viernes, 12 de abril de 2013

Menú de poesía. Oliverio Girondo

Unha semana máis, o noso cociñeiro preséntanos un novo menú-poesía para os nosos paladares, cada vez máis selectos...Bo proveito!





Todo era amor

¡Todo era amor... amor! 


No había nada más que amor.               

En todas partes se encontraba amor. 

No se podía hablar más que de amor.               

Amor pasado por agua, a la vainilla, 

amor al portador, amor a plazos.               

Amor analizable, analizado. 

Amor ultramarino. 

Amor ecuestre.               

Amor de cartón piedra, amor con leche... 

lleno de prevenciones, de preventivos;               

lleno de cortocircuitos, de cortapisas. 

Amor con una gran M, 

con una M mayúscula,               

chorreado de merengue, 

cubierto de flores blancas... 
Amor espermatozoico, esperantista.              
Amor desinfectado, amor untuoso... 
Amor con sus accesorios, con sus repuestos;               
con sus faltas de puntualidad, de ortografía; 
con sus interrupciones cardíacas y telefónicas.               
Amor que incendia el corazón de los orangutanes, 
de los bomberos.               
Amor que exalta el canto de las ranas bajo las ramas, 
que arranca los botones de los botines,               
que se alimenta de encelo y de ensalada. 
Amor impostergable y amor impuesto.               
Amor incandescente y amor incauto. 
Amor indeformable. Amor desnudo.               
Amor-amor que es, simplemente, amor. 
Amor y amor... ¡y nada más que amor!





Oliverio Girondo. (Bos Aires 1891- 1967) Naceu no seo dunha familia adiñeirada, o que lle permitiu estudar en distintos colexios europeos. Estudou dereito e moi pronto entrou en contacto coas vanguardas participando activamente en distintas revistas. A súa primera obra publicouse  en 1922 “Veinte poemas para ser leídos en el tranvía”. As suas primeiras obras están cheas de cor e ironía, cunha obra fresca e moi orixinal sen perder a sinxeleza.
Foi amigo de autores como Pablo Neruda ou García Lorca.
Nos anos 50, publicou a súa obra más arriscada “En la masmédula” e, influenciado por el Surrealismo, iniciou a sua carreira na pintura. En 1962 sufriu un accidente que lle deixou graves secuelas físicas.
Morreu en Bos Aires en 1967. 

Na fermosa, sorprendente e magnética película arxentina "El lado oscuro del corazón" aparecen algúns dos seus poemas máis coñecidos (o mesmo que doutros poetas como Mario Benedetti ou Juan Gelman) en boca dos protagonistas da mesma. 

Aquí vos deixamos un exemplo, animádevos a descubrir os demais.


jueves, 11 de abril de 2013

Novela Policíaca.(I Introducción)


Novela Policíaca: Poderíamos definir este subxénero narrativo a partires de que o seu argumento amosa a resolución dun caso policial, usando a razón e baseándose na investigación e na intelixencia do policía ou detective encargado do mesmo.


¿Cal foi a primeira obra policíaca?

Aínda que poderiamos considerar un relato das mil e unha noites titulado "as tres mazás" como un antecedente do xénero, a primeira novela publicada foi a do escritor danés Steen Steensen Blicher, el rector de Veilbye (1829) pero, tradicionalmente, considérase ao relato de Edgar Allan Poe, Os crimes da rúa Morgue (1841) como el xerme inicial.
O protagonista deste relato, Auguste Dupin é un detective que utiliza a lóxica e o razoamento para chegar a unha conclusión final. Auguste Dupin protagonizaría tamén outros dous relatos de Poe, “A carta roubada” e “O misterio de Marie Rogêt”



O Personaxe canónico

Auguste Dupin serviu de modelo para o personaxe arquetípico do xénero, establecido polo escritor irlandés Arthur Conan Doyle, o famosísimo Sherlock Holmes, que basea as súas iinvestigacións, na observación, deducción e lóxica sen evitar a acción física cando é precisa.


