O día 16 de maio, o noso instituto celebrou o día das Letras Galegas cun recitado de poemas de Xosé María Díaz Casrtro, o homenaxeado este ano.
Algúns alumnos do Club de Lectura participaron nesta actividade.
A presentadora do acto foi Laura Gil, alumna de 2º de Bacharelato e membro do Club.
Na foto anterior, catro alumnos do Club de Lectura: Silvia, Lucía, Santiago e Aroa recitan xunto a outros dos seus compañeiros de 3º A un poema de Díaz Castro titulado "Coma un río"
Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.
Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos non está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.
E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.
Hai unha cousa clara coma a lus:
que non é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!
E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…
Os alumnos de 3º B recitaron o poema "Coma brasas". Na foto aparece Verónica, membro do Club.
Poeta eu non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.
Eí están, coma brasa contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.
¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa do mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.
Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabaras lles darei para que se entendan…
Marta Marino, alumna de 4º A e membro do Club de Lectura, recita xunto a tres dos seus compañeiros o poema Penélope.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario