lunes, 9 de diciembre de 2019

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Teatro para contistas. Heidi Kühn-Bode.
Como podemos incorporar as obras de teatro nas clases? Heidi Kühn-Bode expón seis obras de teatro de fácil interpretación nas aulas, animando a todos os mestres e mestras a realizar unha actividade diferente e atractiva, que permitirá aos nenos e nenas soñar, á vez que adquiren organización e independencia.

Novela, grupo 2: El misterio de la calle de las Glicinas. Núria Pradas.
Á saída do traballo, Marc acode a súa cita con Elena, a su moza. Unha rapaza de melena negra crúzase no seu camiño. Marc síguea e nunca chega ao seu destino… A policía abre unha investigación para esclarecer a desaparición de Marc, pero o seu irmán e Elena non poden quedarse de brazos cruzados. Coa axuda de Delia acabarán descubrindo unha turbia intriga.

Os nenos da varíola. María Solar.
No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade.

Novela, grupo 1: Capitán araña. Rafael Lema.
Chámome Roi. Nacín no ancoradoiro de Sabadelle, a poucas millas do cabo Vilán. O meu pai, que foi combater a América, contoume tantas historias que me botou no peito a febre da navegación. así vivín ata que un malfadado día, Arripai, o pirata máis sanguinario e terrible dos mares, atacou a nosa costa. Desembarcou en Fisterra, onde saqueou e desfixo o fortín con grande matanza de homes e mulleres. Cómo non ía eu devecer polo mar, por enrolarme nun navío para acadar un aro na orella e atravesar os océanos?

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler dos que temos na nosa biblioteca.
Literatura feminista: Neste trimestre lemos artigos de revistas e periódicos relativos ao tema da igualdade entre homes e mulleres.
Literatura 2º, 3º PMAR. La Odisea de Homero.

La Odisea é o relato das aventuras de Odiseo durante a súa viaxe de regreso a Ítaca, despois de conquistar Troya. Odiseo é o modelo de heroe errante que se enfrenta á adversidade e, con forza, astucia e algunha axuda dos deuses, supera as duras probas e situacións que lle separan dos seus seres queridos, a súa fiel esposa Penélope e o seu fillo Telémaco e tamén da súa patria.

Literatura FPB1,2. Relatos de varios autores.





CLUB DE LECTURA DE CÓMIC

O alumnado do Club de Lectura de Cómic reuníuse hoxe non para falar dos seus mangas favoritos, senón para decorar a Biblioteca. Quedou preciosa.


CLUB DE LECTURA DE TEATRO

O alumnado do Club de Lectura de Teatro desfruta moito coa lectura dramatizada dun texto teatral. 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE NOVELA

Tres rapaces do Club de Lectura de Novela 1 posan co libro que leron neste trimestre.
Aquí posan nunha das reunións onde houbo uns petiscos para amenizar a charla.
O alumnado do Club de Lectura de Novela 2 tamén tiveron a súa particular festa mestres comentaban un dos dous libros que leron neste trimestre.



miércoles, 16 de octubre de 2019

HORARIOS E AULAS DAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA

O alumnado do Club de Lectura reúnese por primeira vez neste curso na segunda semana do mes de outubro. As reunións serán unha vez cada 15 días nos horarios e as aulas que se detallan a continuación:

Teatro: Xoves. Aula 2º B.

Manga: Martes. Biblioteca.

Novela grupo 1: Martes. Aula de PT.

Novela grupo 2: Venres. Aula FPB1.

Literatura feminista: Luns. Departamento de Castelán.

COMEZA O CLUB DE LECTURA 2019-20

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club reuníuse para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cos grupos de PMAR e FPB despois do éxito do curso anterior.


sábado, 22 de junio de 2019

ATA SEMPRE

A profesora Isabel Cuntin, colaboradora na Biblioteca e no Club de Lectura, deixa o noso Centro.
Algunhas alumnas do Club de Lectura de Teatro, do que ela era a responsable, agasalláronna cun fermoso ramo de frores.
Desexamoslle moita sorte no seu novo Instituto e esperamos que  non nos esqueza.

miércoles, 19 de junio de 2019

RAPEANDO NO CLUB DE LECTURA DE TEATRO

Un alumno do Club de Lectura de Teatro atrévese a rapear. No seguinte vídeo podédelo escoitar.

FESTA DE FIN DE CURSO NO CLUB DE LECTURA

Hoxe celebramos na Biblioteca unha festa de despedida do Club de Lectura con comida e bebida. Todo o alumnado pasou un momento moi divertido. Estas reunións son importantes porque serven para que os rapaces e rapazas amantes da lectura de diferentes cursos socialicen.   

domingo, 16 de junio de 2019

FESTA DE FIN DE CURSO PARA 3º PMAR

O alumnado do Club de Lectura de 3º de PMAR foi agasallado cunha festa polo seu traballo na Biblioteca neste ano. Foi o curso que máis axudou nas actividades levadas a cabo pola Biblioteca coa confección de carteis, preparación de exposicións e gravación de vídeos, entre outros. 
Nas seguintes fotos podedes ver ao alumnado celebrando a festa na cafetería coa súa titora e a coordinadora da Biblioteca.
 Rematamos a festa cun baile na Biblioteca.