coma un estoupido que provocará que esa obsesión se convirta
nunha febre case morboso por saber cara onde nos levará ese xiro literalmente
estarrecedor (se non se move algo no teu interior nese momento, sen dúbida tes
nervos de aceiro e alma de pedra)
Dirixido aos que estedes dispostos a enfrontarvos
cunha historia que paseniñamente –semella que non ocorren moitas cousas- vaivos
deixar ao bordo dun abismo sen retorno.
Pese á súa aparente narración lixeira, atoparédesvos
cunha historia esixente, que vos vai demanda unha madurez na súa comprensión e
que, sen dúbida, permanecerá no voso interior durante moito tempo
Se che gustou, podes probar con Todos los hermosos caballos (de Cormac McCarthy) se queres continuar con David Vann, atrévete con Caribou Island ou El río de la vida (de Norman Maclean)
No hay comentarios:
Publicar un comentario