"Algúns infinitos son máis grandes que outros infinitos"
Hoxe traémosvos unha novela de tema moi duro para a que, xa
vos advertimos de antemán, ides precisar dun (ou varios) paquetes de kleenex
(avisados quedades). Por outra banda, e isto tamén podemos asegurárvolo, vaivos
arrincar máis dun sorriso (incluso algunha gargallada) e xerar no voso interior
unhas ganas enormes de disfrutar da vida e da xente que vos rodea.
Hazel acaba de cumprir
16 anos e ten cancro de pulmón. A pesar de que un tratamento conseguiu reducir o
tumor de xeito case miragroso, a enfermidade está en fase terminal. O médicos
no poden dicirlle canto tempo lle queda; así ela debe aprender a vivir pegada a un tanque de osíxeno.
Desde fai unhas semanas, Hazel acude a un grupo de apoio onde outros rapaces
coma ela comparten a súas experiencias, pero... que sentido ten falar con outras personas do que ninguén pode cambiar?
Sen embargo, a súa
vida cambiará por completo cando coñece a Augustus (Gus) Waters...
Como pode cambiar unha
soa persoa a historia doutra?
Hazel e Gus unicamente son
adolescentes, pero se algo lles aprendeu o cancro que ambos padecen é que non
hai tempo para lamentarse, porque, guste ou non, so existe o presente e
cada minuto de cada día. Por iso mesmo, coa intención de facer realidade o maior
desexo de Hazel -coñecer ao seu escritor favorito-, cruzarán xuntos o Atlántico
para vivir unha aventura contrarreloxio, tan catártica como desgarradora con destiño
Amsterdam, onde reside o enigmático e malhumorado escritor; a única persoa
que, quizais, poida axudalos a ordear as pezas da súa vida.
A obra foi lanzada
como unha novela xuvenil, e certamente é un producto dirixido para vós; os
personaxes teñen a vosa idade, teñen dúbidas, preguntas e reaccións como as que
podedes ter calquera de vós, pero hai un aspecto, a enfermidade, a simple idea
da morte, que lles cambia a vida por completo. Pero non estamos ante unha
novela de enfermos, nin sobre a enfermidade, nin sequera de personaxes que se
se despiden da vida do mellor xeito posible porque non queda outra, senon ante
unha novela que se vive. Non hai compaixón, lamentos, non é unha novela lacrimóxena
–e xa che dixemos que vas chorar- porque o autor sabe manter a narración fora
do drama –que existe e é evidente- e crea uns personaxes que probablemente vaian
quedar nas túas lembranzas –sobre todo as rapazas con Gus- durante algún tempo.
Bajo la misma
estrella é unha novela narrada de forma sinxela, con diálogos áxiles e
entrañables, romántica, vital, que unha vez a deixas provoca unhas ganas irreprimibles
de saír e facer un feixe de cousas , disfrutar de todo e de calquera cousa.
Estoy enamorado de ti —me dijo en voz baja.
Estoy enamorado de ti —me dijo en voz baja.
—Augustus —dije yo.
—Lo estoy.
Me miraba fijamente, y yo veía cómo se le arrugaban las comisuras de los ojos.
—Estoy enamorado de ti, y no me apetece privarme del sencillo placer de decir la verdad. Estoy enamorado de ti y sé que el amor es solo un grito en el vacío, que es inevitable el olvido, que estamos todos condenados y que llegará el día en que todos nuestros esfuerzos volverán al polvo. Y sé que el sol engullirá la única tierra que vamos a tener, y estoy enamorado de ti
—Estoy enamorado de ti, y no me apetece privarme del sencillo placer de decir la verdad. Estoy enamorado de ti y sé que el amor es solo un grito en el vacío, que es inevitable el olvido, que estamos todos condenados y que llegará el día en que todos nuestros esfuerzos volverán al polvo. Y sé que el sol engullirá la única tierra que vamos a tener, y estoy enamorado de ti
Dirixido a aqueles dispostos a
enfrentarse cunha historia dramática para aprender a disfrutar da vida, os que
estedes dispostos a replantexarvos a vosa escala de valores, para aprender que
debaixo da dor pode haber moito humor, que o amor sempre pode facernos as
cousas máis doadas, que temos que aprender a disfrutar do que temos arredor e
convertir a nosa vida nalgo especial cada día... e, sí, repetímolo por derradeira vez, tedes
que asumir que ides chorar, así que tamén tedes que estar dispostos/as a iso.
Se te gustou, dalle unha oportunidade a P.d. Te amo (de Cecelia Ahern), Las cenizas de Ángela (de Frank McCourt), Algún día este dolor te será útil (de Peter Cameron) ou El color púrpura (de Alice Walker).



