Publico as datas das reunións do primeiro trimestre.
Os días que quedan libres, serán ocupados se hai que cambiar algunha das reunións debido a algún imprevisto.
Publico as datas das reunións do primeiro trimestre.
Os días que quedan libres, serán ocupados se hai que cambiar algunha das reunións debido a algún imprevisto.
O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club comunicáronse coa coordinadora para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, novela de ciencia ficción, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cun grupo de PMAR e os dous de FPB despois do éxito dos cursos anteriores.
No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:
Novela grupo 2B: El sueño de Berlín. Ana Isabel Conejo y Javier Pelegrín.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento, a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.Cómic Manga: Assassination Classroom. Yusei Matsui.
O xoves 20 de maio entregamos os premios do Concurso de Carteis convocado pola Biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Unha das gañadoras foi Ariadna, do Club de Lectura de Manga.
O venres 23 de abril o alumnado do Club de Lectura celebrou o Día do Libro cunha saída á feira do Libro organizada polo concello das Neves.
Hoxe é o Día Mundial do Teatro e queremos celebralo dunha maneira moi especial.
Un alumno e unha alumna do Club de Lectura de Teatro escenifican unha escena do libro "Atranco no banco" de Manuel Núñez Singala. Son uns actores estupendos.
O alumnado do Club de Lectura saíu do instituto para facer unha ruta de sendeirismo o xoves pola mañá. Pasáronno fenomenal e esperan repetir a experiencia antes de que finalice o curso.