A escritora barcelonesa Mercedes Salisachs faleceu onte aos 97 anos de idade. Neste enlace podedes coñecer a biografía e a obra desta prolífica escritora.
Algunhas das súas obras son:
Primera mañana, última mañana (1955) A súa primeira novela.
Con esta primeira novela, Mercedes Salisachs
reflicte non só as dramáticas situacións dun personaxe abocado a un fututo que hoxe xa é presente, senón que tamén nos describe a dor calada e os erros que ás veces poden acentuar o sufrimento ata desintegrar a razón humana.
Una mujer llega al pueblo (1956) Premio Ciudad de Barcelona.
Mercedes Salisachs conta a historia do retorno á súa aldea dunha muller embarazada. Este libro foi censurado e non se publicaría ata o ano seguinte.
La estación de las hojas amarillas (1963)
Cun estilo lixeiro pero afondando nas reaccións humanas, a autora expón, con extraordinaria hablilidade, as esixencias e reaccións da idade outonal, representada por dúas irmás xemelgas cuxas características, aínda que aparentemente diverxentes, son idénticas no fondo.
Adagio confidencial (1973) Obra finalista do Premio Planeta.
O relato desenvolve o encontro casual entre un home e unha muller despois de vinte anos de separación. O diálogo que ambos os dous sosteñen non só os transporta ao pasado, senón que vai descubríndolles pouco a pouco facetas dun presente que tanto un como o outro consideraban distinto.
La gangrena (1975) Obra gañadora do Premio Planeta.
A novela narra a vida de Carlos Hondero dende a súa nenez nos anos de Ditadura ata os anos 70 en que acabou por converterse nun home rico e poderoso, pero tamén é a historia mesma de España. É a novela máis famosa da autora.
É unha novela sobre a traizón e o perdón. Ao final do labirinto da inxustiza só nos queda escoller entre a vinganza ou o perdón. Jenaro é un profesor universitario capaz de amar por enriba dos prexuízos da súa época, e a quen a vida recompensou a súa xenerosidad. Non obstante, non está preparado para encaixar o golpe máis baixo, o que só poden inflixirnos aqueles nos cales máis confiamos: a traizón, que só retrospectivamente nos permite descubrir cales son os nosos aliados incondicionais.
Goodbye, España (2009) Pemio de novela histórica Alfonso X el Sabio.
Esta novela retrata a vida da raíña Victoria Eugenia de Battenberg, esposa de Alfonso XIII.
El caudal de las noches vacías (2013) A súa última novela.
Esta é a novela máis emotiva da autora. Relata unha tráxica historia de amor entre dúas persoas pertencentes a mundos moi diferentes.O pai Guillermo, un mozo culto e de profunda vocación relixiosa, coñecerá a Lidia, unha nai divorciada de 40 anos que ten ao seu cargo un fillo adolescente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario