Probablemente
coñezas ao personaxe de Conan debido ao cine, así que según a túa idade e/ou
intereses, Conan pode ser...
ou
Tamén é posible que
teñas esta imaxe de Conan procedente tanto dos comics clásicos como das
ilustracións que acompañaban aos seus relatos, así que a súa imaxe podería ser máis ou menos así
Porque sí, Conan o
Bárbaro é un personaxe que naceu nos relatos e novelas de Robert E. Howard, que
con Conan (creado no ano 1932), e o seu precedente, o atlante rey Kull de
Valusia, estableceu a base para as historias de fantasía, a chamada espada e brujería,
nunca obra que supón un festín absoluta da narración pulp (de feito Conan
apareceu na revista Weird Tales) pero con algo máis que fai que autor,
personaxe e a súa obra quedasen fixadas na memoria de calquera lector/a
disposto a pasar un momento de placer absoluto. Conan é pura evasión , que
mellor carta de presentación para unha obra: a promesa de disfrutar.
Robert E Howard
sitúa as aventuras de Conan na ficticia Idade Hiboria,situada nun remoto e
hipotético pasado das actuais civilizacións que comenza co afundimento de
Atlantis. Nesta época coñeceremos Aquilonia ( o máis poderoso de todos),
Cimmeria (de onde procede Conan), Hiperborea, Asgard, Nemedia, as cidades de
Zamora, Ofir, Corinthia… Nun mundo que non está creado ao azar senon que Howard
traballou con enorme coidado para poder dar unha explicación (pausible, pero
claramente fantástica) á morfoloxía do mundo actual.
Pero non pretendemos aquí presentar ao personaxe de Conan, tedes información de abondo na rede e hai distintas publicacións sobre o tema. O primeiro que queremos recomendarvos son os relatos de Robert E. Howard, aos que podedes acceder en distintas edicións en castelán, pero e tamén en galego, onde está editado por Urco.
Dirixido a aqueles que queran coñecer as orixes do xénero de espada e bruxería, os que busquen aventura salvaxe sen pretensións, adentrarse na historia dunha personaxe clásica.
Se che gustou proba con: Se queres máis Conan, non debes deixar escapar as súas múltiples adaptacións ao Comic, tanto as máis clásicas como a última que está editando Planeta de Agostini e da que falaremos próximamente. Se queres máis historias de fantasía, bótalle unha ollada a Juego de tronos (de George R.R. Martin), La voz de las espadas (de Joe Abercrombie) ou El último deseo (de Andrzej Sapkowski).
No hay comentarios:
Publicar un comentario