sábado, 11 de mayo de 2013

Conan La leyenda (II. Cómic)

Despois da magnífica edición clásica de Conan levada  a cabo por Roy Thomas e Barry Windsor Smith que podedes atopar en calquera librería sen problemas a editorial americana Dark Horse fíxose cos dereitos do personaxe e decidiu relanzalo cunha nova adaptación das ´suas aventuras de xeito máis ou menos cronolóxico (porque Robert E. Howard non ordeou as súas historias, nin lles dotou dunha continuidade absoluta) levada a acabo por novos autores (empezou Kurt Busiek con Cary Nord no debuxo, e continuaron Tim Truman e Tomás Giorello) que se editaron en España baixo o título de Conan La Leyenda




Aproveitando a edición, xa fai uns meses, do número 0, no que se relata o nacimento e infancia de Conan, pensamos que estades no momento máis oportuno para, desde unha perspectivo actual adentrarvos na Era Hiboria (da que, temos que advertírvolo, nunca ides poder saír... Xamais)

Actualmente Planet ten publicados 13 baixo o epígrafe "Conan la Leyenda" nos que se recollen as aventuras de Conan, incluindo este número 0, que recolle diversos números soltos (lembrade que os números se publican primeiro no formato grapa e despois son recollidos en TPB que recolle arredor de 6 grapas por tomos)

Toda esta serie contén unha introducción na que, moitos anos despois da época de Conan, un príncipe herdeiro dun gran reino e o seu séquito descubren a tumba do guerreiro cimmerio, xunto coas chamadas Crónicas Nemedias e o príncipe lle pide ao seu visir que lle de a coñecer a historia deste rei Bárbaro.


Sabed , ¡Oh príncipe!, que entre los años en que los océanos anegaron Atlantis y las resplandecientes ciudades, y los de la ascensión de los hijos de Aryas, hubo una edad no soñada en la que reinos luminosos ocuparon la Tierra como el manto azul bajo las estrellas… Pero el reino más orgulloso del mundo era Aquilonia, que reinaba supremo en el dormido occidente. Y allí llego Conan el Cimmerio, de negros cabellos, mirada huraña, espada en mano...



Conan La Leyenda 0: Nacido en el campo de batalla.


Non é doado afrontar a infancia dun personaxe famoso sen caer nos tópicos, na haxiografía e en facer excesivo fincapé nas súas virtudes esquecendo que estmos ante un neno ou un adolescente en formación que tamén ten defectos e dúbidas.
Neste caso, o guinista, Kurt Busiek preséntanos a Conan, que nace durante unha batalla en Cimmeria, unha terra áspera, fría, inhóspita, na que o seu pobo, unha tribu cimmeria, debe loitar pola súa supervivencia. Aquí Conan debe integrarse cos demais nenos da súa tribo, participar dos seus xogos, ás veces cruéis, gañar a súa amizade e o seu respeto. istiremos a como o adolescente Conan descubre amargamente que non é un rapaz como os demais, as envexas e as loitas de poder entre os demais rapaces. Veremos como se convirte pouco a pouco nun home, loitar contra bestas e feras, fantasmas e maxia, e como un desgraciado feito o vai apartar da súa xente e convertilo definitivamente nun ser distinto. Asistiremos á mítica batalla de Venarium, na que a súa tribo deberá loitar por non ser invadida e seguir existindo e veremos como Conan recolle o testemuño do seu avó na procura de aventuras.



Estamos ante unha historia de presentacion dun personaxe coñecido que recolle perfectamente  figura do futuro Conan pero cun carácter humanizador, lonxe do heroe case invencible no que se convertirá no seu futuro; vemos a un neno que ansía medrar, un adolescente que ten dúbidas, que desexa encaixar e ser apreciado, un xoven que desexa ser respetado e aceptado polos guerreiros, nunha obra na que non falta a acción, loitas, batallas, fanstasmas, feras salvaxes, o descubrimento do amor, da dor que supón medrar e perder aos seres queridos, das dificultades e a responsabilidade que conleva ser un guerreiro, das ansias de coñecemento e de descubrir cousas novas que van provocar o abandono de todo aquelo coñecido, da vida cotiá e familair para adentrarse no descoñecido mundo da era Hiboria.


               Conan La Leyenda 1: La Hija del gigante helado



Un Conan prácticamente adolescente comenza o seu camiño, unha vez abandonada a súa Cimmeria natal  polas xeadas terras do norte, onde deberá axudar e facerse respetar polos guerreiros aesires na súa loita contra os invasores vanires, e se verá inmerso no rescate dunha princesa, nunha lota contra criaturas monstruosoas e a mistteriosa criatura que da nome ao relato. Posteriormete Conan chegará á mítica Hiperbórea, pero o fará como escravo despois de ser traizoado por algúns guerreiros aesires. Alí, axudado por Iasmini, loitará por fuxir para tomar cumprida venganza contra os traidores.



Aventura pura e dura. Batallas, loitas, monstros, bruxería, míticas cidades cheas de riquzas e perigos, e paixón, amor, envexas, traizóns... Pero e que é posible pedir algo máis?


Dirixido a os que queirades unha historia de acción pura e dura. Ler por puro pracer, para divertirse, desconectar. Disfrutar dunha historia entretida e ben contada. Para os que queren pasar páxinas e desexan saber máis e non queren deixar de facelo nunca.

Se te gustou, lembra que Conan La leyenda consta de 13 tomos, como xa dixemos (preme aquí para velos todos), ademais de Conan Rey, la ciudadela escarlata (Tamén de Thomas Truman e Tomás Giorello), que pode servir decntinuación. Se queres coñecer a outro personaxe de Robert E. Howard adaptado ao cómic e moi próximos a Conan, dalle unha oportunidade á saga de Red Sonja e a Kull, rey de Valusia que, como sabes, foi o primeiro persoanxe creado polo autor antes de darlle vida a Conan.




viernes, 10 de mayo de 2013

Video poema



No blog   Enredando versos atopamos este video-clip realizado polo colectivo de diseñadores gráficos francés H5. O orixinalísmo video narra o traxecto dun taxi pola cidade de Nova York, levando a unha embarazada e o seu marido cara un hospital. A cidade enteira, (os coches, os edificios, a xente, ...) é  representada, non pola forma ou color, senon pola palabra, polo nome que a define. 

A música pertence o hit  "The child" de Alex Gopher do album "You, My Baby & I" . Gopher sampleou (tomou como fondo partes dunha canción, repetindoa continuamente) de  "God Bless the Child"de Billy Holliday, dándolle toques  de french house. 




jueves, 9 de mayo de 2013

Conan o bárbaro (I: Obra narrativa)


Probablemente coñezas ao personaxe de Conan debido ao cine, así que según a túa idade e/ou intereses, Conan pode ser...

 ou



Tamén é posible que teñas esta imaxe de Conan procedente tanto dos comics clásicos como das ilustracións que acompañaban aos seus relatos, así que a súa imaxe podería ser máis ou menos así

Porque sí, Conan o Bárbaro é un personaxe que naceu nos relatos e novelas de Robert E. Howard, que con Conan (creado no ano 1932), e o seu precedente, o atlante rey Kull de Valusia, estableceu a base para as historias de fantasía, a chamada espada e brujería, nunca obra que supón un festín absoluta da narración pulp (de feito Conan apareceu na revista Weird Tales) pero con algo máis que fai que autor, personaxe e a súa obra quedasen fixadas na memoria de calquera lector/a disposto a pasar un momento de placer absoluto. Conan é pura evasión , que mellor carta de presentación para unha obra: a promesa de disfrutar.



Robert E Howard sitúa as aventuras de Conan na ficticia Idade Hiboria,situada nun remoto e hipotético pasado das actuais civilizacións que comenza co afundimento de Atlantis. Nesta época coñeceremos Aquilonia ( o máis poderoso de todos), Cimmeria (de onde procede Conan), Hiperborea, Asgard, Nemedia, as cidades de Zamora, Ofir, Corinthia… Nun mundo que non está creado ao azar senon que Howard traballou con enorme coidado para poder dar unha explicación (pausible, pero claramente fantástica) á morfoloxía do mundo actual.
Pero non pretendemos aquí presentar ao personaxe de Conan, tedes información de abondo na rede e hai distintas publicacións sobre o tema. O primeiro que queremos recomendarvos son os relatos de Robert E. Howard, aos que podedes acceder en distintas edicións en castelán, pero e tamén en galego, onde está editado por Urco.







