Mostrando entradas con la etiqueta Novela xuvenil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novela xuvenil. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de diciembre de 2015

PASAPALABRA LITERARIO


@s alumn@s que leron; Unha branca de cobre para Martiño, participaron nun entretido Pasapalabra baseado en termos relacionados co descubrimento de América.
Neste vídeo unha pequena mostra:






Dende aquí un forte aplauso!!!!



jueves, 10 de diciembre de 2015

TODOS LOS DETECTIVES SE LLAMAN FLANAGAN


O xoven detective involúcranos nun novo misterio. 

O noso amigo ten que descubrir como e por que desapareceu o irmán da súa mellor amiga, Carmen.
Resolverá o caso desta volta?


Intentaremos descubrilo!!













viernes, 20 de noviembre de 2015

ESTAMOS DE VOLTA!

Ola moz@s!
Benvidos un ano máis ao Club, o comezo fíxose esperar pero xa estamos de volta!

Botádelle un ollo ás lecturas propostas...

NOVELA ROMÁNTICA

Un grito de amor desde el centro del mundo de Kyoichi Katayama



Eleanor & Park de Rainbow Rowell



NOVELA HISTÓRICA

Unha branca de cobre para Martiño de Ramón Carredano Cobas





NOVELA DE AVENTURAS

Capitán Araña de Rafael Lema Mouzo



NOVELA DE MISTERIO E SUSPENSE

Todos los detectives se llaman Flanagan de Martin Andreu



A praia dos afogados de Domingo Vilar




Boa viaxe!!

jueves, 4 de diciembre de 2014

PELÍCULA; SI OU NON?

Despois de finalizar a lectura de "Bajo la Misma Estrella", estivemos debatendo a posibilidade de facer unha sesión de cinema dentro do Club para ver o filme baseado na novela. 

Aquí estamos, tentando poñernos dacordo...




lunes, 6 de octubre de 2014

BAJO LA MISMA ESTRELLA (4º ESO)

Presentámosvos a novela escollida para 4º da ESO:


Unha novela sobre a vida e a morte... 
Rirás, chorarás e quedaraste con gañas de máis.

E... do libro á película:




Agardamos as vosas opinións dentro do blogue!


LA LEYENDA DEL CID CAMPEADOR (3º ESO)


Así é o Cid Campeador...

Pola España do século XI, cabalga un cabaleiro de xesto serio que esperta admiración en todas partes. 

Chámanlle o Cid Campeador. O Cid é un heroe cargado de virtudes: astuto e mesurado, xeneroso na vitoria, sempre leal aos seus e fiel aos seus ideais.


Dende a adolescencia, leva a cabo un sinfín de fazañas: enfróntase sen temor aos inimigos máis poderos, vence a feros exércitos de miles de soldados, conquista vilas e cidades por decenas, e planta cara ao mismísimo rei para defender o que é inxusto. Desa maneira, deixa de ser un simple cabaleiro e convértese en algo máis: o Cid é un heroe, un mito vivo, unha auténtica lenda.



Atréveste con este libro? 

DRAGAL (1º E 2º ESO)

Unha obra que cautiva aos e ás adolescentes!

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida...



Picando na imaxe poderás acceder ao primeiro capítulo. 

OLGA E O DINOSAURIO (ACI)

Un libro moi divertido! Imos aló!
Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, habías asustarte seguro. 

Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descobrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente.

sábado, 1 de marzo de 2014

Reunións do Club de Lectura - 3º de ESO

Os alumnos de 3º de ESO están a ler o libro "Donde los árboles cantan" de Laura Gallego. Esta novela xa a leron no club os de 1º e 2º de ESO. Estes alumnos falaron tan ben do libro que os de 3º quixeron lelo. Encántalles a novela. Laura Gallego sabe cómo enganchar aos adolescentes.

A continuación inclúo unhas fotos da última reunión.


jueves, 16 de enero de 2014

Os Megatoxos e o aprendiz de Druida

Os alumnos de 1º e 2º da ESO lerán neste trimestre o libro "os Megatoxos e o aprendiz de Druida" de Anxo Fariña, o primeiro libro dunha colección de moito éxito entre o público adolescente.

Nesta obra, os rapaces protagonistas vivirán unha aventura alucinante, unha viaxe no tempo na procura de respostas na época dos celtas.

Esperamos que os alumnos disfruten con este libro e continúen lendo os demais libros da colección.

Esta é a ligazón para que poidades acceder ao blog dos Megatoxos e facer comentarios aos que responderá Anxo Fariña. Clicade aquí.

Os alumnos de 3º de ESO lerán o libro "Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, que xa leron os alumnos de 1º ciclo no trimestre pasado. Debido ao éxito que tivo este libro entre os pequenos, os de 3º de ESO queren lelo, e, aproveitando que temos exemplares suficientes, satisfaremos a petición.

miércoles, 22 de mayo de 2013

El juego de Ender (Orson Scott Card)




No ano 2070 os seres humanos están en guerra contra unha raza extraterrestre: os Insectores (non é moi difícil chegar á conclusión de por qué teñen este nome). Despois de fracasar nas súas primeiras invasións, estabécese unha alianza mundial para enfrentarse a esta ameaza –agárdase por unha nova invasión e a súa conseguinte guerra 60 anos despois da anterior- para o cal se crea a Flota Internacional, cuxos futuros integrantes son adestrados na Escola de Batalla, un internado onde son educados militarmente nas tácticas de guerra.



Ender Wiggin, un simple neno de seis anos, preséntase como a gran esperanza dos humanos para liderar as tropas fronte aos insectores, despois de que os seus dous irmáns fosen descartados, razón para a cal se permitiu o seu nacemento –está prohibido ter máis de dous fillos-; por esa razón será reclutado para incorporarse á Escola onde será adestrado de forma cruel, incluso sádica, e onde deberá aprender a sobrevivir enfrontándose ças difíciles probas de adestramento que o porán en contra de moitos dos seus compañeiros e lle farán sentir a dor da soedade, incomprensión e o medo que calquera nen pode sentir día a día.


El juego de Ender é unha mestura entre unha distopía clásica –a Terra está gobernada pola chamada Hexemonía que, xa podedes imaxinar que dista bastante dun goberno democrátcio-, unha novela de aprendizaxe, unha novela de internados/colexios baseada pola formación militar, e, sobre todo, ciencia ficción pura e dura narrada de xeito enormemente sinxelo e directo, protagonizada por un personaxe co que resulta doado empatizar ao que acompañamos no seu intenso proxecto de crecemento e maduración ata que chega á súa proba definitiva –o seu destino- nun mundo onde todos pretenden utilizalo a el e ao seu nome sen compaixón para os asuntos máis diversos.


Ender representa ao Mesías destinado a comandar as tropas terrestres fronte ao inimigo alieníxena, escollido alí onde os seus irmáns fallaron, e é súbitamente separado dos seus para iniciarse nun mundo de nenos que xogan a ser adultos e se comportan de xeito terrible porque soamente os máis fortes  poden sobrevivir... e Ender sobrevive.

A maior parte da historia ten lugar na Escola de Batalla, pero a acción non decae e a facilidade coa que a historia irá cubrindo tramos da formación de Ender te obrigará a pasar páxina tras páxina, de reto en reto ao que é sometido o protagonista porque de soportar e superar ese terrible periodo de formación dependerá o futuro da raza humana. Pero Orson Scott Card non presenta unicamente unha novela de acción, se así fose non estariamos a falar dun clásico moderno da narrativa de ciencia ficción, senon que a novela plantexa variados temas de carácter filosófico e político, sobre o control das masas, a  liberdade, ou a perda da mesma debido a un perigo externo e incontrolable, a dignidade ante o terror, a forza da intilexencia e a humanidade nun mundo deshumanizado.




Acompañan a Ender distintos persoanxes secundarios de enorme calado que, probablemente quedarán nas vosa memoria, os seus irmáns –Peter, cruel e brutal, que nos sorprende ás veces co descontrol dos seus sentimentos fronte a Valentine, doce e tenra que loita por manter a súa personalidade nunha situación que apenas pode entender-, os compañeiros da Escola, que fan da crueldade unha loita pola supervivencia e dos que sobresaen aqueles que saben ver a terrible situacióná na que se ven obrigados a convivir, mención especial para Dink, e as dúas grandes figuras adultas da obra, o coronel Hyrum Graff e Mazer Rackhan, unha lenda que capitaneou, e derrotou, ás tropas terrestres na última invasión dos insectores.

A novela foi escrita fai trinta anos, polo que, a situación política fai referencia á “Guerra fría”; constantes tensións entre o Pacto de Varsovia e unha Liga que acollería aos países occidentais liderados polos americanos (en referencia á OTAN), e atoparedes extraordinarias coincidencias entre o que o autor anticipou e a evolución científico-técnica real: as consolas coas que estudan e xogan os cadetes, a rede en cuxos foros fan públicas as súas opinións os irmáns de Ender...

Non lle dedes máis voltas. Animádevos e botarlle unha ollada, paga a pena facelo.



Despois de moito tempo falando desta posibilidade , finalmente no vindeiro mes de novembro estrearase a esperadísima versión cionematográfica desta novela, da que vos deixamos o trailer e unhas fotos (e sí, a sombra de Harry Potter é longa... como poderedes comprobar nas imaxes, nembargantes, lembrade que a obra de Orson Scott Card é do ano 1985)







Dirixido a aqueles que busquen un pouco de todo nunha novela; acción, aventuras, formación, intigas políticas, guerra contra alieníxenas, traizóns, filosofía... El juego de Ender é unha novela amena, intensa, que te gustará incluso se non es aficionado/a á ciencia ficción, xa que se ben aparecen naves ou artiluxios futuristas, incluso os extraterrestres -aquí inimigos invasores quedan relativamente en segundo plano- Que máis queres?  Incluso se te da algo de preguiza lanzarte a por ela, nin sequera é unha novela longa.

Se te gustou, e queres continuar coa ciencia ficción, podes probar con Crónicas Marcianas (de Ray Bradbury), Robocalipsis (de Daniel Wilson) ou Bóvedas de acero (de Isaac Asimov)






  

martes, 7 de mayo de 2013

Bajo la misma estrella (John Green)



"Algúns infinitos son máis grandes que outros infinitos"


Hoxe traémosvos unha novela de tema moi duro para a que, xa vos advertimos de antemán, ides precisar dun (ou varios) paquetes de kleenex (avisados quedades). Por outra banda, e isto tamén podemos asegurárvolo, vaivos arrincar máis dun sorriso (incluso algunha gargallada) e xerar no voso interior unhas ganas enormes de disfrutar da vida e da xente que vos rodea.

Hazel acaba de cumprir 16 anos e ten cancro de pulmón. A pesar de que un tratamento conseguiu reducir o tumor de xeito case miragroso, a enfermidade está en fase terminal. O médicos no poden dicirlle canto tempo lle queda; así ela  debe aprender a vivir pegada a un tanque de osíxeno. Desde fai unhas semanas, Hazel acude a un grupo de apoio onde outros rapaces coma ela comparten a súas experiencias, pero...  que sentido ten falar con outras personas do que ninguén pode cambiar?
Sen embargo, a súa vida cambiará por completo cando coñece a Augustus (Gus) Waters...

Como pode cambiar unha soa persoa a historia doutra?

Hazel e Gus unicamente son adolescentes, pero se algo lles aprendeu o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentarse, porque, guste ou non, so existe o presente e cada minuto de cada día. Por iso mesmo, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel -coñecer ao seu escritor favorito-, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxio, tan catártica como desgarradora con destiño Amsterdam, onde reside o enigmático e malhumorado escritor; a única persoa que, quizais, poida axudalos a ordear as pezas da súa vida.

A obra foi lanzada como unha novela xuvenil, e certamente é un producto dirixido para vós; os personaxes teñen a vosa idade, teñen dúbidas, preguntas e reaccións como as que podedes ter calquera de vós, pero hai un aspecto, a enfermidade, a simple idea da morte, que lles cambia a vida por completo. Pero non estamos ante unha novela de enfermos, nin sobre a enfermidade, nin sequera de personaxes que se se despiden da vida do mellor xeito posible porque non queda outra, senon ante unha novela que se vive. Non hai compaixón, lamentos, non é unha novela lacrimóxena –e xa che dixemos que vas chorar- porque o autor sabe manter a narración fora do drama –que existe e é evidente- e crea uns personaxes que probablemente vaian quedar nas túas lembranzas –sobre todo as rapazas con Gus- durante algún tempo.

Bajo la misma estrella é unha novela narrada de forma sinxela, con diálogos áxiles e entrañables, romántica, vital, que unha vez a deixas provoca unhas ganas irreprimibles de saír e facer un feixe de cousas , disfrutar de todo e de calquera cousa.

Estoy enamorado de ti —me dijo en voz baja. 
—Augustus —dije yo. 
—Lo estoy. 

Me miraba fijamente, y yo veía cómo se le arrugaban las comisuras de los ojos. 
—Estoy enamorado de ti, y no me apetece privarme del sencillo placer de decir la verdad. Estoy enamorado de ti y sé que el amor es solo un grito en el vacío, que es inevitable el olvido, que estamos todos condenados y que llegará el día en que todos nuestros esfuerzos volverán al polvo. Y sé que el sol engullirá la única tierra que vamos a tener, y estoy enamorado de ti








Dirixido a aqueles dispostos a enfrentarse cunha historia dramática para aprender a disfrutar da vida, os que estedes dispostos a replantexarvos a vosa escala de valores, para aprender que debaixo da dor pode haber moito humor, que o amor sempre pode facernos as cousas máis doadas, que temos que aprender a disfrutar do que temos arredor e convertir a nosa vida nalgo especial cada día...  e, sí, repetímolo por derradeira vez, tedes que asumir que ides chorar, así que tamén tedes que estar dispostos/as a iso.

Se te gustou, dalle unha oportunidade a P.d. Te amo (de Cecelia Ahern), Las cenizas de Ángela (de Frank McCourt), Algún día este dolor te será útil (de Peter Cameron) ou El color púrpura (de Alice Walker).






lunes, 1 de abril de 2013

Las ventajas de ser un marginado (Stephen Chbosky)





Charlie ten 15 anos e quedou so tras o suicidio do su mellor amigo. Vive cos seus pais, a sua popular e guapa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a punto de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha gran capacidade intelectual. Tras coñecer a Sam e Patrick empeza a comprender o que é ser un adolescente, e comeza unha viaxe cara a madurez que lle levará a percorrer camiños novos e inesperados... Con eles descubre o que é convertirse nun xoven de verdad.



Dirixido a: Aqueles/as que busquen unha novela protagonizada por rapaces da súa idade máis alá dunha novela meramente xuvenil. unha novela con xente nova real e crible que non pretende exemplarizar nin amosar ideas preconcebidas ou ben pensantes.

Se te gustou, proba con Algún día este dolor te será útil (de Peter Cameron), Todo por una chica (de Nick Hornby) ou submarino (de Joe Dunthorne).


Como probablemente saibades, recentemente estreouse unha película baseada nesta obra, dirixida ademáis polo mesmo autor da novela, Stephen Chbosky.


E protagonizada por tres actores novos bastante coñecidos por algún de vós: Logan Lerman (protagonista de Percy Jackson), Ezra Miller, e a famosa actriz que interpreta a Hermione Granger na saga de "Harry Potter", Emma Watson.



Aquí, aquí e aquí deixámosvos algunhas opinións sobre a novela e, por último, podes botarlle unha ollada ao trailer da película un pouco máis abaixo.



e antes de marcharme aquí tedes unha pequena entrevista ao autor da novela e da película: Stephen Chbosky