O alumnado de FPB, que pertence ao Club de Lectura, elaborou unhas postais de Nadal para felicitar as festas a todo o noso Instituto que foron expostas na entrada do Centro.
O alumnado empregou follas de calculo en Calc, pintando cela a cela cada unha individualmente, coma se fose pintar pixel a pixel ou tamén chamado coloquialmente "punto de cruz dixital".
As mellores postais recibiron un agasallo.
O primeiro lugar foi para José Carlos de 1FPB.
O segundo lugar Anxo de 1FPB.
Terceiro lugar para Cristofer de 2FPB.
No hay comentarios:
Publicar un comentario