Dirixido a aqueles que queran coñecer as orixes do xénero de espada e bruxería, os que busquen aventura salvaxe sen pretensións, adentrarse na historia dunha personaxe clásica.
Se che gustou proba con: Se queres máis Conan, non debes deixar escapar as súas múltiples adaptacións ao Comic, tanto as máis clásicas como a última que está editando Planeta de Agostini e da que falaremos próximamente. Se queres máis historias de fantasía, bótalle unha ollada a Juego de tronos (de George R.R. Martin), La voz de las espadas (de Joe Abercrombie) ou El último deseo (de Andrzej Sapkowski).


martes, 7 de mayo de 2013

Bajo la misma estrella (John Green)



"Algúns infinitos son máis grandes que outros infinitos"


Hoxe traémosvos unha novela de tema moi duro para a que, xa vos advertimos de antemán, ides precisar dun (ou varios) paquetes de kleenex (avisados quedades). Por outra banda, e isto tamén podemos asegurárvolo, vaivos arrincar máis dun sorriso (incluso algunha gargallada) e xerar no voso interior unhas ganas enormes de disfrutar da vida e da xente que vos rodea.

Hazel acaba de cumprir 16 anos e ten cancro de pulmón. A pesar de que un tratamento conseguiu reducir o tumor de xeito case miragroso, a enfermidade está en fase terminal. O médicos no poden dicirlle canto tempo lle queda; así ela  debe aprender a vivir pegada a un tanque de osíxeno. Desde fai unhas semanas, Hazel acude a un grupo de apoio onde outros rapaces coma ela comparten a súas experiencias, pero...  que sentido ten falar con outras personas do que ninguén pode cambiar?
Sen embargo, a súa vida cambiará por completo cando coñece a Augustus (Gus) Waters...

Como pode cambiar unha soa persoa a historia doutra?

Hazel e Gus unicamente son adolescentes, pero se algo lles aprendeu o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentarse, porque, guste ou non, so existe o presente e cada minuto de cada día. Por iso mesmo, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel -coñecer ao seu escritor favorito-, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxio, tan catártica como desgarradora con destiño Amsterdam, onde reside o enigmático e malhumorado escritor; a única persoa que, quizais, poida axudalos a ordear as pezas da súa vida.

A obra foi lanzada como unha novela xuvenil, e certamente é un producto dirixido para vós; os personaxes teñen a vosa idade, teñen dúbidas, preguntas e reaccións como as que podedes ter calquera de vós, pero hai un aspecto, a enfermidade, a simple idea da morte, que lles cambia a vida por completo. Pero non estamos ante unha novela de enfermos, nin sobre a enfermidade, nin sequera de personaxes que se se despiden da vida do mellor xeito posible porque non queda outra, senon ante unha novela que se vive. Non hai compaixón, lamentos, non é unha novela lacrimóxena –e xa che dixemos que vas chorar- porque o autor sabe manter a narración fora do drama –que existe e é evidente- e crea uns personaxes que probablemente vaian quedar nas túas lembranzas –sobre todo as rapazas con Gus- durante algún tempo.

Bajo la misma estrella é unha novela narrada de forma sinxela, con diálogos áxiles e entrañables, romántica, vital, que unha vez a deixas provoca unhas ganas irreprimibles de saír e facer un feixe de cousas , disfrutar de todo e de calquera cousa.

Estoy enamorado de ti —me dijo en voz baja. 
—Augustus —dije yo. 
—Lo estoy. 

Me miraba fijamente, y yo veía cómo se le arrugaban las comisuras de los ojos. 
—Estoy enamorado de ti, y no me apetece privarme del sencillo placer de decir la verdad. Estoy enamorado de ti y sé que el amor es solo un grito en el vacío, que es inevitable el olvido, que estamos todos condenados y que llegará el día en que todos nuestros esfuerzos volverán al polvo. Y sé que el sol engullirá la única tierra que vamos a tener, y estoy enamorado de ti








Dirixido a aqueles dispostos a enfrentarse cunha historia dramática para aprender a disfrutar da vida, os que estedes dispostos a replantexarvos a vosa escala de valores, para aprender que debaixo da dor pode haber moito humor, que o amor sempre pode facernos as cousas máis doadas, que temos que aprender a disfrutar do que temos arredor e convertir a nosa vida nalgo especial cada día...  e, sí, repetímolo por derradeira vez, tedes que asumir que ides chorar, así que tamén tedes que estar dispostos/as a iso.

