Cansado da lei
de Ohm? Farto da estatística? Aburrido do número de Avogadro? A entropía sóate
a entronque, as globulinas a globos pequenos? Se isto é así, entón non hai
dúbida, precisas dunha dose de Ciencia sen as partes aburridas.
Esta cronoloxía
de curiosidades científicas comprende multitude de teorías estrafalarias,
experimentos inverosímiles, profesores tolos, charlatáns cuestionables,
bromistas fedellos, expertos enganados, e unha serie inestimable de especulacións
absurdas e sen fundamento.
Le todo acerca
dos intentos dos soviéticos para crear un híbrido simio-humano... A convicción
de sir John Herschel do valor nutritivo das serraduras... A investigación de Darwin sobre a musicalidade das miñocas... O
distinguido médico inglés que se inxectou testículos de cobaias... O home que
temía que a enerxía das mareas podería atraer á Lúa perigosamente ata a
Terra... O experimento que afirmaba demostrar que a alma pesa exactamente 21 gramos .
Éstes son algúns
dos abraiantes relatos que atoparás entre as páxinas de Historia de la ciencia sin los trozos aburridos,
desde os máis sublimes ata os absolutamente ridículos, con especial énfase
nestes últimos.
Nesta obra farás un percorrido por un inesgotable número de
anécdotas desde a Antiguidade ata ao día de hoxe, no que poderás descubrir a
outra faceta da ciencia, a parte que non se amosa, a que está máis perto dos
fracasos, dos despistes ou erros dos grandes xenios, da idea peregrina que non
podemos entender como é posible que a alguén se lle ocorrese facer algo semellante.
Deixámoste aquí cunha serie de exemplos que poderás atopar e disfrutar nesta divertida obra:
Sabías que o
inventor do estetoscopio tiñ vergoña para atreverse a achegar a súa orella ao peito
dunha muller?
Que descubriu Arquímedes para saír espido polas rúas de Siracusa
berrando¡Eureka!?
Sabías que unha serventa de Isaac Newton atopouno diante
da cociña fitando un ovo que tiña nas mans mentres o seu reloxio fervía na
perola?
Que pretendía Sanctorio de Padua á hora de pesar os seus propios excrementos?
Qué podía estar a probar o doutor Hildebrant cando lle
pediu a un colega que lle queimase as pernas, lle acoitelase o muslo, premese os seus testículos ou lle brease nas canelas cun martelo?
Qué teñen que
ver uns patiños de goma –ou, para ser exactos, algúns millóns- coas correntes
oceánicas?
Non o dubides máis. Estas e outras
historias son as que poderás atopar nesta entretida obra que provocará en ti o
irreprimible desexo de ir espallando as distintas anécdotas vaias onde vaias.
Dirixido a aqueles/as que queiran pasar un rato moi divertido, e de paso aprender algo. Se
es un apaixonado das ciencias disfrutarás como un anano, se as ciencias nin fu
nin fa… de seguro que botarás unhas risas
Se te gustou podes probar con Aristóteles, Leonardo, Einstein & Cía. (de
Ernest Peter Fisher), La sonrisa de Pitágoras (de Lamberto García del Cid) ou De Arquímedesa Einstein (Los 10 experimentos más bellos de la física) (de Manuel Lozano Leyva)
Ficha:
Título: Historia de la ciencia sin los trozos aburridos
Autor: Ian Crofton
Editorial: Ariel.
Ficha:
Título: Historia de la ciencia sin los trozos aburridos
Autor: Ian Crofton
Editorial: Ariel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario