viernes, 30 de octubre de 2020

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Clásicos de Nadal para representar con nenos. Mara Barral.
Versións teatrais de textos de Andersen, Dickens e Wilde para representar co alumnado do Club de Lectura.

Novela grupo 2A: Avións de papel. Xabier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Novela grupo 2B: Cuando Hitler robó el conejo rosa. Judith Kerr.
A chegada de Hitler ao poder vai cambiar a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandoar o seu país e deixar moitas cousas queridas como o seu coello de veludo. Con el tamén quedou a súa infancia.

Novela grupo 1: A lenda do rei lobo. Xavier Estévez.

Berto é un rapaz normal. Gústalle ler, xogar, andar en bici e ruar pola cidade correndo detrás do seu can Teo. Cando a súa clase vai visitar unha exposición de dinosauros ao Museo de Historia empeza para el unha gran aventura. O roubo dun óso de dinosauro levará a Berto a enfrontarse a grandes perigos, a coñecer novos amigos e a mesturarse nunha historia que comezou na Idade Media. 

Literatura feminista: El encaje roto. Emilia Pardo Bazán.

Aínda que a súa faceta máis coñecida é a de novelista, Emilia Pardo Bazán foi, entre outras cousas, una fecunda autora de contos, dos que publicou arredor de seiscentos cincuenta. Un dos temas con maior presencia na súa obra contista é o da violencia exercida polos homes contra as mujeres, asunto este que tamén aparece nalgunhas das súas novelas e en varios dos seus artigos. Esta antoloxía, editada e prologada por Cristina Patiño Eirín, profesora da Universidad de Santiago de Compostela, reúne trinta e cinco dos contos de Pardo Bazán que xiran en torno a este tema. 

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler das novidades que adquiriu a biblioteca.
Literatura 2º PMAR. La Odisea. Homero.
La Odisea é o relato das aventuras de Odiseo durante a súa viaxe de regreso a Ítaca, despois de conquistar Troya. Odiseo é o modelo de heroe errante que se enfrenta á adversidade e, con forza, astucia e algunha axuda dos deuses, supera as duras probas e situacións que lle separan dos seus seres queridos, a súa fiel esposa Penélope e o seu fillo Telémaco e tamén da súa patria.

Literatura 3º PMAR. Scott y Amundsen. La conquista del Polo Sur.
El británico Robert Scott e o noruego Roald Amundsen tiñan moi poucas cousas en común pero compartían un soño: ambos ambicionaban ser o primeiro home en pisar o polo sur. Con ese propósito, a finais de 1911 os dous aventureiros emprenderon unha temeraria carreira sobre rexións inexploradas da Antartida. Durante catro meses percorreron a pé preto de 3000 kilómetros, ascenderon montañas por perigosos glaciares e tiveron que soportar temperaturas de -50ºC. 

Literatura FPB1. Retrincos. Castelao.
Castelao escribiu Retrincos co coidado e agarimo dun mestre artesán. Contos nados de vivencias que deixaron pegada no autor, o seu carácter autobiográfico fainos máis próximos e verdadeiros. Anacos de vida feitos literatura, contados coa sensibilidade requintada da tradición popular.

Literatura FPB2Relatos. Varios autores.






No hay comentarios:

Publicar un comentario