sábado, 20 de mayo de 2017

LECTURAS DO 3º TRIMESTRE


Neste 3º trimestre lemos os seguintes libros:

Novela negra: Os fillos do mar. 


Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar


Novela romántica: Tengo un secreto. El diario de Meri. 





Tengo un secreto: el diario de Meri es la novela basada en el blog personal que escribe la intrigante Incomprendida en la película El Club de los Incomprendidos. Basada en el besteller de Blue Jeans ¡Buenos días, princesa!, la cinta, que se estrenará el próximo 25 de diciembre, está producida por Bambú y Atresmedia y ya ha despertado una gran expectación en las redes sociales.
En la nueva novela, que arrasará entre todos sus fans, veremos cómo y por qué empezó todo, seremos cómplices de las dudas, miedos e inseguridades de todos los Incomprendidos y, por fin, sabremos cómo siguen sus vidas después del sorprendente final de ¿Puedo soñar contigo? Una lectura imprescindible para comprender todo el universo de El Club de los Incomprendidos.







Novela romántica: Vento ferido.




O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega. 

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.




Teatro:  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.







Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega.

Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.














Cómic: A Guerra de Troya





Basado no ciclo épico de Homero e noutras antigas fontes, este relato completa os feitos narrado en "A Iliada" e "A Odisea". Zeus, a través de Temis, a deusa da xustiza, teceu un plan para lanzar á humanidade a unha sanguenta guerra purificadora, da que xurdirá renacida. A Guerra de Troia supón un fascinante estudo das raíces auténticas dun dos máis célebres conflictos da humanidade.









Poesía: Herido diario y Terminamos y otros poemas sin terminar.





Herido diario é unha vida enteira exprimida e colada nun ano coas súas catro estacións: A caída do outono e o seu golpe, a hipotermia do inverno e o seu abrigo, o desxeo, a ilusión e a alerxia da primavera e o verán e o seu desapego. Cualquier parecido con la coincidencia es mera realidad.




Recopilación de novos poemas, textos en prosa e pensamientos do autor

Un sabio dixo unha vez: «Poucas cousas hipnotizan tanto neste mundo como una chama e como a lúa, será porque non podemos collelas ou porque nos iluminan na penumbra». Realmente non sei se alguien dixo esta cita ou acabo de ma inventar pero deberían de tela escrito porque o poder hipnótico que exercen esa muller de vermello e esa dama branca sobre o ser humano é digna de estudo. Todo final implica un principio e viceversa, como o ciclo da noite e o día, como as fases da lúa desde a nova ata a chea pasando pola seca. Nós só somos bolsas de auga con corazóns, cerebros, pernas e entelequias polo que é normal que a lúa nos afecte como afecta ás mareas. As relacións teñen complexo de lúa; saen, se póñense, vacíanse e ocúltanse pero non por iso deixan de intentalo. Hai libros que cambian a vida, outros que axudan a entendela?Espero que este sea dos segundos.




 Perfopoesía y A segunda lingua de Yolanda Castaño








Asegura que os titulares teñen un gusto a conversa de ascensor, sinala barcos depositados sobre o tendal do horizonte. Ao meter segunda acompasa o motor ao rexistro e cóntache que cada vez con máis frecuencia debe manter conversas en idiomas estranxeiros.





ACTUACIÓN DE O LEO

O 19 de maio desfrutamos da actuación de "O Leo" autor do libro de poemas "Hai cu" que limos no noso Club de Lectura. Os alumnos de poesía do Club fixeron unha foto de recordo co autor.


EXCURSIÓN PONTEVEDRA

O venres 30 de marzo, os alumnos do Club de Lectura visitaron a cidade de Pontevedra e participaron en diversas actividades:

Visita a Biblioteca de Pontevedra,

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil,

Visita ao Museo de Pontevedra.

Roteiro de Castelao.

Neste vídeo podedes desfrutar dunha montaxe coas fotos da excursión.

sábado, 22 de abril de 2017

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O xoves 20 de abril recibimos a visita de Ledicia Costas.



Como vemos nesta foto, os alumnos esperando ansiosos a chegada de Ledicia Costas.












Os alumnos estiveron moi atentos e participaron activamente. Foi todo un éxito.









PREPARACIÓN DA VISITA DE LEDICIA COSTAS

Preparándonos para recibir a Ledicia Costas







miércoles, 19 de abril de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Os alumnos do Club de 1º de ESO participaron no día de Rosalía de Castro cunha lectura de poemas.








domingo, 26 de marzo de 2017

XUNTANZA ALUMNOS DE POESÍA

O grupo de poesía de 3º de ESO publica os seus poemas favoritos dos libros do segundo trimestre.

Fashion & Cool & Sexy. Carlos negro.

Revistas,
portadas, 
perfumes,
luxo e estilo
a todas horas, 
en todas partes:
unha relixión
de brillo nos labios
e medidas perfectas.
Pero eu,
bichiño raro,
ovella negra,
aprendo a facerme
descrida
escéptica
e case atea.

Educación infantil. O Leo

Tiñas dúas caras
Mira que eras falso,
Gusiluz



Opinión dos alumnos sobre os libros:

A Sergio gustoulle o libro de penúltimas tendencias de Carlos Negro pero custoulle ler algunhas poesías.

A Gisela gustoulle o libro de Hai Cu de O Leo porque ten moita retranca e a utiliza ben. 

martes, 28 de febrero de 2017

UNHA ROSA, UN LIBRO

Adiantándonos ao dia de Sant Jordi, un dos alumnos do grupo de teatro, Alfonso Soto Iglesias, faille un precioso agasallo a Isabel, a nosa profesora de lingua galega e guía do grupo de teatro e narrativa.
Ole!!!!!

ROTEIRO LITERARIO EN CELANOVA

ANIVERSARIO NO CLUB

Os rapaces de 1º ESO celebraron o cumpleanos dun dos seus membros.
Moitas Felicidades!!!!!!😆








XUNTANZA DO GRUPO DE CÓMIC

O alumnado do grupo de cómic, con gran sentido do humor, posa xunto cos seus libros.







Ademáis de posar, comentamos e lemos situacións que nos máis nos gustan.




jueves, 9 de febrero de 2017

IDEAS PARA SAN VALENTÍN



                                    Con esto e un bo libro, xa temos plan.😍

lunes, 6 de febrero de 2017

LECTURAS DO 2º TRIMESTRE

Neste 2º trimestre leremos os seguintes libros:

Novela negra: La verdad sobre el caso Harry Quebert.




La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, é unha novela de suspense a tres tempos -1975, 1998 y 2008- acerca do asasinato dunha moza de quince anos na pequena cidade de Aurora, en New Hampshire. Quén matou a Nola Kellergan é a grande incógnita a desvelar nesta incomparable historia policiaca da narrativa estranxeira.

Novela romántica: Quantic love.



É unha historia de amor que ten lugar entre Laila, unha moza sevillana que vén de rematar o instituto e vai ao CERN a traballar como camareira durante o verán, e Brian, un xoven científico que está desenvolvendo unhas misteriosas investigacións. Polo medio un montón de anécdotas incribles sobre os físicos e matemáticos máis relevantes dos últimos séculos e datos sorprendentes acerca da estrutura íntima da materia.


Novela romántica: Pepita Jiménez.



A obra cumbre de Juan Varela e unha das máis importantes da literatura española.
Luis de Vargas é un seminarista novo que regresa á súa casa para pasar as últimas vacacións antes da ordenación. Alí atopará a Pepita Jiménez, una moza viúva de gran beleza prometida do seu pai. Pronto o seminarista comprenderá que a súa paixón pola moza é máis forte que a súa vocación sacerdotal.



Cómic: Tres sombras.




Volve Ciryl Pedrosa cunha historia fantástica e tenra, unha fábula ambientada na época perdida na imaxinación do home cuns personaxes que buscan o seu destino e foxen da ameana que representanas tres sombras. Unha historia motivada pola desgraciada pérdida do fillo dun grande amigo.


Teatro:  o achado do castro.


Os alumnos de 1º e 2º da ESO continúan coa lectura desta obra de teatro.

Poesía: Penúltimas tendencias de Carlos Negro e Hai cu de O Leo .






jueves, 2 de febrero de 2017

REBECA

O alumnado de novela romántica de 2º de Bacharelato reuníuse para comentar o libro Rebeca de Dafne Du Maurier, lido no primeiro trimestre.


O libro tivo un grandísimo éxito. Algúns alumos buscaron a película de Alfred Hitchcock para vela. 

lunes, 23 de enero de 2017

XUNTANZA DO GRUPO DE POESÍA

O alumnado de poesía de 3º de ESO reuníuse para comentar os seus poemas favoritos.





Anceio de Manuel María
Quixera poder escribir un poema sinxelo,
emocionado, puro e branco.

Un poema perfecto, ausente de ritmo,
case sen palabras.

Un poema leve e fino que conteña todas
as dimensiós imprecisas do meu ser.

¡Se puidera escribir un gran poema
-espírito, carne, lume- que pechara
as miñas tristezas, as propias bágoas!

Sei que nunca endexamais lograrei
un poema puro, puro, total e misterioso.

¡Se fora capaz de despir o meu espírito
nun máxico poema
feito só de amor, de luz e de nostalxia!

Advento (1954)


Limón de Miguel Hernández


    Oh limón amarillo,

patria de mi calentura.
Si te suelto
en el aire,
oh limón
amarillo,
me darás
un relámpago
en resumen.

Si te subo
a la punta
de mi índice,
oh limón
amarillo,
me darás
un chinito
coletudo,
y hasta toda
la China,
aunque desde
los ángeles
contemplada.

Si te hundo
mis dientes,
oh agrio
mi amigo,
me darás
un minuto
de mar.


jueves, 19 de enero de 2017

XUNTANZA CO ALUMNADO DO CLUB

Antes de finalizar o trimestre os membros do club reunímonos ó redor dos libros cunha pequena merenda.







miércoles, 4 de enero de 2017

CHOCOLATADA NAVIDEÑA

Este ano celebramos o Nadal cunha chocolatada. Os alumnos do club estiveron encantados porque ademais do chocolate tamén botaron algunhas partidas de varios xogos de mesa.