sábado, 7 de febrero de 2015

PROCURANDO INFORMACIÓN...

Velaquí estamos; preparando o roteiro da Esmorga e máis a visita ao Pazo-Museo Otero Pedrayo!






Pero que ben nos organizamos!!


lunes, 2 de febrero de 2015

RUMBO A OURENSE

O día 20 de febreiro imos de viaxe á cidade das 
Burgas!


Os nosos obxectivos:


Os que imos:

  • O alumnado do club de lectura de 3º e 1º da ESO
  • Tod@s os alumn@s de 4º da ESO e 2º de Bacharelato
  • @s colaborodares de Normalización Lingüística


Para preparar e organizar as visitas; esperámosvos no recreo do venres día 6 de febreiro na Aula de Informática!!

jueves, 15 de enero de 2015

MARINA (4º ESO)





Velaquí un pequeno adianto desta historia inesquecible de Carlos Ruíz Zafón.

Drai, un xoven estudante de Barcelona coñece a Marina, unha fermosa e misteriosa moza ca que se enfronta a un mundo cheo de segredos e mentiras...


Agardamos os vosos comentarios...

O PRINCIPIÑO (3º ESO)

Traducido a máis de cen linguas e lido por millóns de persoas en todo o mundo, este libro leva provocado moitas reflexións e interpretacións.

Agora tócache a ti...



DRAGAL II

Os de primeiro e segundo da ESO comezamos con Dragal II.



Botádelle un ollo á presentación da triloxía de Elena Gallego






Neste ano, agardamos poder contar ca visita da autora; Elena Gallego.

viernes, 19 de diciembre de 2014

PARA MONTSE ...

Os/as alumn@s de 4º e 3º ESO fixeron un video para desexarlle a Montse, a súa profesora de Lingua Castelá e do Club de Lectura; un Bo Nadal!




Un bico grande de parte de tod@s!!!

martes, 9 de diciembre de 2014

CHOCOLATE CON LIBROS!!


Para finalizar o primeiro pase do noso Club... 
aquí estamos; acompañando as nosas experiencias lectoras cun bo chocolate!!



Vémonos na viendeira lectura!


jueves, 4 de diciembre de 2014

PELÍCULA; SI OU NON?

Despois de finalizar a lectura de "Bajo la Misma Estrella", estivemos debatendo a posibilidade de facer unha sesión de cinema dentro do Club para ver o filme baseado na novela. 

Aquí estamos, tentando poñernos dacordo...




martes, 2 de diciembre de 2014

THE END... para a Lenda do Cid Campeador

Para poñerlle punto e final á lenda do Cid Campeador; hoxe pola mañá estivemos comentando as ilustracións que aparecen no libro e relacionándoas cos acontecementos protagonizados polo noso heroe.





lunes, 1 de diciembre de 2014

FINALIZANDO DRAGAL!

Na reunión de hoxe fixemos unha lectura compartida das últimas páxinas de Dragal. Velaquí nos tedes...




Agora a por Dragal 2. A Metamorfose do Dragón!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

PALMERAS EN LA NIEVE.




É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para principiar, xunto ao seu irmán Jacobo, a viaxe de ida cara unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, agárdao o seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e torra un dos mellores cacaos do mundo.
....
No ano 2003, Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade de quen desexa coñecer as súas orixes, mergúllase no ruinoso pasado que habitaron Kilian e Jacobo e descobre os fíos poeirentos dese segredo que finalmente será desentrañado. 

Así comeza o libro...



En decembro estréase a película baseada na novela, botádelle unha ollada ao trailer.




martes, 11 de noviembre de 2014

A Esmorga dá o salto ao Cinema

A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor convertida en patrimonio universal da literatura galega, chega á gran pantalla o vindeiro venres día 21 da man do director Ignacio Vilar

Aquí tedes o Trailer!



A estrea terá lugar no 
Festival de Cine Internacional de Ourense
OUFF

Preme na imaxe para obter máis información sobre o festival

Falando da Esmorga, non poderiamos deixar de lado o seu Roteiro.

Preme na imaxe para descargar o Roteiro





lunes, 6 de octubre de 2014

3, 2, 1 ... ACCIÓN!

Xa estamos aquí de novo, con moitas gañas de comezar a viaxe un ano máis!

A continuación presentámosvos os nosos compañeiros de aventuras:



PLENILUNIO (BACHARALETO)



A gran novela da madurez creadora de Antonio Muñoz Molina. Unha narración eléctrica, chea de tensión, de rabia e de tenrura.

Nunha cidade de provincias alguén cun rostro soluble nos demais rostros, esconde o enigma dun espantoso crimen. Arredor da busca, varios personaxe soñan durante un intre con dar un novo sentido ás súas vidas. Mentras tanto, na hora máxica de plenilunio, uns ollos espreitan nalgún lugar da cidade.

Botádelle un ollo ao trailer do filme baseado na novela...





BAJO LA MISMA ESTRELLA (4º ESO)

Presentámosvos a novela escollida para 4º da ESO:


Unha novela sobre a vida e a morte... 
Rirás, chorarás e quedaraste con gañas de máis.

E... do libro á película:




Agardamos as vosas opinións dentro do blogue!


LA LEYENDA DEL CID CAMPEADOR (3º ESO)


Así é o Cid Campeador...

Pola España do século XI, cabalga un cabaleiro de xesto serio que esperta admiración en todas partes. 

Chámanlle o Cid Campeador. O Cid é un heroe cargado de virtudes: astuto e mesurado, xeneroso na vitoria, sempre leal aos seus e fiel aos seus ideais.


Dende a adolescencia, leva a cabo un sinfín de fazañas: enfróntase sen temor aos inimigos máis poderos, vence a feros exércitos de miles de soldados, conquista vilas e cidades por decenas, e planta cara ao mismísimo rei para defender o que é inxusto. Desa maneira, deixa de ser un simple cabaleiro e convértese en algo máis: o Cid é un heroe, un mito vivo, unha auténtica lenda.



Atréveste con este libro? 

DRAGAL (1º E 2º ESO)

Unha obra que cautiva aos e ás adolescentes!

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida...



Picando na imaxe poderás acceder ao primeiro capítulo. 

OLGA E O DINOSAURIO (ACI)

Un libro moi divertido! Imos aló!
Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, habías asustarte seguro. 

Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descobrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente.

domingo, 18 de mayo de 2014

Celebración do día das Letras Galegas 2014

O día 16 de maio, o noso instituto celebrou o día das Letras Galegas cun recitado de poemas de Xosé María Díaz Casrtro, o homenaxeado este ano.

Algúns alumnos do Club de Lectura participaron nesta actividade. 


A presentadora do acto foi Laura Gil, alumna de 2º de Bacharelato e membro do Club.


Na foto anterior, catro alumnos do Club de Lectura: Silvia, Lucía, Santiago e Aroa recitan xunto a outros dos seus compañeiros de 3º A un poema de Díaz Castro titulado "Coma un río"

Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos non está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:
que non é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!

E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…


Os alumnos de 3º B recitaron o poema "Coma brasas". Na foto aparece Verónica, membro do Club.

Poeta eu non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.


Eí están, coma brasa contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.


¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa do mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.


Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabaras lles darei para que se entendan…


Marta Marino, alumna de 4º A e membro do Club de Lectura, recita xunto a tres dos seus compañeiros o poema Penélope.

 Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"