miércoles, 27 de abril de 2016
martes, 26 de abril de 2016
LECTURAS PARA A 3ª AVALIACIÓN
Estamos no final! Nesta avaliación tócanos ler os seguintes libros:
Unha das máis populares aventuras do detective privado Sherlock
Holmes. Nela, Holmes e Watson son chamados a investigar os estraños
crímes aparentemente relacionados cunha antiga maldición que pesa
sobre a familia dos Baskerville. O famoso detective verase
envolto nun laberinto de antigas supersticións e escuras vinganzas,
dentro do escenario ameazador dos páramos de Dartmoor
(Inglaterra).
Vestido de novia, Pierre Lamaitre.
Sophie Duguet non entende que lle sucede: perde obxectos, esquece
situacións, é detida nun supermercado por pequenos roubos que non
lembra ter cometido. E os cadáveres comezan a acumularse ao seu redor...
Non podemos desvelar nada máis deste thriller para así manter intacto o escalofriante pracer da lectura e a aditiva búsqueda da verdade por parte do lector.
O Hobbit, J. R. R. Tolkien
Un grande clásico moderno e o preludio das vastas e poderosas
mitoloxias de O Señor dos Aneis.Smaug parecía profundamente
durmido cando Bilbo espiou unha vez máis desde a entrada. Pero finxía
estar durmido! Estaba vixiando a entrada do túnel!... Sacado do seu
cómodo burato-hobbit por Gandalf e unha banda de ananos,
Bilbo atópase de súpeto no medio dunha conspiración que pretende
apoderarse do tesouro de Smaug o Magnifico, un enorme e moi perigoso
dragón.
Se vos gustou o libro podedes seguir gozando coas súas aventuras na película da que vos mostramos o tráiler.
Se vos gustou o libro podedes seguir gozando coas súas aventuras na película da que vos mostramos o tráiler.
Inés de Castro, María Pilar Queralt del Hierrro.
Para moitos historiadores, Inés de Castro foi unha muller hábil e
intrigante, movida pola ambición e en cuxo entorno urdíronse
intrigas políticas e intereses palaciano. Para poetas e dramaturgos,
unha dama belísima que viviu unha das pasixóns máis arrebatadas da
historia. Por todo iso, a súa figura segue rodeada de misterio
e a súa lenda continúa fascinando a todos. María Pilar Queralt narra con
viveza e axilidade a vida dunha muller que viviu con paixón a amizade, a fortuna e a desventura; a lenda dunha muller que reinou despois
de morta. Para impedir que Inés de Castro subira ao trono, o pai
do infante Pedro ordenou asasinala. Este feito orixinou unha guerra civil
entre pai e fillo. Unha vez que Pedro foi Rei ordenou coroar á súa raíña
despois de morta. A autora retrata a conmovedora historia dun amor
que venceu á morte. Un libro apaixoante desde o principio ao
final. Enlázanse de forma maxistral dúas épocas do pasado que nos
mantenñen en vilo ata o desenlace. O relato enmárcase en pleno Século
de Ouro, con personaxes como Lope de Vega. A obra máis coñecida e famosa
de María Pilar de Queralt.
Sherlock Holmes. O perro de Baskerville, Arthur Conan Doyle.
miércoles, 16 de marzo de 2016
CHOCOLATADA NO ENTROIDO DO PAZO
Que bo estaba o chocolate!!!!!
Este ano,celebramos o entroido cunha gran chocolatada,nela apareceron personaxes de distintas épocas como uns reis do século XIV, minions, a carapuchiña vermella,...
Lecturas da segunda avaliación
O ancián filósofo Pitágoras, un dos personaxes con máis poder da súa época, está a punto de escoller un sucesor entre os grandes mestres cando na súa comunidade se inicia una serie de asasinatos. Tras os crimes se ve unha mente escura e poderosa que parece superar ao mesmo Pitágoras. A enigmática Ariadna e o investigador exipcio Akenon tratarán de descubrir quen é o asasino á vez que resolven os seus propios sentimentos. Un reto no que os fantasmas do pasado únense ás escuras ameazas do presente.
Descubriremos o amor con Palmeras en la nieve de Luz Gabas, en 1º de Bacharelato e En nombre del amor de Nicholas Sparks para 1ª da ESO.
Dous libros que compararemos coas películas, que veremos proximamente.
Mentres lemos o libro, podemos gozar da banda sonora da. película na voz de Pablo Alborán
O alumnado de 2º ESO vai intentar resolver un crime en Roma.
lunes, 14 de marzo de 2016
SEMANA ROSALÍA DE CASTRO
Os alumnos de 4º da ESO celebraron a semana de Rosalía cuns "selfies" cos seus libros favoritos.
Outros escolleron un poema para recitar
Outros escolleron un poema para recitar
lunes, 14 de diciembre de 2015
PASAPALABRA LITERARIO
@s alumn@s que leron; Unha branca de cobre para Martiño, participaron nun entretido Pasapalabra baseado en termos relacionados co descubrimento de América.
Neste vídeo unha pequena mostra:
Dende aquí un forte aplauso!!!!
jueves, 10 de diciembre de 2015
TODOS LOS DETECTIVES SE LLAMAN FLANAGAN
O xoven detective involúcranos nun novo misterio.
O noso amigo ten que descubrir como e por que desapareceu o irmán da súa mellor amiga, Carmen.
Resolverá o caso desta volta?
Intentaremos descubrilo!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















