Novela romántica: Guedellas de seda e liño. María Victoria Moreno.
Unha novela chea de contrastes, na que a nobre delicadeza do amabiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ao axexo dalgúns personaxes que por alí rolda. Escrita coa pulcritude estilística e o rigor construtivo que caracterizan a literatura da autora de Anagnórise, esta novela prescinde das convencións máis rituneiras da narrativa xuvenil e convídanos a compartir un mundo complexo, unhas veces radiante e outras veces noxento, que ten no amor a súa última e verdadeira xustificación.
Anagnórise. María Victoria Moreno.
O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.
Continuamos coa lectura desta obra de teatro de Gloria Fuertes.
Poesía: Elexías da luz. María Victoria Moreno.
María Victoria Moreno (1941-2005) foi unha escritora de amplísima cultura literaria. A súa relación coa poesía era moi fonda. Xa en 1973 elaborou a antoloxía Os novísimos da poesía galega. Sentíase fascinada pola poesía e era quen de transmitir esa paixón recitando poemas de corrido. E aínda que escribiu poesía no ámbito da literatura infantil é moito menos coñecido que a súa vocación lírica a levase a legarnos este libro, escrito nos últimos anos: Elexías de luz, que agora publicamos postumamente, revisado por Xavier Senín. A última parte («Dous folios que foron brancos») é o poemario en que María Victoria estaba a traballar antes da súa morte e por iso se quixo conservalo tal e como ela o deixou. Elexías de luz é unha faceta máis da rica personalidade desta galega que permanecerá para sempre no noso recordo, unha muller que se namorou da lingua e a cultura galegas, coas que mantivo unha fermosa historia de amor, como ela mesma o definiu.
Seraogna. Alfonso Pexegueiro.
Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948), que se consolida hoxe como un dos escritores máis interesantes da nosa literatura, senón que constitúe a primeira achega substancial e decidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado no dominio da estética socialrealista máis estereotipada.A través dun realismo visionario, a súa lírica imaxinativa e transformadora desenvolve unha liña radicalmente persoal e de vangarda, que revela a intrahistoria que padecen as clases sociais e nacións dependentes

Cómic: Neste trimestre cada alumno escollerá un libro de banda deseñada galega.
O picoto do pai. O garaxe hermético
O picoto do pai. O garaxe hermético
No hay comentarios:
Publicar un comentario