Mostrando entradas con la etiqueta divulgación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta divulgación. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2013

Frases de Fútbol (Miguel Gutiérrez)





Dicir que o fútbol son 22 mercenarios dándolle patadas a un balón é o mesmo que dicir que un violín é madeira e tripa e Hamlet, papel e tinta.
                                         J.B. Priestley (escritor)


Todos sabemos que, según Bill Shankly, “o fútbol non é cuestión de vida ou morte, senon algo moito máis importante”. Sen embargo, sabemos también por que o mítico adestrador do Liverpool se puxo tan trascendental? En que pensaba Valdano cando falou por primeira vez do “medo escénico”? Realmente cría Helenio Herrera que se xoga mellor con dez que con once? Onde está a orixen do enfrontamento entre Bilardo y Menotti? Que quixo dicir Maradona con “a pelota non se lixa”?

Este libro no é unha simple colleita de citas futbolísticas, senon un puñado de historias coa palabra como eixo. 


Coñecerás a George Best, a Brian Clough, os Busby Babes , Johan Cruyff... Saberás de onde procede o catenaccio, o fútbol total, a dicotomía Bilardo-Menotti, a famoso dito de "gañar sen baixar do autobús" porque José Mourinho é o "special one".... As frases máis contundentes, inxeniosas, ácedas ou hilarantes e incluso sonroxantes coas que, iso podemos asegurarcho, pasarás un rato máis que divertido.

Deixámoste aquí algunhas destas frases que xa pertencen á historia do fútbol:

!Así que este es ti, eh?, Xoguei tres veces contra ti e todo o que vira foi o teu cu". (Grahan Williams a George Best durante un partido)


George Best, "o quinto Beatle"


"En 1969 deixei as mulleres e a bebida, pero foron os peores 20 minutros da miña vida".(George Best)

"Se tes o balón, non fai falla defender porque só hai un balón". (Johan Cruyff)


Johan Cruyyf


"Se estás na area e non sabes que facer co balón, méteo na portería e despois xa discutiremos as opcións". (Bill Shankly, mítico adestrador do Liverpool)

"Non me gustaron as entradas que lles fixemos. Magoámoslles pero érguense". (Jimmy Murphy, seleccionador do País de Gales)


"Se me preguntan de que sirve xogar ben, eu preguntareilles de que sirve ser feliz". (Ángel Cappa, adestrador arxentino)


"Páganme por gañar, a beleza está no resultado". (Javier Clemente, adestrador)


"O traballo de adestrador é o único do mundo no que todos saben máis cá ti. Eu nunca lle diría a un fontaneiro, un avogado ou un xornalista como facer o seu traballo, pero o sábados todos eles saben máis cá min". (Joe Royle, adestrador)


"Preguntádelle a un dianteiro cal é o seu gol preferido. Todos responderán o mesmo: o vindeiro" (Ian Rush, dianteiro do Liverpool)


"Dime con que mediocentro andas e direite que equipo es" (Juanma Lillo, adestrador)


"Se Mourinho fose chocolate, lamberíase a sí mesmo" (Tommy Docherty, xornalista británico)



Con esta recomendación pretendemos deitar varios tópicos; o primeiro é que podemos leer sobre fútbol, aprender, disfrutar dunha obra escrita cun estilo sinxelo e coidado, preciso e documentado. Por outro lado, neste libro hai moito máis que Real Madrid, Barcelona e Champions, non é unha obra para a polémica e as discusións senon para emocionarse e descubrir aos grandes xenios do balón e dos banquiños, sorprendernos con historias marabillosas e incribles anécdotas.

Sí se pode ler sobre fútbol, sí o podemos facer nun centro educativo, sí se pode escribir sen mesura, con afán didáctico e sí deberiamos falar con propiedade e mesura sobre algo que, como dixo Kevin Keegan, é imposible de reemplazar porque non hai nada.


O Autor: Miguel Gutiérrez é actualmente redactor do diario dixital Sportyou.es. Deuse a coñecer cun magnífico blogue ”la libreta de Van Gaal” agora reconvertida en páxina web: http://www.lalibretadevangaal.com/ na que, facendo uso do sentido común, deixaba en evidencia as vergoñas dos medios de comunicación deportivos e dos xornalistas que, deixando a un lado a súa labor como informadores, se comportaban... imos deixalo en “de xeito inapropiado”.


Dirixido a todos aqueles que desexen coñecer aos grandes personaxes do fútbol moderno a partires as súas palabras e os seus actos. As grandes personalidades, os súas xestas -tamén as súas vergoñas- nunha obra amena, agradable que, sen dúbida, vai deixarvos con ganas de moito máis.


Se che gustou -e se te gusta o fútbol vaite gustar seguro-, podes probar con Palabra de entrenador (de Orfeo Suárez), Héroes de nuestro tiempo (de Santiago Segurola) ou o máis clásico El fútbol a sol y a sombra de Eduardo Galeano.





Non podemos rematar esta reseña sen remitirvos a unha interesante película, baseada nun libro do mesmo título, "The Damned United", nos que a partires da súa fichaxe polo Leeds United -o equipo máis importante de Inglaterra na época e o seu grande rival- se conta o inicio da incrible e espectacular carreira como adestrador de Brian Clough, bicampeón de Europa co Nottinghan Forest -equipo ao que colleu en segunda división, ascendeu e fixo campeón de todo- nos anos 1979 e 1980.




Ficha:
Título: Frases de fútbol
Autor: Miguel Gutiérrez
Editorial: Córner

lunes, 13 de mayo de 2013

Historia de la ciencia sin los trozos aburridos (Ian Crofton)




Cansado da lei de Ohm? Farto da estatística? Aburrido do número de Avogadro? A entropía sóate a entronque, as globulinas a globos pequenos? Se isto é así, entón non hai dúbida, precisas dunha dose de Ciencia sen as partes aburridas.

Esta cronoloxía de curiosidades científicas comprende multitude de teorías estrafalarias, experimentos inverosímiles, profesores tolos, charlatáns cuestionables, bromistas fedellos, expertos enganados, e unha serie inestimable de especulacións absurdas e sen fundamento.

Le todo acerca dos intentos dos soviéticos para crear un híbrido simio-humano... A convicción de sir John Herschel do valor nutritivo das serraduras... A investigación de Darwin sobre a musicalidade das miñocas... O distinguido médico inglés que se inxectou testículos de cobaias... O home que temía que a enerxía das mareas podería atraer á Lúa perigosamente  ata a Terra... O experimento que afirmaba demostrar que a alma pesa exactamente 21 gramos.

Éstes son algúns dos abraiantes relatos que atoparás entre as páxinas de Historia de la ciencia sin los trozos aburridos, desde os máis sublimes ata os absolutamente ridículos, con especial énfase nestes últimos.


Nesta obra farás un percorrido por un inesgotable número de anécdotas desde a Antiguidade ata ao día de hoxe, no que poderás descubrir a outra faceta da ciencia, a parte que non se amosa, a que está máis perto dos fracasos, dos despistes ou erros dos grandes xenios, da idea peregrina que non podemos entender como é posible que a alguén  se lle ocorrese facer algo semellante.

Deixámoste aquí cunha serie de exemplos que poderás atopar e disfrutar nesta divertida obra:

Sabías que o inventor do estetoscopio tiñ vergoña para atreverse a achegar a súa orella ao peito dunha muller?

Que descubriu Arquímedes para saír espido polas rúas de Siracusa berrando¡Eureka!?



Sabías que unha serventa de Isaac Newton atopouno diante da cociña fitando un ovo que tiña nas mans mentres o seu reloxio fervía na perola?




Que pretendía Sanctorio de Padua á hora de pesar os seus propios excrementos?

Qué podía estar a probar o doutor Hildebrant cando lle pediu a un colega que lle queimase as pernas, lle acoitelase o muslo, premese os seus testículos ou lle brease nas canelas cun martelo?

Qué teñen que ver uns patiños de goma –ou, para ser exactos, algúns millóns- coas correntes oceánicas?


Non o dubides máis. Estas e outras historias son as que poderás atopar nesta entretida obra que provocará en ti o irreprimible desexo de ir espallando as distintas anécdotas vaias onde vaias.

Dirixido a aqueles/as que queiran pasar un rato moi divertido, e de paso aprender algo. Se es un apaixonado das ciencias disfrutarás como un anano, se as ciencias nin fu nin fa… de seguro que botarás unhas risas

Se te gustou podes probar con Aristóteles, Leonardo, Einstein & Cía. (de Ernest Peter Fisher), La sonrisa de Pitágoras (de Lamberto García del Cid) ou De Arquímedesa Einstein (Los 10 experimentos más bellos de la física) (de Manuel Lozano Leyva)



Ficha:
Título: Historia de la ciencia sin los trozos aburridos 
Autor: Ian Crofton
Editorial: Ariel.