No ano 2070 os seres humanos están en guerra contra unha raza extraterrestre: os Insectores (non é moi difícil chegar á conclusión de por qué teñen este nome). Despois de fracasar nas súas primeiras invasións, estabécese unha alianza mundial para enfrentarse a esta ameaza –agárdase por unha nova invasión e a súa conseguinte guerra 60 anos despois da anterior- para o cal se crea a Flota Internacional, cuxos futuros integrantes son adestrados na Escola de Batalla, un internado onde son educados militarmente nas tácticas de guerra.
Ender Wiggin, un simple neno de seis anos, preséntase como a gran esperanza dos humanos para liderar as tropas fronte aos insectores, despois de que os seus dous irmáns fosen descartados, razón para a cal se permitiu o seu nacemento –está prohibido ter máis de dous fillos-; por esa razón será reclutado para incorporarse á Escola onde será adestrado de forma cruel, incluso sádica, e onde deberá aprender a sobrevivir enfrontándose ças difíciles probas de adestramento que o porán en contra de moitos dos seus compañeiros e lle farán sentir a dor da soedade, incomprensión e o medo que calquera nen pode sentir día a día.
El juego de Ender é unha mestura entre unha distopía clásica –a Terra está gobernada pola chamada Hexemonía que, xa podedes imaxinar que dista bastante dun goberno democrátcio-, unha novela de aprendizaxe, unha novela de internados/colexios baseada pola formación militar, e, sobre todo, ciencia ficción pura e dura narrada de xeito enormemente sinxelo e directo, protagonizada por un personaxe co que resulta doado empatizar ao que acompañamos no seu intenso proxecto de crecemento e maduración ata que chega á súa proba definitiva –o seu destino- nun mundo onde todos pretenden utilizalo a el e ao seu nome sen compaixón para os asuntos máis diversos.
Ender representa ao Mesías destinado a comandar as tropas terrestres fronte ao inimigo alieníxena, escollido alí onde os seus irmáns fallaron, e é súbitamente separado dos seus para iniciarse nun mundo de nenos que xogan a ser adultos e se comportan de xeito terrible porque soamente os máis fortes poden sobrevivir... e Ender sobrevive.
A maior parte da historia ten lugar na Escola de Batalla, pero a acción non decae e a facilidade coa que a historia irá cubrindo tramos da formación de Ender te obrigará a pasar páxina tras páxina, de reto en reto ao que é sometido o protagonista porque de soportar e superar ese terrible periodo de formación dependerá o futuro da raza humana. Pero Orson Scott Card non presenta unicamente unha novela de acción, se así fose non estariamos a falar dun clásico moderno da narrativa de ciencia ficción, senon que a novela plantexa variados temas de carácter filosófico e político, sobre o control das masas, a liberdade, ou a perda da mesma debido a un perigo externo e incontrolable, a dignidade ante o terror, a forza da intilexencia e a humanidade nun mundo deshumanizado.
Acompañan a Ender distintos persoanxes secundarios de enorme calado que, probablemente quedarán nas vosa memoria, os seus irmáns –Peter, cruel e brutal, que nos sorprende ás veces co descontrol dos seus sentimentos fronte a Valentine, doce e tenra que loita por manter a súa personalidade nunha situación que apenas pode entender-, os compañeiros da Escola, que fan da crueldade unha loita pola supervivencia e dos que sobresaen aqueles que saben ver a terrible situacióná na que se ven obrigados a convivir, mención especial para Dink, e as dúas grandes figuras adultas da obra, o coronel Hyrum Graff e Mazer Rackhan, unha lenda que capitaneou, e derrotou, ás tropas terrestres na última invasión dos insectores.
A novela foi escrita fai trinta anos, polo que, a situación política fai referencia á “Guerra fría”; constantes tensións entre o Pacto de Varsovia e unha Liga que acollería aos países occidentais liderados polos americanos (en referencia á OTAN), e atoparedes extraordinarias coincidencias entre o que o autor anticipou e a evolución científico-técnica real: as consolas coas que estudan e xogan os cadetes, a rede en cuxos foros fan públicas as súas opinións os irmáns de Ender...
Non lle dedes máis voltas. Animádevos e botarlle unha ollada, paga a pena facelo.
Despois de moito tempo falando desta posibilidade , finalmente no vindeiro mes de novembro estrearase a esperadísima versión cionematográfica desta novela, da que vos deixamos o trailer e unhas fotos (e sí, a sombra de Harry Potter é longa... como poderedes comprobar nas imaxes, nembargantes, lembrade que a obra de Orson Scott Card é do ano 1985)
Dirixido a aqueles que busquen un pouco de todo nunha novela; acción, aventuras, formación, intigas políticas, guerra contra alieníxenas, traizóns, filosofía... El juego de Ender é unha novela amena, intensa, que te gustará incluso se non es aficionado/a á ciencia ficción, xa que se ben aparecen naves ou artiluxios futuristas, incluso os extraterrestres -aquí inimigos invasores quedan relativamente en segundo plano- Que máis queres? Incluso se te da algo de preguiza lanzarte a por ela, nin sequera é unha novela longa.
Se te gustou, e queres continuar coa ciencia ficción, podes probar con Crónicas Marcianas (de Ray Bradbury), Robocalipsis (de Daniel Wilson) ou Bóvedas de acero (de Isaac Asimov)
No hay comentarios:
Publicar un comentario