O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista quiseron contribuir a visualización dalgunhas mulleres científicas galegas preparando unha exposición con información de tres mulleres: Olimpia Valera, a primeira muller médica galega; Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional; Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional.
O alumnado colocando os carteis.
A exposición rematada.
A información foi extraída do libro Pioneiras. Queremos agradecer á escritora Anair Rodríguez este marabilloso libro co que podemos coñecer a algunhas mulleres galegas que abriron camiño para outras en diversos ámbitos considerados masculinos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario