domingo, 21 de abril de 2013

Novela Policíaca ( IV Obras de Dashiell Hammett)

Seguimos presentándovos as novelas clásicas do xénero policíaco. Agora cruzamos o charco en dirección aos Estados Unidos na década de 1930.

Dashiell Hammett

El Halcón Maltés. O falcón maltés, ao que fai referencia o título, é unha estatua con forma de falcón incrustada de xoias e xemas que os cabaleiros da orde de Malta regalaron ao emperador Carlos V 1530. Agora despois de múltiples peripecias, a estatua está en San Francisco.



Unha muller visiblemente alterada chega ao despacho dos detectives Sam Spade e Miles Archer aos que lles pide que investiguen a desaparición da súa irmá. Spade amosa certas dúbidas sobre a veracidade da historia que lle contan, pero acceden a investigar o caso. Non tardarán moito en decatarse de que detrás das palabras daquela muller se agocha un complicado e turbio caso arredor dunha estatuiña con forma de falcón que implica a moitas persoas moi pouco acosellables. A morte do seu socio, será o punto de partida para que Spade se adentre nun mundo perigoso e deba sacar o peor e o mellor de sí mesmo para sobrevivir.

La llave de Cristal. Ned Beaumont, un home de escuro pasado, é o amigo leal de Paul Madvig, un gangster dunha cidade sumida nunha guerra de bandas e que apoia  a elección do senador Henry, pai de Janet, da cal Beaumont atópase fondamente namorado.
O clima da cidade comenza a escurecerse cando Taylor Henry, fillo do senador aparece asasinado e todo apunta á culpabilidade de Madvig. A partir dese intre Beaumont investigará o crime utilizando todo tipo de estrataxemas, legais, e non tanto, utilizando a astucia e moitos outros xeitos de investigación confiando na inocencia do seu amigo.



El Hombre Delgado. Nick Charles é un detexctive privado retirado que debe investigar o crime da secretaria dun ex-cliente seu, o inventor Clyde Wynnat, principal sospeitoso do mesmo e que unicamente se comunica por carta co seu avogado. Adermis, a famila de Wynnat, bastante peculiar, tampouco axudan moito á investigación, contando a súa propia versión dos feitos e facilitando información enganosa, de tal xeito que Charles dubida de todos eles e dos intereses que ocultan. Para acabar de complicar as cousas, aparecen na trama o avogado e un ganster -o novo marido da ex muller de Wynnat-.
Nada resulta ser o que aparenta e pese a que todos eles tentan desenguedellar o misterio, non fan máis que enredela cada vez máis.




El agente de la continental. Recopilación de relatos protagonizados por un detective -do que nunca sabemos o seu nome- que traballa para a Axencia Contiental, nos cales atopamos os ingredientes básicos do xénero negro: crimes, persecucións, enganos, pelexas. Un detective duro que sempre ronda o fracaso, personaxes que non son o que parecen... Se queremos coñecer de onde proceden as bases e os tópicos que hoxe conforman este xénero, temos aquí claramente unha das súas fontes principais.




Deixámosvos aquí, a famosísima película completa "El halcón maltés" para que comprobedes a enorme aportación de Dashiell Hammett á hora de establecer as bases da novela policíaca moderna. Premede e comprobádeo por vós mesmos/as.


No hay comentarios:

Publicar un comentario