Se te gustou, dalle unha oportunidade a P.d. Te amo (de Cecelia Ahern), Las cenizas de Ángela (de Frank McCourt), Algún día este dolor te será útil (de Peter Cameron) ou El color púrpura (de Alice Walker).






domingo, 5 de mayo de 2013

La Prórroga (Jean Pierre Gibrat)





Durante a Segunda Guerra Mundial, na Francia    ocupada,  Julien Sarlat salta do tren que lle levaba a Alemaña e ocúltase en Cambeyrac, a súa vila natal. Alí entérase que o tren do que saltou foi posteriormente bombardeado e que o dan por morto, polo que decide ocultarse nun edificio abandoado da vila, dende o cal observa a vida diaria dos habitantes da poboación, que se encontra baixo a ocupación alemá nazi.
Julien observará o brutal cambio provocado polos invasores na vila, coa imposibilidade de actuar, xa que sería inmediatamente fusilado ao ser condeado por desertor. Dende  o seu agocho, ve aos colaboracionistas, os que loitan pola liberdade apoiando á resistencia, os miserables, os que posuen e arrebatan a dignidade dos demáis ou aos habitantes que simplemente tratan de sobrevivir ante esa terrible situación... e entre eles está a Cécile, a muller da que Julien está namorado.

Antes de engadir nada e de que sigas a ler, preme aquí. Agora, todo o que poidamos engadir non é máis que unha apreciación persoal..

La Prórroga foi a primeira obra que Jean Pierre Gibrat fixo, de xeito completo, como guionista e debuxante e amósanos unha fermosísima historia de tons costumistas ambientada nunha vila rural da Francia ocupada durante a segunda guerra mundial.
Ben é certo que tanto o argumento como os personaxes son bastante tópicos, ás veces demasiado planos incluso a indefinición moral que amosan ao longo da obra non deixa de ser bastante prototípica (o colaboracionista cruel e sen escrúpulos, o médico libertario, o borracho que ve máis cousas das que lle cren, o comunista de irrenunciable dignidade e uns protagonistas inocentes que acaban arriscando a súa vida unidos á causa da liberdade), pero, caramba, que gusta dar ler unha historia ben contada, todo o típica que sexa, con lugares comúns, marabillosamente  debuxada e secuenciada -Jean Pierre Gibrat é un excepcional debuxante, mellor que guionista en realidade-, cunha fermosísima Cécile pola que parece case imposible non caer enfeitizado, detallista e exquisito nos detalles, preciosista en cada elemento que aparece ns viñetas, xogando cos colores que non por casualidade son máis ou menos intensos en cada momento. 
A historia é fermoso, benintencionada, de agradable lectura e disfrute, sinxela, pero ben narrada. A ninguén lle amarga un doce e este é realmente suxerente.
Se queres ver que é o que distingue á BD europea de calquera outro cómic, La prórroga é o mellor xeito de comprobalo en toda súa magnificencia.



Dirixido a os que queirades disfrutar da BD Europea en todo o seu esplendor gráfico, disfrutar dunha historia optismista, agradable, que deixa un gusto moi grato.

Se te gustou, Gibrat relaciona, dalgún xeito, La Prórroga coa súa seguinte obra, tanto por estar situada durante a segunda guerra mundial como por estar protagonizada pola irmá de Cecile, Jeanne, en El vuelo del cuervo. Na súa última obra, o autor francés, decide ambientar a súa historia na Primeira guerra mundial, econ Matteo.




sábado, 4 de mayo de 2013

Menú de poesía : Wiztawa Szymborska

Esta semana, o noso cociñeiro do menú de poesía ofrece un premio Nobel. 



Escribir el curriculum


¿Qué hay que hacer?

Presentar una instancia

y adjuntar el curriculum.



Sea cual fuere el tiempo de una vida

el curriculum debe ser breve.



Se ruega ser conciso y seleccionar los datos,
convertir paisajes en direcciones
y recuerdos confusos en fechas concretas.

De todos los amores basta con el conyugal,
los hijos: sólo los nacidos.

Importa quién te conoce, no a quiénes conozcas.
Viajes, sólo al extranjero.
Militancia en qué, pero no por qué.
Condecoraciones sin mencionar a qué méritos.

Escribe como si jamás hubieras dialogado contigo mismo
y hubieras impuesto entre tú y tú la debida distancia.

Deja en blanco perros, gatos y pájaros,
bagatelas cargadas de recuerdos, amigos y sueños.

Importa el precio, no el valor.
Interesa el título, no el contenido.

El número del calzado, no hacia dónde va
quien se supone que eres.

Adjuntar una fotografía con la oreja visible:
lo que cuenta es su forma, no lo que oye.

¿Qué oye?
El fragor de las trituradoras de papel.








Wislawa Szymborska naceu o 2 de xullo de 1923 en Bnin (Kórnik), Polonia. Na década dos corenta empeza a publicar no diario Dziennik Polski, e máis tarde en Zycie Literackie. Doctora Honorífica da Universidade Adam Mickiewicz (Poznan). En 1995, obtivo dous premios: o Club PEN polaco e, sobre todo, o Nobel de Literatura.

Os seus poemas están caracterizados pola utilización da ironía, de frases coloquiais,xogos de palabras, pola aparición de animais, plantas, en xeral da natureza. 

Publicou, entre outros, os seguintes libros de poemas: Por eso vivimos (1952), Preguntas a mí misma (1954), Llamando al Yeti (1957), Sal (1962), Mil alegrías – un encanto – (1967), Si acaso (1975), El gran número (1976), Gente en el puente (1986), Fin y principio (1993), Instante (2002), Dos puntos (2004) y Aquí (2009).


viernes, 3 de mayo de 2013

ZAZ (Ler con música de fondo)



Zaz es el nombre artístico de Isabelle Geoffroy (1-V-1980, Tours) cantante francesa cuya música es una fúsión de la canción francesa tradicional, con el jazz, la música callejera, gypsi-jazz e incluso ritmos latinos.
Filla dunha profesora de español, Zaz posúe unha formación bastante clásica, asistiu ao conservatorio, tomou clases de canto, estudiou música moderna...



Antes de lanzar o seu primeiro disco en solitario no ano 2010, pertenceu a distintos grupos de blues e jazz, ademáis de colaborar con distintos cantantes e formacións.

O seu primeiro disco, Zaz, foi número un de ventas en Francia durante tres semanas e se venderon 150 mil copias en apenas mes e medio.

      


Ademais do que aquí te amosamos, advertímosche que Zaz é sobretodo unha cantante de "Directos", hai que escoitala ao vivo, cun contrabaixo e unha gutarra ou con máis orquestacion, nun escenario ou na rúa... Non temos ningunha dúbida de que a súa música vaite chegar.

Dirixido a aqueles que precisedes poñervos de bo humor, en marcha polas mañás, saír da casa cun sorriso enorme inserido nas vosas caras.

Se te gustou, e queres seguir escoitando música en francés a ver que te parece Louise Attaque o, con un estilo más reposado, Olivia Ruiz.



jueves, 2 de mayo de 2013

Estamos a ler

Despois da introducción á novela negra que presentamos no noso blog, e seguindo a suxestión de Aroa Rodrígues, unha das alumnas do club de lectura, estamos a ler novelas de Agatha Christie.


Aquí tedes os títulos:






miércoles, 1 de mayo de 2013

Sukkwan Island (David Vann)




Quedas advertido dende o comezo: hoxe traémoste unha novela brutal (non te deixes levar pola  portada, aparentemente, insulsa)
Poñémoste en situación: unha paisaxe xeada e inhóspita dunha illa deserta en Alaska. Dous personaxes; un pai e o seu fillo adolescente co que non ten moito trato desde que se divorciou da súa nai. Un xiro atroz no argumento que nos fará estremecer porque é difícil saber que é o que todavía pode ocorrer despois dun feito como ese.
Unha illa salvaxe no sur de Alaska, á que unicamente se pode acceder en barco ou hidroavión, repleta de frondosos bosques húmidos e montañas escarpadas. Este é o inhóspitodecorado que Jim escolleu para fortalecer as súas relacións co seu fillo Roy, a quen apenas coñece. Doce meses por diante, vivindo nunha cabana apartada de todo e de todos,  na que contan cunhas poucas provisións de comida, o resto deben procurala eles, unha barca –que non van poder utilizar no inverno nin podería levalos a ningures xa que ao seu redor non hai ninguén-, e unha radio, colaborando ombro con ombro: parece una oportunidade inmellorable para estreitar lazos e recuperar o tempo perdido.
Pero a situación, pouco a pouco, vólvese máis tensa, claustrofóbica, asfixiante... As difíciles condicións de superviviencia e a terrible situación emocional na que se atopan pai e fillo acabarán dando lugar a un pesadelo.

O autor da novela, que, por certo, ten unha tráxica historia persoal que, claramente, inspirou esta novela –pero que non é a mesma que se desenvolve na súa obra, xa cho avisamos- trasládanos en pouco máis de duascentas páxinas e cun estilo seco e conciso... Unha historia intensa e desasosegante na que dous estraños tentan convivir nunha situación imposible.

Non te confundas, non hai pelexas nin discusións, non hai un enfrontamento directo entre pai e fillo, máis ben atoparás silencios, conversas intrascendentes, rutina... Pai e fillo pescan,  recollen leña, prepáranse para a achegado do inverno que practicamente lles impedirá saír da cabana. Sen embargo, nós seguimos lendo de xeito case obsesivo porque sabemos que hai algo no ambiente que...

Ata que ocorre un feito dramático que o cambiará todo coma un estoupido que provocará que esa obsesión se convirta nunha febre case morboso por saber cara onde nos levará ese xiro literalmente estarrecedor (se non se move algo no teu interior nese momento, sen dúbida tes nervos de aceiro e alma de pedra)

Dirixido aos que estedes dispostos a enfrontarvos cunha historia que paseniñamente –semella que non ocorren moitas cousas- vaivos deixar ao bordo dun abismo sen retorno.

Pese á súa aparente narración lixeira, atoparédesvos cunha historia esixente, que vos vai demanda unha madurez na súa comprensión e que, sen dúbida, permanecerá no voso interior durante moito tempo

Se che gustou, podes probar con Todos los hermosos caballos (de Cormac McCarthy) se queres continuar con David Vann, atrévete con Caribou Island  ou El río de la vida (de Norman Maclean)



lunes, 29 de abril de 2013

Polina (Bastien Vìvès)




A obra amósanos a vida dunha rapaza, Polina Oulinov, desde o seu ingreso nunha prestixiosa academia de danza, a súas relacións cos seus compañeiros e profesores, facendo fincapé na relación co esixente profesor Nikita Bojinski, e a súa progresión e triunfo que a levará a abandonar o país e, co tempo, a atoparse de novo co seu mestre e mentor.

Pouco sabemos da vida de Polina cando é admitida na academia; a súa nai ten nela un proxecto, non aparece a figura paterna que, co tempo, acaba sendo sustituida polo profesor Bojinski, ríxido e disciplinado -que non frío ou sen sentimentos- detrás dos seus lentes (o momento en que os retira é unha escena de especial fermosura) que acaba implicándose na evolución persoal e artística da súa discípula, apaixonada -bordeando unha implicación persoal que o autor amosa con enorme sutilidade-,proxectando a imaxe e a personalidade de Polina ata convertirse nese pai ao que hai que deixar a un lado -despois de varios anos na academia Bojinski, Polina a abandona buscando novas alternativas máis contemporáneas- para adentrarse por un camiño persoal no que sexan as propias decisións e os erros os que atopen o camiño axeitado. 



Non esperedes unha historia sobre a férrea disciplina das escolas de ballet clásico na Unión soviética, nin unha historia política ou social, tampouco unha reportaxe sobre o ballet e o sacrificio que conleva, senon que estamos ante unha historia de aprendizaxe e crecemento, unha historia de sentimentos, amizade, lealdade, respeto, a relación entre maestro e discípulo, as segundas oportunidades, a chegada á madurez que nos permite otra unha ollada cara atrás e analizar o noso camiño.




Entendo que aqueles que busquen un debuxo realista ou de corte animado, incluso os que non podan prescindir da cor, non se sintan atraídos polos trazos pouco definidos de Vivès, sen embargo, según avance a lectura, decatarédesvos de que son perfectamente axeitados para o que o seu autor pretende transmitir e soprenderédesvos admirando cada viñeta como se cada detalle, por mínimo que sexa, estivese exactamente representado. A vosa atención estará onde a historia o require, convetrtíndose nalgo máis que nun simple e, aparentemento doado, recurso gráfico.





Polina é unha obra contida, sutil, sobria na súa execución, sensible, pero á vez emocionante, na que queda reflectida de xeito extraordinario a importancia que posúe a comunicación non verbal e a grandeza deste xénero da banda deseñada que proporciona a posibilidade de que sexan as ilustracións as comuniquen todos eses silencios, olladas, posturas, xiros, deixando que sexa o corpo o que fale nunha historia pausada -que non tediosa- que avanza paseniña e melódicamente cara a madurez.



O Autor: Bastien Vivès (11-II-1984) es uno de los grandes autores que han surgido en los últimos años en Francia. Con só 25 anos, a súa obra O gusto do cloro foi premiada no festival de Angulema (o máis importante que se celebra en europa relacionado coa BD) e cada unha das súas novas obras supón todo un acontecimento que aúna tanto a lectores rendidos á súa xenialidade como a outros que non acaban de comprender a que ven tanto rebumbio. En España, ademais, de El gusto del cloro, temos En mis ojos ou Por el imperio (no que colabora con outros autores)


Por se alguén ten algunha curiosidade, existe unha bailarina rusa chamada Polina Semionova, nacida curiosamente no mesmo ano que Bastien Vívès. ¿Puido inspirarse nela, quizais, o autor ou se trata dunha simple coincidencia?




sábado, 27 de abril de 2013

Literatura versus tráfico

O colectivo artístico Luzinterruptus  invadiu   o centro da cidade austrialiana de Melburne cun río de libros iluminados cunhas pequenas lanternas. A instalación "Literatura versus tráfico"  sorprendeu aos conductores e viandantes, aproveitando a complicidade da noite. A instalación permaneceu na rúa un mes, e ao rematar o público recolleu os libros para levalos  para casa.










Tirado de Mesturas

viernes, 26 de abril de 2013

Menú de Poesía: Mario Benedetti

Un venres máis ofrecemos aos nosos lectores un poema-degustación do noso menú de poesía. Cada vez somos máis os que apreciamos unha boa poesía para empezar o día. 
Que vos preste ben!










Táctica y estrategia



Mi táctica es

mirarte

aprender como sos

quererte como sos



mi táctica es

hablarte

y escucharte

construir con palabras

un puente indestructible



mi táctica es

quedarme en tu recuerdo

no sé cómo ni sé

con qué pretexto

pero quedarme en vos

mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros

para que entre los dos
no haya telón
ni abismos

mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple
mi estrategia es
que un día cualquiera
ni sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites.



     



-->
Mario Benedetti.(Paso de Toros 1920- Montevideo 2009). Mario Benedetti foi un extraordinario escritor –poeta, novelista, contista, autor de teatro...- uruguaio, quizáis o máis relevante, xunto a Juan Carlos Onetti, deste país no século XX.
Como tantos outros autores hispanoamericanos iniciouse no xornalismo, para publicar posteriormente diversos libros de poemas –que o convertiron nun autor recoñecido- e obras narrativas tan coñecidas como La tregua (unha fermosa historia de amor de final tráxico) ou Gracias por el fuego, que analiza de xeito crítico a corrupción da sociedade.
Debido ao goberno dictatorial en Uruguay, no ano 73 tivo que exiliarse –viviu en Cuba, Arxentina e España- e a súa obra tomaría un camiño máis experimental, ata o seu regreso no ano 1983. Esa experiencia de voltar a casa refléxase no seu libro Andamios, onde relata as súas sensacións ao regresar ao seu país despois de tanto tempo. 







Pertencente á película arxentina "EL lado oscuro del corazón", unha obra especial e hipnótica na que o guión está formado básicamente por poemas de autores como Mario Benedetti, Juan Gelman ou Oliverio Girondo, deixámosvos este fragmento:









Non me resisto a ofrecer outras  maravillosas poesías de Benedetti como:



    Te Quiero

Tus manos son mi caricia 

mis acordes cotidianos  

mi amor mi cómplice y todo 
y en la calle codo a codo 
somos mucho más que dos 
y por tu rostro sincero 
y tu paso vagabundo 
y tu llanto por el mundo 
porque sos pueblo te quiero 
y porque amor no es aureola 
ni cándida moraleja 
y porque somos pareja 
que sabe que no está sola 
te quiero en mi paraíso 
es decir que en mi país 
la gente vive feliz 
aunque no tenga permiso 
si te quiero es porque sos 
mi amor mi cómplice y todo 
y en la calle codo a codo 
somos mucho mas que dos.