A finais do curso pasado visitamos "Norma Cómics". Ángeles, a propietaria, ensinounos a tenda e ademais tiña unha sorpresa para nos. O autor de banda deseñada Iago Araujo deunos unha charla sobre os distintos tipos de cómics (americano, español, manga xaponés) e ilustrounos sobre cómo facer unha historieta.
Unha vez rematada a visita, dirixímonos a chocolateria "Bonilla" a degustar un delicioso chocolate con churros.
Despois de encher o bandullo, achegámonos a biblioteca central. Alí nos explicaron o funcionamento da mesma e ensináronnos un libro moi antigo, que gardaban con moito coidado.
Tivemos a sorte de que unha coñecida debuxante de banda deseñada, María Vidal, se atopase na biblioteca e puidemos ver os debuxos nos que estaba traballando.
Por último, visitamos unha librería para escoller os libros que máis nos gustaban e aumentar os fondos bibliográficos do noso instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario