O alumnado do Club de Lectura feminista realizaron unha actividade consistente no visionado da película "Carta de una desconocida" del director Max Ophuls con Louis Jourdan e Joan Fontaine como protagonistas.
miércoles, 10 de mayo de 2023
CARTA DE UNA DESCONOCIDA
martes, 2 de mayo de 2023
DÍA DO ACOSO ESCOLAR
Hoxe celebramos o Día do acoso escolar. O alumnado do Club de Lectura de novela 2 leu o libro: O que sei do silencio que trata este tema tan importante. Na reunión de hoxe reflexionaron sobre o que supón calar cando presenciamos algún episodio de acoso escolar e a presión que sofren os testigos dese acoso por medo a perder o seu estatus frente ao grupo, por eso entendían o silencio da protagonista. Pero estaban de acordo que non estivo ben o que fixo e que debería ter denunciado os feitos.
martes, 25 de abril de 2023
VISITA AO CENTRO DE DÍA
lunes, 24 de abril de 2023
CONCURSO DE DEBUXO CALENDARIO LITERARIO
O mércores 19 de abril celebramos no noso Centro o Día do Libro coa entrega de premios do concurso de debuxo artístico para elaborar un calendario literario. Todos os gañadores son alumnos e alumnas do Club de Lectura.
martes, 11 de abril de 2023
viernes, 7 de abril de 2023
ESOPÍAS DA IGUALDADE
sábado, 11 de marzo de 2023
LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.
Rodeada da beleza do palacio e o fondo mariño en que vive, e adorada por toda a súa familia, a pequena serea do famoso relato de Andersen sinte unha incontenible fascinación polas historias sobre os seres humanos que lle relata a súa avoa. Cando cumpre os 15 anos, ascende ansiosa á superficie do mar e namórase dun príncipe. Pero, para unirse a el deberá renunciar aos seus seres queridos e perder a súa fermosa voz. A pequena serea acepta gustosa eses sacrificios por amor, pero terá que aprender que o verdadeiro amor non é outra cousa que un acto de entrega e xenerosidade cara ao amado que non sempre atopa correspondencia.
Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...
FERNANDO LALANA. CLUB DE LECTURA NOVELA 1
O xoves 9 de marzo recibimos a visita do escritor zaragozano Fernando Lalana para comentar o libro "Como robé la manzana más grande del mundo" que leu o alumnado do Club de Lectura de Novela 1. O escritor quedou encantado co noso alumnado xa que fixeron moitas preguntas e, ao acabar a charla, firmou exemplares do seu libro.
martes, 21 de febrero de 2023
RECITAL POÉTICO
O xoves 16 de febreiro celebramos un Concurso Recital Poético na aula de música.
jueves, 5 de enero de 2023
miércoles, 4 de enero de 2023
FELICES FESTAS
lunes, 26 de diciembre de 2022
MELLOR CLASE LECTORA 1º TRIMESTRE
martes, 22 de noviembre de 2022
CLUB DE LECTURA DE NOVELA 2
O alumnado do Club de Lectura de novela 2 reúnese para comentar o libro: Cartas a Leonor de Rosa Huertas. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.
domingo, 13 de noviembre de 2022
SAMAÍN 2022
CLUB DE LECTURA MANGA 3
O alumnado do Club de Lectura de Manga 3 reúnese para comentar os primeiros libros do Cómic que están lendo: A Silent Voice.
jueves, 3 de noviembre de 2022
ALUMNADO FPB1
CLUB DE LECTURA FEMINISMO
O alumnado do Club de Lectura de Feminismo reúnese para recoller o libro que imos ler neste trimestre: Carta de una desconocida. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.
















.jpg)






.png)


























