martes, 8 de abril de 2014

Cando Verne amarrou en Vigo

Os alumnos de 1º e 2º de ESO están lendo o libro: Cando Verne amarrou en Vigo de Paco Climent.

O libro ten como protagonista a Pepe Valera, un rapaz que, coa axuda de don Wescenlao e Bruno, pretende protexer os restos dos galeones españois afundidos na ría de Vigo trala batalla de Rande en 1702, do espíritu de rapiña de compañías extanxeiras saqueadoras de tesouros. A novela está ambientada no último tercio do século XIX e nela atopamos personaxes famosos da época como Xulio Verne, que estivo de visita en Vigo nesa época, e Sanjurjo Badía, inventor dunha especie de submarino.
A continuación inxerto unhas imaxes do submarino de Sanjurjo Badía, que se atopa no museo do mar de Vigo.



 Xulio Verne estivo en Vigo en dúas ocasións, en 1878 e en 1884. Neste enlace tedes máis información. Ademais no capítulo XIV do libro de Vinte mil leguas de viaxe submarino, o narrador francés escribe que Nemo extrae a súa fortuna dos galeóns afundidos na batalla de Rande. No seguinte enlace podedes ler ese capítulo. A continuación inserto un fragmento:

"Das caixas e dos barrís escapábanse lingotes de ouro e prata, fervenzas de piastras e de xoias. O fondo estaba semantado deses tesouros. Cargados do precioso botín, os homes regresaban ao Nautilus, depositaban nel a súa carga e volvían emprender aquela inesgotable pesca de ouro e de prata".

Aquí tendes unha foto do monumento a Xulio Verne no Náutico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario