miércoles, 10 de abril de 2013

Carrie (Stephen King)

Aproveitando o próximo estreno da súa segunda adaptación cinematográfica, achegámosvos aquí Carrie, a primeira novela que publicou o hoxe coñecido como o rei do terror, Stephen King.
Carrie, que según comentou o propio autor, está inspirado en dúas rapazas que coñeceu durante a súa época de instituto. É unha novela fragmentaria que recolle os puntos de vista da protagonista, Carrie White, unha adolescente, da súa nai, Margaret White, unha muller fanática relixiosa, dos veciños e das testemuñas dos feitos e dos estractos de xornais para explicar a misteriosa destrucción da "aparentemente tranquila" vila de Chamberlain, en Maine.




Así a novela preséntanos a historia de Carrie White, unha rapaza atormentada que vive coa súa nai, unha fanática relixiosa que lle impide saír, vestirse ou arranxarse, e que no instituto sufre o cruel acoso dos seus compañeiros. Un feito natural convertirase para ela nalgo dramático nos vestiarios do instituto posto que a súa nai nunca lle falara disto, e provocarán as reaccións contrarias de dúas compañeiras; unha delas arrepentida da súa actitude que tentará axudala a integrarse, e outra disposta a seguir co seu acoso.
Pero Carrie descubrirá algo especial no seu interior, uns poderes que poderían cambialo todo... o acabar con todo. O baile de fin de curso será o momento no que a acción se precipite de xeito dramático e espectacular.


Xa existía unha famosa versión cinematográfica, realizada por Brian de Palma, con Sissi Spacek como Carrie. Pero próximamente estrearase a nova versión da mesma, dirixida por Kimberly Peirce e protagonizada por Chloe Grace-Moretz



De tódolos xeitos, terás que agardar ata outubro, así que por que non comenzar achegándonos á novela?

O Autor: Stephen King -(1947, Maine (Estados Unidos)-. Autor mundialmente famoso polos seus relatos de terror. A maioría das súas obras se convirten en best-sellers e moitas das súas novelas foron levadas ao cine convertíndose, nalgúns casos, en películas moi famosas.

Entre as súas obras máis famosas destacamos: (Preme nos enlaces para saber máis)

 photo tumblr_lo5hihaawn1qkwpvgo1_500.gif









Preme aquí se queres coñecer máis datos sobre o autor e a súa abundantísima obra literaria.



Dirixido a: Aqueles/as que queran pasar un poquiño de medo (tampouco moito), que querades pasar as páxinas con inquietude, coa ansia de non poder quedar sen saber que vai ocorrer. As cousas máis sorpendentes ocorren nunha sitiación cotiá, quedades avidados/as.

Se te gustou, e como terás ocasión de comprobar Stepehn King ten unha obra moi extensa, e queres coñecer outros autores, proba con Adam Nevill, James Herbert ou Ramsey Campbell ou Richard Matheson, por exemplo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario