Un venres máis, o noso cociñeiro da Poesía ofrece para os seus clientes un novo menú-poesía de Pilar Pallarés. Cada vez somos máis os que saboreamos a lírica.
Ameite tanto esta tarde,
cando non estabas
e estaba no ceo como un
atlas de ausencia,
esvarando nas horas.
Que estrano é todo isto,
este amor que se agolpa
e verte a súa furia por acima de unha,
sen piedade.
Non sei porque estes días en que te amo tanto
é tan fundo e tan duro e tan tristerio
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.
Esta tarde ameite como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.
Non sei que estranas aves aniñaron en min
para que así te ame,
Non sei que tortas roitas ou mans confabuladas
me trouxeron a tí
no sei por que camiños
navegou o meu sangue para chegar a tí
Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos seus sucos
so sei que aquí me tés, a tí ofrecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre mín.
Non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza
puido facerme tanto dano.
Esta tarde ameite como nunca antes.
Pilar Pallarés naceu en Culleredo, o 29 de abril de 1957. Comezou a escribir en Vigo durante a súa adolescencia. Viviu en Compostela, Pontedeume e Lisboa. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas (Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa de palabra silenciada). Tras a publicación do seu primerio libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente recibiría o Premio Esquío de poesía (1983) e publicaría as obras Sétima soidade 1984, e Livro das devoracións (1996). Ademáis, ten colaborado en varias revists con estudos de crítica literaria. Actualmente é profesora de Lingua Galega no IES Ramón Méndez Pidal da Coruña.
l
No hay comentarios:
Publicar un comentario