Club de Lectura I.E.S. Pazo da Mercé
lunes, 20 de abril de 2026
domingo, 12 de abril de 2026
CHARLA CO ESCRITOR J. R. BARAT
O venres 10 de abril o alumnado do Club de Lectura de 3º de ESO puido coñecer por video conferencia ao escritor J. R. Barat, autor do libro Expediente Bécquer.
lunes, 23 de marzo de 2026
DÍA DA MULLER TRABALLADORA 8M
O alumnado do Club de Lectura do grupo 3 leron o libro Trampa de lume da autora Núria Martí Constans e elaboraron un podcast para o Espazo aberto da radio do noso Centro.
Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en Nova York en 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente é a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres traballadoras.
LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Manga: Este trimestre lerán estas series .
Filosofía grupo 2º de Bacharelato: O erro de Descartes . Antonio Damasio
miércoles, 7 de enero de 2026
lunes, 29 de diciembre de 2025
VISITA AO CENTRO DE DÍA
O alumnado do Club de Lectura de 1º de ESO visitaron o Centro de Día das Neves para compartir cos maiores uns momentos especiais. Os rapaces e rapazas leron poemas, cantaron panxolñas e recibiron moito cariño dos maiores. Tamén foron agasallados cunhas lambetadas.
martes, 9 de diciembre de 2025
LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Grupo 2: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?
Grupo Filosofía: El banquete. Platón.
lunes, 13 de octubre de 2025
CLUB DE LECTURA DE FILOSOFÍA
lunes, 29 de septiembre de 2025
domingo, 15 de junio de 2025
SAÍDA AO CINE
O venres 13 de xuño o alumnado do Club de Lectura asistiu a unha sesión matinal de cine. A película escollida foi: Lilo & Stitch. Aproveitamos para facer un convivio co alumnado do Club de Lectura do Instituto de Salceda.
miércoles, 30 de abril de 2025
LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE
No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:
Grupos 1, 2, 3: A pantasma de Canterville. Óscar Wilde.
Feminismo: O inferno de Marta. Pascual Alapont.
sábado, 19 de abril de 2025
miércoles, 5 de marzo de 2025
LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Grupo 1: Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte.
Grupo 2: Mentira. Care Santos.
martes, 14 de enero de 2025
domingo, 5 de enero de 2025
LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Grupo 1, 3: Mentira. Care Santos.
Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente o seu rendemiento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redoe, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cosa poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira; nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confesallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súa máis íntimas emocións. Vén do cárcere. Escribiuna un recluso e conta unha historia que lle vai conxelar o sangue.
Grupo 2: Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte.
Andrés está farto da escola, dos grans, dos despropósitos da súa nai, da súa irmá, de Jorge o birlanoivas, da vida en xeral e do profe de Historia en particular. Dani e el propuxéronse cambiar o mundo e facen un feitizo que os fará inmunes ás pantasmas dos "pijos", "pelotas" e demais aves carroñeiras, e que os convertirá en heroes. Ben, polo menos iso era o que estaba previsto. Se logo as cousas van mal...
Manga 1/2: Neste trimestre lerán esta serie.








.jpg)















.png)





.jpg)






.jpg)
.jpg)