Todavía no século XIX, debemos citar a outro autor máis que interesante, o inglés Wilkie Collins, autor de “A pedra lunar”, nome dun valiosísimo diamante procedente dunha deidade hindú que é roubada e na que, a partires das palabras de catro testigos/sospeitosos se nos presentan os feitos para que o sarxento Cuff, encargado da investigación, poida descubrir a verdade do ocorrido.

Establécense as bases do xénero policíaco

Poderiamos establecer dúas tendencias dentro do xénero policíaco clásico; unha primeira, a inglesa, baseada   na resolución intelectual dun crime -non ten por que ser un asasinato, pode ser un roubo ou un secuestro ou calquera outro delito- por riba da acción, situada en contextos tranquilas -a campiña rural- ou de clases elevadas e que ten como principal autora -considerada a grande dama deste xénero- a Agatha Christie


Creadora de distintos personaxes xa míticos como:
Hercules Poirot; detective belga, de aspecto moi característica: baixiño, recheo, cun gran bigote e unha personalidade relativamente excéntrica, que chega a Inglaterra durante la Iª Guerra Mundial, e que utiliza métodos que van máis alá da observación e dos métodos tradicionais para resolver os casos máis complexos. Pese a ser o seu personaxe máis famoso, Agatha Christie decidiu matalo na obra O Pano, publicada un ano antes da morte da autora británica.



Miss Marple: una anciana solterona que vive en un pueblo rural, St. Mary Mead y que pese a su aspecto amable, frágil e inofensivo, oculta unas enormes dotes de observación e inteligencia que la hacen capaz de descubrir y resolver casos en los que la propia policía parece atascada.



A segunda escola sería a estadounidense, na que o crime forma parte do contexto social e moral, analizando a contorna onde ten lugar e as suas posibles causas, os mundos marxinais e violentos das clases menos favorecidas e o seu choque, se este se produce, cando se atopan e mesturan as clases sociais. Esta novela, considerada como a novela negra por antonomasia, mesturada co Hard Boiled -subxénero que nace nesta época-, ten coma autores máis importantes a:

Dashiell Hammet Creador do detective sen nome da Axencia Continental e do famosísimo



Sam Spade, que se convirte nunha das iconas do detective privado: ademais das dotes de observación e deducción propias dos detectives británicos, é un home duro, contundente, irónico, de gran olfato e afiada lingua que non dubida en utilizar a violencia para salvar a súa pel, en perigo en moitas ocasións.

Humphry Bogart como Sam Spade na mítica
 película O falcón maltés.

Raymond Chandler, outro extraordinario autor -mellor se cabe que Hammett- que é o pai dun dos máis grandes "sabuxos" da historia da literatura (e o cine):

Philip Marlowe: que xunto a Sam Spade conforma o prototipo de detective duro, pero menos dado á violencia que o seu compañeiro, irónico (máis se cabe que este), de poucas palabras pero cínico e ácedo con cada unha das frases que pronuncia, cunha idea do honor e o deber moi particulares e capaz de enfrentarse a homes moi perigosos e mulleres que o son incluso máis.

Humphry Boggart sería tamén Marlowe nalgunhas
 das adapacións máis famosas das novelas de
 Chandler ao cinema.






miércoles, 10 de abril de 2013

Carrie (Stephen King)

Aproveitando o próximo estreno da súa segunda adaptación cinematográfica, achegámosvos aquí Carrie, a primeira novela que publicou o hoxe coñecido como o rei do terror, Stephen King.
Carrie, que según comentou o propio autor, está inspirado en dúas rapazas que coñeceu durante a súa época de instituto. É unha novela fragmentaria que recolle os puntos de vista da protagonista, Carrie White, unha adolescente, da súa nai, Margaret White, unha muller fanática relixiosa, dos veciños e das testemuñas dos feitos e dos estractos de xornais para explicar a misteriosa destrucción da "aparentemente tranquila" vila de Chamberlain, en Maine.




Así a novela preséntanos a historia de Carrie White, unha rapaza atormentada que vive coa súa nai, unha fanática relixiosa que lle impide saír, vestirse ou arranxarse, e que no instituto sufre o cruel acoso dos seus compañeiros. Un feito natural convertirase para ela nalgo dramático nos vestiarios do instituto posto que a súa nai nunca lle falara disto, e provocarán as reaccións contrarias de dúas compañeiras; unha delas arrepentida da súa actitude que tentará axudala a integrarse, e outra disposta a seguir co seu acoso.
Pero Carrie descubrirá algo especial no seu interior, uns poderes que poderían cambialo todo... o acabar con todo. O baile de fin de curso será o momento no que a acción se precipite de xeito dramático e espectacular.


Xa existía unha famosa versión cinematográfica, realizada por Brian de Palma, con Sissi Spacek como Carrie. Pero próximamente estrearase a nova versión da mesma, dirixida por Kimberly Peirce e protagonizada por Chloe Grace-Moretz



De tódolos xeitos, terás que agardar ata outubro, así que por que non comenzar achegándonos á novela?

O Autor: Stephen King -(1947, Maine (Estados Unidos)-. Autor mundialmente famoso polos seus relatos de terror. A maioría das súas obras se convirten en best-sellers e moitas das súas novelas foron levadas ao cine convertíndose, nalgúns casos, en películas moi famosas.

Entre as súas obras máis famosas destacamos: (Preme nos enlaces para saber máis)

 photo tumblr_lo5hihaawn1qkwpvgo1_500.gif









Preme aquí se queres coñecer máis datos sobre o autor e a súa abundantísima obra literaria.



Dirixido a: Aqueles/as que queran pasar un poquiño de medo (tampouco moito), que querades pasar as páxinas con inquietude, coa ansia de non poder quedar sen saber que vai ocorrer. As cousas máis sorpendentes ocorren nunha sitiación cotiá, quedades avidados/as.

Se te gustou, e como terás ocasión de comprobar Stepehn King ten unha obra moi extensa, e queres coñecer outros autores, proba con Adam Nevill, James Herbert ou Ramsey Campbell ou Richard Matheson, por exemplo.

domingo, 7 de abril de 2013

La soledad de los números primos de Paolo Giordano


Ao comezo do curso 2012-13, o club de lectura  de 2º ciclo da ESO e Bacharelato limos este interesante libro. A pesar da inquedante trama, gozamos moitísimo ca súa lectura. Visualizamos a película, daquela, ainda sen estrear en España.


Nunha clase do primeiro curso, Mattia estudou que entre os números primos existen algúns aínda máis especiais. Os matemáticos chámanlles números primos xemelgos: son parellas de números primos que están xuntos ou, para ser exactos, case xuntos, xa que entre eles media sempre un número par que lles impide tocarse de verdade (estamos a falar de números como o 11 e o 13, o 17 e o 19, ou o 41 e o 43. Mattia pensaba que Alice e máis el eran así, dous primos xemelgos, sós e perdidos, xuntos pero non o bastante para tocarse de verdade.

Mattia e Alice son dous adolescentes que estudan no mesmo centro e non se coñecen ata que ela se namora del a primeira vista. Os dous comparten historias dramáticas da súa infancia que os marcarán para sempre. A súa relación e breve pero intensa, e malia que o destino os separará sempre ocorre algo que fará que volvan a atoparse.

"La soledad de los números primos" é unha novela cun comezo impactante, poderoso, dramático para os seus protagonistas, na que o autor describe de xeito máis que solvente a uns personaxes pouco comúns que se atopan nunhas situacións moitas veces estremas na que a vida non flúe senón que estoupa a borbollóns sen que parezan atopar un xeito de poñerlle freo. 

As vidas de Mattia e Alice van a desenvolverse de xeito paralelo pero unido polo fío indivisible da dor que parece acompañalos ao longo da súa vida relatada cun estilo sinxelo, conciso, que te envolve na súa lectura, sobre todo nas súas primeiras páxinas, unha narración aparentemente lixeira pero que trata temas imprescindibles para entender a vida

Dirixido a: os que estean dispostos a experimentar na súa pel a dolorosa historia duns personaxes pouco comúns que que nos arrastran até unha situación límite, aos que posúan un detector de sentimentos, aos que queiran buscar nunha narración aparentemente sinxela unha tormenta inesgotable de sensacións de difícil dixestión, aos que esteades dispostos a soportar a crueldade cotiá. 

Se te gustou, proba con El palacio de la luna (Paul Auster) ou Sukwan Island (David Vann)


O Autor: Paolo Giordano (Turín, 1982), é físico teórico e con esta novela publicada no ano 2008 foi unha das grandes sensacións literarias do seu país -gañou os premios literarios máis importantes que se entregan en Italia sendo o gañador máis novo da historia dos mesmos-





Por certo que acaba de saír do prelo a súa seguinte novela:



Para os que aínda vos quede algunha dúbida, tedes aquí o booktrailer desta novela para ver se vos aclara algo



e unha entrevista co seu autor nun recomendable programa de tv.




E, obviamente, o enorme éxito que acadou a novela fixo que o mundo do cine puxera nela a súa atención







Fai algunhas semanas estreouse nos cines a adaptación desta novela nunha película estreada en Italia fai un par de anos da que vos deixamos aquí o seu trailer.



viernes, 5 de abril de 2013

Menú de Poesía: Gioconda Belli

-->





UNO NO ESCOGE


Uno no escoge el país donde nace;

pero ama el país donde ha nacido.



Uno no escoge el tiempo para venir al mundo;
pero debe dejar huella de su tiempo.

Nadie puede evadir su responsabilidad.

Nadie puede taparse los ojos, los oídos,
enmudecer y cortarse las manos.

Todos tenemos un deber de amor que cumplir,.
una historia que nacer
una meta que alcanzar.

No escogimos el momento para venir al mundo:
Ahora podemos hacer el mundo
en que nacerá y crecerá
la semilla que trajimos con nosotros.


Gioconda Belli (Managua, Nicaragua, 1948) destaca nas letras hispanoamericanas contemporáneas. Fresca e vitalista, profundamente persoal, ten un estilo que escapa a calquera corrente ou escola.

Opúxose á ditadura do xeneral Somoza, polo que foi condeada a prisión e viuse obrigada a emprender o exilio como refuxiada política, primerio en Méxicoa e despois a Costa Rica, para finalmente vivir en EE. UU.

Gioconda Belli conta con numerosos libros de poesía: Sobre la grama (1974), Línea de fuego (Premio Casa de las Américas, 1978), Truenos y arcoiris (1982), La costilla de Eva (1987), El ojo de la mujer (1991), Apogeo (1997), Fuego soy apartado y espada puesta lejos (2006).

 Escribiu varias novelas entre as que destacan La mujer habitada (1988), El pais bajo la piel, memorias de amor y de guerra (2001), novela autobiográfica, El pergamino de seducción (2005) El infinito en la palma de la mano (2008) entre outros.

lunes, 1 de abril de 2013

Las ventajas de ser un marginado (Stephen Chbosky)





Charlie ten 15 anos e quedou so tras o suicidio do su mellor amigo. Vive cos seus pais, a sua popular e guapa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a punto de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha gran capacidade intelectual. Tras coñecer a Sam e Patrick empeza a comprender o que é ser un adolescente, e comeza unha viaxe cara a madurez que lle levará a percorrer camiños novos e inesperados... Con eles descubre o que é convertirse nun xoven de verdad.



Dirixido a: Aqueles/as que busquen unha novela protagonizada por rapaces da súa idade máis alá dunha novela meramente xuvenil. unha novela con xente nova real e crible que non pretende exemplarizar nin amosar ideas preconcebidas ou ben pensantes.

Se te gustou, proba con Algún día este dolor te será útil (de Peter Cameron), Todo por una chica (de Nick Hornby) ou submarino (de Joe Dunthorne).


Como probablemente saibades, recentemente estreouse unha película baseada nesta obra, dirixida ademáis polo mesmo autor da novela, Stephen Chbosky.


E protagonizada por tres actores novos bastante coñecidos por algún de vós: Logan Lerman (protagonista de Percy Jackson), Ezra Miller, e a famosa actriz que interpreta a Hermione Granger na saga de "Harry Potter", Emma Watson.



Aquí, aquí e aquí deixámosvos algunhas opinións sobre a novela e, por último, podes botarlle unha ollada ao trailer da película un pouco máis abaixo.



e antes de marcharme aquí tedes unha pequena entrevista ao autor da novela e da película: Stephen Chbosky


viernes, 22 de marzo de 2013

Entre tonos de gris (Ruta Sepetys)



Junio de 1941, Kaunas, Lituania. Lina tiene quince años y está preparando su ingreso en una escuela de arte. Tiene por delante todo lo que el verano le puede ofrecer a una chica de su edad. Pero de repente una noche, su plácida vida y la de su familia se hace añicos cuando la policía secreta soviética irrumpe en su casa llevándosela en camisón junto con su madre y su hermano. Su padre, un profesor universitario, desaparece a partir de ese día.

A través de una voz narrativa sobria y poderosa, Lina relata el largo y arduo viaje que emprenden, junto a otros deportados lituanos, hasta los campos de trabajo de Siberia. Su única vía de escape es un cuaderno de dibujo donde plasma su experiencia, con la determinación de hacer llegar a su padre mensajes para que sepa que siguen vivos. También su amor por Andrius, un chico al que apenas conoce pero a quien, como muy pronto se dará cuenta, no quiere perder, le infunde esperanzas para seguir adelante. Este es tan solo el inicio de un largo viaje que Lina y su familia tendrán que superar valiéndose de su increíble fuerza y voluntad por mantener su dignidad. ¿Pero es suficiente la esperanza para mantenerlos vivos?


Entre tonos de gris, pese á crudeza da súa temática, é unha novela de lectura lixeira, de fácil dixestión, axudada pola súa división en capítulos breves, que nos relata en primeira persona a estremecedora historia de xente inocente deportada nos gulags de Siberia e que amosa que sempre quedan asomo de amor e de esperanza  incluso nas condicións máis miserables.

Dirixido a: Aqueles/as dispostos a conmoverse cunha testemuña esterrecedora do que supuxeron as purgas stalinistas -neste caso reflexadas de primeira man nos deportados de orixe lituana-, na que as forzas de vivir superan todo o inimaxinables na voz dunha rapaza que debe deixar atrás a inocencia para acadar a dignidade. 

Se te gustou, proba con Sin destino,de Imre Kertesz, La llave de Sarah de Tatiana de Rosnay ou Purga de Sofi Oksanen









A Autora: Ruta Sepetys


 (Michigan, Estados Unidos) é filla dun refuxiado lituano. Antes de fundar a súa propia productora de música en Nashville, onde vive actualmente, viviu en París e Los Angeles. Entre tonos de gris, a súa primeira novela, é unha homenaxe ao seu pai e ás miles de víctimas da rexión báltica que remataron os seus días no Gulag estalinista. A autora fixo un intenso e rigoroso traballo de investigación, que inclúe entrevistas con familiares e historiadores. O resultado é esta magnífica novela que entrou directamente nas listas dos máis vendidos en Estados Unidos pouco despois do seu lanzamento, e que se publicará en máis de vinte países.


Aquí e aquí podedes ler algunhas críticas desta extraordinaria novela para que comprobedes que o entusiasmo que amosamos é un sentimento compartido por outras persoas.

Tamén vos deixamos un booktrailer sobre a novela para que vaiades abrindo boca:


lunes, 18 de marzo de 2013

Reloj de Arena (Hinako Ashiara)




An Uekusa ten 12 anos. A raíz do divorcio dos seus pais, trasladase coa sua nai á vila dos seus abos, na prefectura de Shimane. Ao principio costalle acostumarse aol ambente dunha vila na que todos se coñecen e sente que lle falta intimidade. Sin embargo, pronto coñece aos que serán os seus mellores amigos: Daigo Kitamura e os irmáns Fuji e Shiika Tsukishima e, con eles, pouco a pouco vai encontrando o seu lugar. Pero pronto a sua felicidade verase truncada por un grave incidente.. Ese é o comezo dunha historia que conecta presente, pasado e futuro….

Reloj de arena é un manga realista, con personaxes cotiás con sentimentos e vivencias doadamente identificables que chegan ata o corazón. 
Ao longo dos 10 tomos que ten a serie (bastante curta para o que é habitual) seguiremos a vida de An desde que ten 12 anos ata os 26 e con ela aprenderemos o que significa medrar, madurar, aprender, amar, sufrir, disfrutar a vida e da xente que nos fai felices.

Na nosa biblioteca temos tamén o segundo tomo:



e o terceiro...



Dirixido a: aqueles/as que busquen unha historia romántica, realista, con certo ton agridoce e... estén dispostos/as a deixar caer algunha bágoa.

Se te gustou, proba agora con Emma (Kaoru Mori) e, dentro da Banda Deseñada europea, La prórroga (Jean Pierre Gibrat)

Para saber máis:

Esta é a autora: Hinako Ashihara


Ademais, existe unha película que adapta o manga:



Aquí tes algunhas imaxes da mesma:









A que apetece facerse con el? Pois non o dubides, de ti depende se queres saber como acaba esta fermosa historia de amor.

sábado, 16 de marzo de 2013

Visita a Norma Cómics (Vigo)


/>




Despois dunha paradiña na chocolatería máis famosa de Vigo, "Bonilla a la vista", chegamos ata Norma Cómics, onde Ángeles, a súa propietaria, levounos de viaxe polo mundo da banda deseñada. Cada un de nos, eliximos un título para encher as estanterías da biblioteca do noso instituto.
Agradecemos a Angeles, a quen podedes encontrar en Norma Cómics, o recebemento, a súa atención e os agasallos.

Visita á exposición de cómic





A finais do curso pasado, visitamos a exposición de cómic no CPI Celso Emilio Ferreiro de Vigo. Alí introducíronnos nos distintos tipos e xéneros da chamada novena arte. Ademáis de aprender, divertímonos  pasando as probas que nos tiñan preparadas.
Dende aquí queremos agradecer ao Plan lector e ao Club de lectura do CPI Celso Emilio Ferreiro a súa calurosa acollida, e felicitalos polo seu extraordinario traballo.



jueves, 14 de marzo de 2013

Estamos a ler


"La sonrisa etrusca" de José Luis Sampedro é a lectura proposta para 1º ciclo de ESO. 


Un viejo campesino calabrés llega a casa de sus hijos en Milán para someterse a una revisión médica. Allí descubre su último afecto, una criatura en la que volcar toda su ternura: su nieto, que se llama Bruno, como a él le llaman sus camaradas partisanos. Y vive también su última pasión: el amor de una mujer que iluminará la etapa final de su vida concediéndole toda su plenitud... Una bellisísima novela sobre el eterno problema del amor, con la verdad que ofrece un conocimiento profundo del alma humana


Esta escultura é a que está a ollar no comezo da  novela

Estamos a ler








A lectura que propoñe o Club de lectura para os alumnos de 2º ciclo e Bacharelato é "El palacio de la luna" de Paul Auster. 

Marco Stanley Fogg está a las puertas de la edad adulta cuando los astronautas ponen el pie en la luna. Hijo de padre desconocido, fue educado por el excéntrico tío Victor, que tocaba el clarinete en orquestas de mala muerte. En los albores de la era lunar, muerto su tío, Marco va cayendo progresivamente en la indigencia, la soledad y una suerte de tranquila locura de matices dostoievskianos, hasta que la bella Kitty Wu lo rescata. Marco empieza entonces a trabajar para un viejo pintor paralítico y escribe su biografía, que éste quiere legar a su hijo, al que no llegó a conocer. Tras un largo periplo que lo lleva hasta el Oeste y bajo el influjo de la omnipresente luna, Marco descubrirá los misterios de su origen y la identidad de su progenitor.