viernes, 12 de abril de 2013

Novela Policíaca (II Vocabulario)



Novela Policíaca: Poderíamos definir este subxénero narrativo a partires de que o seu argumento amosa a resolución dun caso policial, usando a razón e baseándose na investigación e na intelixencia do policía ou detective encargado do mesmo.

Novela Negra: Recibe este nome porque moitos relatos deste xénero se publicaban nunha revista estadounidense chamada “Black Mask”



 e a editorial francesa Gallimard editaba este tipo de novelas nunha colección chamada “Serie Noire”.



En Italia reciben o nome de Giallo  (Amarello) por unha razón semellante, xa que eran publicadas nunha colección que tiña as tapas desta cor.



Whodunit: Termo procedente da expresión inglesa “Who done it?” (quen o fixo) no que se ofrecen ao lector distintos indicios sobre a identidade do autor dun delito para que poida deducilo antes da solución final que, por suposto, soamente nos será revelada nas derradeiras páxinas da novela.

Dentro deste subxénero policíaco destacan as novelas coñecidas como “misterio do cuarto pechado”, na que o lector e o investigador de ficción deben dispoñer da mesmas oportunidades e pistas para resolver os feitos, buscando que o lector teña como obxectivo facelo antes que o propio investigador.




Hard Boiled: Este termo fai referencia a un subgénero dentro da novela negra que presenta ambentes violentos bastante explícita e escenas de contido erótico en maior ou menor medida.


Pulp: Termo popular que non se refire a un xénero literario senón a un formato de encadernación barato e de consumo popular, de revistas especializadas en narracións bastante simples de aventuras, acción, terror ou policíacas con ilustracións que complementaban o argumento da narración ao xeito do cómic.
A palabra Pulp fai referencia ao desecho de pulpa de Madeira coa que se fabricaba un papel amarelado, de moi mala calidade, sen guillotinar e de custo moi barato co que eran impresas estas revistas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario