miércoles, 24 de abril de 2013

Libros que falan de libros

Como onte,  23 de Abril, día do libro, había tantas celebracións e actos conmemorativos, decidimos agardar a hoxe para falar de libros que falan de libros.


Evidentemente temos que principiar por "Don Quijote", xa que, como saberedes, ao final da primeira saída de Don Quijote (capítulo VI, por se tedes curiosidade), o crego máis o barbeiro fan o coñecido expurgo da biblioteca de Don Quijote, onde se fai unha visión de distintas obras da época.

















Desde o pasado viaxamos ata o futuro, e tamén relacionado co lume e os libros, xa que en Fahrennheit 451 de Ray Bradbury, novela distópica na que un bombeiro, desobedecendo ao seu deber de queimar libros (sí, sí, estas a ler ben), decide salvar un libro. Deberá memorizalo para salvagardarlo dunha queima segura.





















Outra situación paradóxica prodúcese cando é unha persoa analfabeta a que quere que lle lean libros, así ocorre en "El Lector" de Bernhard Schlink, mentres que Margaritte, unha anciá que está a perder progresivamente a vista, precisa do mangallón de Germaine para seguir disfrutando da literatura en "Tardes con Margueritte de Marie-Sabine Roger.





O coñecido incio de Ana Karenina será o nexo de unión entre a porteira dun elegante edificio parisino e o novo inquilino, que provocará o encontro  con Paloma, unha solitaria veciña de 12 anos,  as dúas atoparán a felicidade nos libros en "La elegancia del erizo" de Muriel Barbery. 









Que pasaría se a Raiña de Inglaterra subira por erro a un bibliobus, collera un libro para saír do apuro, e acabase convertíndose nunha adicta á lectura sen poder facer outra cousa que falar dos libros que leu e interesarse polos que están lendo os seus subditos. A resposta a atoparás en "Unha lectora fora do común" de Alan Bennett












Nunha das recentes adquisicións da nosa biblioteca, "Las ventajas de ser un marginado" de Stephen Chbosky e na obra de teatro "El chico de la última fila" de Juan Mayorga é un profesor de literatura o que xera nos protagonistas un interés polos libros e pola escritura
















Devorar os libros pode ser algo literal no caso do rato Firmin de Sam Savage, que come a chou os libros do sótano dunha librería, buscando o delicioso sabor do papel. Pronto descubre que os libros contan historias, e apaixóase por todo o que degusta, e arrepíntese de non ter sido capaz de saborear os libros xa engolidos. Pero a lectura é unha actividade solitaria e, rexeitado pola sua familia, acabará buscando a amizade do dono da librería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario